Stop using old `lynx`; use `links`, and use UTF-8 codepage for output (for Russian, Chinese, etc. to still work right). Regenerate all TXT versions of docs available in HTML.
1052 lines
44 KiB
Text
1052 lines
44 KiB
Text
Tux Paint
|
|
versión 0.9.14
|
|
|
|
Un sinxelo programa de debuxo para nenos
|
|
|
|
Copyright 2004 by Bill Kendrick
|
|
New Breed Software
|
|
|
|
bill@newbreedsoftware.com
|
|
http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/
|
|
|
|
14 de Xuño de 2002 - 24 de Outubro de 2004
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Acerca de
|
|
|
|
Que é "Tux Paint"?
|
|
|
|
Tux Paint é un programa de debuxo libre deseñado para os nenos
|
|
pequenos (rapaces de 3 e máis). Ten unha interface sinxela e fácil de
|
|
usar, efectos de son divertidos, e unha mascota animada que guia e
|
|
axuda ós nenos a usar o programa. Proporciona un lenzo en branco e
|
|
unha chea de ferramentas de debuxo que lle axudan ós nenos a ser
|
|
creativos.
|
|
|
|
Licenza:
|
|
|
|
Tux Paint é un proxecto de Código Aberto, Software Libre que se libera
|
|
baixo a GNU General Public License (GPL). é libre, e o "código fonte"
|
|
do programa está dispoñible. (Isto permítelle a outras persoas engadir
|
|
funcionalidades, arranxar erros, e usar partes do programa no seu
|
|
propio software GPL).
|
|
|
|
Mire o ficheiro COPYING.txt para obter o texto completo da licenza
|
|
GPL.
|
|
|
|
Obxectivos:
|
|
|
|
Sinxelo e Divertido
|
|
Tux Paint está pensado para ser un programa de debuxo sinxelo
|
|
para nenos pequenos. Non está pensado para ser unha ferramenta
|
|
de debuxo de propósito xeral. Está pensado para ser divertido
|
|
e fácil de usar. Os efectos de son e un personaxe animado
|
|
axudan ó usuario a enterarse de que está ocorrendo, e a
|
|
mantelo entretido. Tamén hai punteiros grandes para o rato.
|
|
|
|
Extensibilidade
|
|
Tux Paint é extensible. Os pinceis e as estampas poden poñerse
|
|
(droppped in) e sacarse (pulled out). Por exemplo, un profesor
|
|
pode poñer unha colección de formas de animais e dicirlle ós
|
|
seus estudiantes que debuxen un ecosistema. Cada forma pode
|
|
ter un son que se reproduce, e mensaxes de texto que se amosan
|
|
cando os nenos seleccionan a forma.
|
|
|
|
Portabilidade
|
|
Tux Paint portouse a varias plataformas de ordenador: Windows,
|
|
Macintosh, Linux, etc. A interface é a mesma en todas elas.
|
|
Tux Paint execútase ben en sistemas vellos (coma os Pentium
|
|
133), e pode compilarse para que se execute mellor en sistemas
|
|
lentos.
|
|
|
|
Simplicidade
|
|
Non hai acceso directo a elementos internos do ordenador. A
|
|
imaxe actual gárdase cando se sae do programa, e volve
|
|
aparecer cando se volve executar. Para gardar imaxes non
|
|
cómpre crear nomes de ficheiro ou usar o teclado. As imaxes
|
|
ábrense seleccionándoas dunha colección de miniaturas das
|
|
imaxes. O acceso a outros ficheiros do ordenador está
|
|
limitado.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Usando Tux Paint
|
|
|
|
Executar Tux Paint
|
|
|
|
Usuarios de Linux/Unix
|
|
|
|
Tux Paint debería ter posto unha icona de lanzamento nos menús de
|
|
KDE e/ou GNOME, en 'Gráficos.'
|
|
|
|
Tamén se pode executar o seguinte comando nunha liña de comandos
|
|
(p.ex., "$"):
|
|
|
|
$ tuxpaint
|
|
|
|
Se ocorre algún erro, amosarase na terminal (para "stderr").
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Usuarios de Windows
|
|
|
|
[Icona]
|
|
Tux Paint
|
|
|
|
Se instalou Tux Paint no seu ordenador usando 'Instalador de Tux
|
|
Paint', este preguntaríalle se desexaba unha entrada no menú
|
|
'Inicio', e/ou un acceso directo no escritorio. Se aceptou, soamente
|
|
ten que executar Tux Paint dende a sección 'Tux Paint' do menú
|
|
'Inicio' (p.ex., en "Tódolos programas" en Windows XP), ou facendo
|
|
dobre clic na icona de "Tux Paint" no escritorio.
|
|
|
|
Se instalou Tux Paint usando a descarga do 'ficheiro ZIP', ou se
|
|
usou o 'Instalador de Tux Paint', pero escolleu non poñer accesos
|
|
directos, necesitará facer dobre clic na icona de "tuxpaint.exe"
|
|
dentro do cartafol de 'Tux Paint'.
|
|
|
|
Por defecto, o 'Instalador de Tux Paint' porá o cartafol de Tux
|
|
Paint en "C:\Archivos de programa\", ainda que vostede puido ter
|
|
trocado isto cando executou o instalador.
|
|
|
|
Se usou a descarga do 'ficheiro ZIP', o cartafol de Tux Paint estará
|
|
onde o puxo cando descomprimiu o ficheiro ZIP.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Usuarios de Mac OS X
|
|
|
|
Faga dobre clic na icona de "Tux Paint".
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Pantalla de Título
|
|
|
|
Cando Tux Paint carga por primeira vez, aparecerá unha pantalla de
|
|
título/créditos.
|
|
|
|
[Captura da Pantalla de Título]
|
|
|
|
Unha vez que se completou a carga, prema unha tecla ou clique co rato
|
|
para continuar. (Ou, despois de aproximadamente 30 segundos, a
|
|
pantalla de título desaparecerá automáticamente).
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Pantalla Principal
|
|
|
|
A pantalla principal está dividida nas seguintes seccións:
|
|
|
|
Lado Esquerdo: Barra de Ferramentas
|
|
|
|
A barra de ferramentas contén os controis de debuxo e edición.
|
|
|
|
[Ferramentas: Pintar, Estampa, Liñas, Formas, Texto, Máxicos, Desfacer, Refacer,
|
|
Borrador, Novo, Abrir, Gardar, Imprimir, Saír]
|
|
|
|
Centro: Lenzo de Debuxo
|
|
|
|
A parte máis grande da pantalla, no centro, é o lenzo de
|
|
debuxo. Aquí é, obviamente, onde se debuxa!
|
|
|
|
[(Lenzo)]
|
|
|
|
Lado Dereito: Selector
|
|
|
|
Dependendo da ferramenta actual, o selector amosa cousas
|
|
diferentes. Por exemplo, cando está seleccionada a ferramenta
|
|
Pincel, amosa tódolos pinceis dispoñibles. Cando está
|
|
seleccionada a ferramenta Estampa, amosa as diferentes formas
|
|
que se poden usar.
|
|
|
|
[Selectores - Pinceis, Letras, Formas, Estampas]
|
|
|
|
Máis abaixo: Cores
|
|
|
|
Hai unha paleta cas cores dispoñibles preto do fondo da
|
|
pantalla.
|
|
|
|
[Cores: Negro, Branco, Vermello, Rosa, Laranxa, Amarelo, Verde, Azul Celeste,
|
|
Azul, Púrpura, Marrón, Gris]
|
|
|
|
Inferior: área de Axuda
|
|
|
|
Na parte inferior da pantalla, Tux, o Pingüin de Linux, da
|
|
consellos e outra información mentres se debuxa.
|
|
|
|
(Por exemplo: 'Escolle unha figura. Clica para marcar o centro, arrastra e solta
|
|
cando teña o tamaño que queiras. Move arredor para virala, e clica para
|
|
debuxala.)
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Ferramentas Dispoñibles
|
|
|
|
Ferramentas de Debuxo
|
|
|
|
Pintar (Pincel)
|
|
|
|
A ferramenta Pincel permite debuxar a man alzada, usando
|
|
diferentes pinceis (pódense elixir no Selector da dereita) e
|
|
cores (pódense elixir na paleta de cores do fondo).
|
|
|
|
Se mantén premido o botón do rato, e move o rato, debuxará
|
|
mentres o move.
|
|
|
|
Mentres debuxa, reprodúcese un son. Canto máis grande sexa o
|
|
pincel, máis grave será o ton.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Estampa (Estampas de Goma)
|
|
|
|
A ferramenta Estampa é coma un estampa de goma, ou unha
|
|
pegatina. Permite pegar imaxes fotográficas ou predeseñadas
|
|
(coma un debuxo dun cabalo, dunha árbore ou da lúa) no
|
|
debuxo.
|
|
|
|
Mentres move o rato, unha liña seguirá ó rato, sinalando
|
|
onde se porá a estampa.
|
|
|
|
As estampas poden ter diferentes efectos de son. Algunhas
|
|
estampas poden colorearse ou tinguirse.
|
|
|
|
As Estampas poden reducirse e expandirse, e moitas das
|
|
estampas poden inverterse verticalmente, ou amosarse coma
|
|
unha imaxe espellada, usando os controis da dereita no fondo
|
|
da pantalla.
|
|
|
|
(NOTA: Se está establecida a opción "nostampcontrols", Tux
|
|
Paint non amosará os controis Espellar, Inverter, Reducir e
|
|
Aumentar para as estampas. Mire a documentación "Options").
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Liñas
|
|
|
|
Esta ferramenta permite debuxar liñas rectas usando os
|
|
diferentes pinceis e cores que se usan normalmente co
|
|
Pincel.
|
|
|
|
Clique e manteña o botón premido para elixir o punto de
|
|
comezo da liña. Mentres move o rato, amosarase unha liña
|
|
onde se vai debuxar a liña.
|
|
|
|
Solte o botón para completar a liña. Reproducirase un son.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Formas
|
|
|
|
Esta ferramenta permite debuxar algunhas formas recheas ou
|
|
non.
|
|
|
|
Seleccione unha forma do selector da dereita (circulo,
|
|
cadrado, óvalo, etc.).
|
|
|
|
No lenxo, clique e manteña o botón premido para estirar a
|
|
forma dende onde clicou. Nalgunhas formas pode cambiarse a
|
|
proporción (p.ex., o rectángulo e o óvalo), e outras non
|
|
(p.ex., o cadrado e o circulo).
|
|
|
|
Solte o botón cando remate de estirar.
|
|
|
|
Modo Normal
|
|
|
|
Agora pode mover o rato polo lenzo para vira-la
|
|
forma.
|
|
|
|
Clique outra vez e debuxarase a forma ca cor
|
|
actual.
|
|
|
|
Modo Formas Simples
|
|
Se están activadas as formas simples (p.ex., ca
|
|
opción "--simpleshapes"), a forma debuxarase no
|
|
lenzo cando solte o botón. (Non hai o paso no
|
|
que se pode virar.)
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Texto
|
|
|
|
Escolla unha fonte (das 'Letras' dispoñibles na dereita) e
|
|
unha cor (da paleta de cores do fondo). Clique na pantalla e
|
|
aparecerá un cursor. Escriba o texto e aparecerá na
|
|
pantalla.
|
|
|
|
Prema [Intro] ou [Retorno] e debuxarase o texto no debuxo e
|
|
o cursor moverase unha liña para abaixo.
|
|
|
|
Clique na parte do debuxo que queira e a liña de texto que
|
|
está escribindo moverase ali, onde pode continuar editándoa.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Maxia (Efectos Especiais)
|
|
|
|
A ferramenta 'Maxia' é actualmente un conxunto de
|
|
ferramentas especiais. Seleccione un dos efectos máxicos do
|
|
seleccionador da dereita e despois clique no debuxo e
|
|
arrastre para aplicar o efecto.
|
|
|
|
Arco iris
|
|
Esta é semellante ó pincel, pero mentres move o
|
|
rato, debuxa tódalas cores do arco da vella.
|
|
|
|
Escintileos
|
|
Debuxa escintileos amarelos brillantes no
|
|
debuxo.
|
|
|
|
Espellar
|
|
Cando se clica no debuxo co efecto máxico
|
|
"Espellar" seleccionado, invertirase
|
|
horizontalmente toda a imaxe (o da esquerda
|
|
queda na dereita e o da dereita pasa á
|
|
esquerda), converténdoa nunha imaxe espellada.
|
|
|
|
Inverter
|
|
Similar a "Espellar." Se se clica, invertirase
|
|
verticalmente toda a imaxe (o de arriba para
|
|
abaixo e o de abaixo para arriba).
|
|
|
|
Desenfocar
|
|
Isto fai que o debuxo se desdebuxe nas zonas
|
|
polas que arrastre o rato.
|
|
|
|
Cuadrícula
|
|
Isto fai que o debuxo se cuadricule
|
|
("pixelice") onde queira que arrastre o rato.
|
|
|
|
Negativo
|
|
Isto invirte as cores nas partes do debuxo nas
|
|
que arrastre o rato. (p.ex., o branco
|
|
convírtese en negro, e viceversa.)
|
|
|
|
Esvaecer
|
|
Isto esvaece as cores nas zonas polas que
|
|
arrastre o rato. (Se o fai no mesmo sitio
|
|
moitas veces, e ó final quedará en branco.)
|
|
|
|
Xiz
|
|
Isto fai que partes do debuxo (onde mova o
|
|
rato) parezan debuxadas con xiz.
|
|
|
|
Pingar
|
|
Isto fai que as cores "pinguen" nas zonas do
|
|
debuxo onde mova o rato.
|
|
|
|
Engrosar
|
|
Isto fai que as cores máis escuras do debuxo se
|
|
fagan máis grosas nas partes nas que arrastre o
|
|
rato.
|
|
|
|
Afinar
|
|
Similar a "Engrosar", excepto que as cores
|
|
escuras se volven máis finas (as cores máis
|
|
claras fanse máis grosas).
|
|
|
|
Encher
|
|
Isto enche o debuxo cunha cor. Permite encher
|
|
rapidamente partes do debuxo, coma se fora un
|
|
libro de debuxos (coloring book).
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Goma
|
|
|
|
Esta ferramenta é semellante ó Pincel. Onde queira que
|
|
clique (clique ou arrastre), borrarase o debuxo e quedará en
|
|
branco, ou ca cor de fondo do debuxo, se comezou o debuxo
|
|
actual cunha imaxe "Inicial".
|
|
|
|
Hai dispoñibles varios tamaños de goma.
|
|
|
|
Mentres move o rato, un cadrado segue ó punteiro, sinalando
|
|
que parte do debuxo se borrará e quedará en branco.
|
|
|
|
Mentres borra, reproducirase un son de limpado.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Outros Controis
|
|
|
|
Desfacer
|
|
|
|
Se clica nesta ferramenta desfarase a última acción de
|
|
debuxo que fixo. Pode desfacer máis dunha vez!
|
|
|
|
Nota: Tamén se pode premer [Control]-[Z] no teclado para
|
|
desfacer.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Refacer
|
|
|
|
Se clica nesta ferramenta refarase a acción de debuxo que
|
|
acaba de "desfacer" ca ferramenta 'Desfacer'.
|
|
|
|
Mentres non volva debuxar outra vez, pode refacer tantas
|
|
veces coma "desfixo"!
|
|
|
|
Nota: Tamén se pode premer [Control]-[R] no teclado para
|
|
refacer.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Novo
|
|
|
|
Se se clica no botón "Novo" comezarase un novo debuxo.
|
|
Primeiro preguntaráselle se desexa facer isto.
|
|
|
|
Nota: Tamén pode premer [Control]-[N] no teclado para
|
|
comezar un novo debuxo.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Abrir
|
|
|
|
Isto amosará unha lista de tódalos debuxos que gardou. Se
|
|
hai máis debuxos dos que collen na pantalla, pode usar as
|
|
frechas "Arriba" e "Abaixo" que están na cima e no fondo da
|
|
lista para desprazarse pola lista de debuxos.
|
|
|
|
Clique nun debuxo para seleccionalo, e despois...
|
|
|
|
* Clique no botón verde "Abrir" na parte inferior
|
|
esquerda da lista para cargar o debuxo seleccionado.
|
|
|
|
(Tamén pode facer dobre clic na icona dun debuxo para
|
|
cargalo.)
|
|
|
|
* Clique no botón marrón "Borrar" (cubo do lixo) na
|
|
parte inferior dereita da lista para borrar o debuxo
|
|
seleccionado. (Pediráselle que confirme o borrado).
|
|
|
|
* Ou clique no botón vermello con frecha "Atrás" na
|
|
parte inferior dereita da lista para cancelar e
|
|
voltar ó debuxo que estaba debuxando.
|
|
|
|
Imaxes 'Iniciais'
|
|
|
|
Xunto cos debuxos que creou vostede, Tux Paint
|
|
proporciónalle as imaxes 'Iniciais'. Abrilas é coma crear
|
|
un novo debuxo, excepto porque o debuxo non está en
|
|
branco. As imaxes 'Iniciais' poden ser coma unha páxina
|
|
dun caderno de debuxo (coloring book) (cun bosquexo do
|
|
debuxo en branco e negro, que despois se pode colorear),
|
|
ou coma unha fotografía 3D, na se poden debuxar os bits.
|
|
|
|
As imaxes 'Iniciais' teñen un fondo verde na pantalla
|
|
'Abrir'. (As imaxes normais teñen un fondo azul). Cando
|
|
carga unha imaxe 'Inicial', debuxa nela, e despois clica
|
|
en 'Gardar', créase un novo debuxo (non sobrescribe a
|
|
imaxe 'Inicial' orixinal, así que poderá volver usala
|
|
outra vez).
|
|
|
|
Se escolleu abrir un debuxo, e o seu debuxo actual non se
|
|
gardou, preguntaráselle se desexa gardalo ou non. (Mire
|
|
"Gardar," debaixo.)
|
|
|
|
Nota: Tamén pode premer [Control]-[O] no teclado para obter
|
|
o diálogo 'Abrir'.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Gardar
|
|
|
|
Isto garda o debuxo actual.
|
|
|
|
Se non o gardou antes, crearase unha nova entrada na lista
|
|
de imaxes gardadas (ou sexa, crearase un novo ficheiro).
|
|
|
|
Nota: Non se lle preguntará nada (p.ex., o nome do
|
|
ficheiro). Soamente se gardará o debuxo, e reproducirase un
|
|
efecto de son de "disparador de cámara".
|
|
|
|
Se xa GARDOU antes o debuxo, ou se é un debuxo que cargou
|
|
usando o comando "Abrir", preguntaráselle primeiro se desexa
|
|
sobrescribi-la versión antiga, ou se desexa crear unha nova
|
|
entrada (un novo ficheiro).
|
|
|
|
((NOTA: Se está establecida unha das opcións "saveover" ou
|
|
"saveovernew", non se lle preguntará antes sobrescribir a
|
|
versión antiga. Mire a documentación "Options".)
|
|
|
|
Nota: Tamén pode premer [Control]-[S] no teclado para
|
|
gardar.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Imprimir
|
|
|
|
Clique neste botón e imprimirase o seu debuxo!
|
|
|
|
Deshabilitar a Impresión
|
|
|
|
Se está establecida a opción "noprint" (xa sexa
|
|
con "noprint=yes" no ficheiro de configuración
|
|
de Tux Paint, ou usando "--noprint" na liña de
|
|
comandos), deshabilitarase o botón "Imprimir".
|
|
|
|
Mire a documentación "Options".
|
|
|
|
Limitar a Impresión
|
|
|
|
Se se usa a opción "printdelay" (xa sexa con
|
|
"printdelay=SEGUNDOS" no ficheiro de
|
|
configuración de, ou usando
|
|
"--printdelay=SEGUNDOS" na liña de comandos),
|
|
só poderá imprimir unha vez cada SEGUNDOS
|
|
segundos.
|
|
|
|
Por exemplo, con "printdelay=60", só pode
|
|
imprimir unha vez por minuto (1 minuto=60
|
|
segundos).
|
|
|
|
Mire a documentación "Options".
|
|
|
|
Comando de Impresión
|
|
|
|
(Só en Linux e Unix)
|
|
|
|
O comando que se usa para imprimir é
|
|
actualmente un conxunto de comandos que
|
|
convirten un PNG nun PostScript e o envian á
|
|
impresora:
|
|
|
|
pngtopnm | pnmtops | lpr
|
|
|
|
Este comando pode cambiarse establecendo o
|
|
valor de "printcommand" no ficheiro de
|
|
configuración de Tux Paint.
|
|
|
|
Mire a documentación "Options".
|
|
|
|
Opcións de Impresión
|
|
|
|
(Só para Windows)
|
|
|
|
Por defecto, Tux Paint só imprime na impresora
|
|
predeterminada cas opcións predeterminadas
|
|
cando se preme o botón 'Imprimir'.
|
|
|
|
Sen embargo, se preme a tecla [ALT] do teclado
|
|
mentres preme o botón, e se non está no modo
|
|
pantalla completa, aparecerá o diálogo de
|
|
impresión de Windows, onde poderá trocar as
|
|
opcións.
|
|
|
|
Pode almacenar os trocos na configuración de
|
|
impresora usando a opción "printcfg", xa sexa
|
|
usando "--printcfg" na liña de comandos, ou
|
|
"printcfg=yes" no propio ficheiro de
|
|
configuración de Tux Paint ("tuxpaint.cfg").
|
|
|
|
Se se usa a opción "printcfg", as opcións de
|
|
impresión cargaranse dende o ficheiro
|
|
"userdata/print.cfg". Calquera troco gardarase
|
|
aquí tamén.
|
|
|
|
Mire a documentación "Options".
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Saír
|
|
|
|
Se clica no botón "Saír", pecha a ventá de Tux Paint, ou
|
|
preme a tecla "Escape" sairá de Tux Paint.
|
|
|
|
(NOTA: O botón "Saír" pode deshabilitarse (p.ex., ca opción
|
|
de liña de comandos "--noquit"), pero a tecla [Escape] ainda
|
|
funcionará. Mire a documentación "Options".
|
|
|
|
Primeiro preguntaráselle se desexa saír.
|
|
|
|
Se escolle saír, e non gardou o debuxo actual,
|
|
preguntaráselle primeiro se desexa gardalo. Se non é unha
|
|
imaxe nova, entón preguntaráselle se desexa sobrescribir a
|
|
versión antiga, ou crear unha nova entrada. (Mire "Gardar"
|
|
enriba.)
|
|
|
|
NOTA: Se se garda a imaxe, cargarase automáticamente a
|
|
seguinte vez que execute Tux Paint!
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Cargar Outros Debuxos en Tux Paint
|
|
|
|
Xa que o diálogo 'Abrir' de Tux Paint só mostra os debuxos que ti
|
|
creaches con Tux Paint, ¿que ocorre se queres cargar algún outro debuxo
|
|
ou fotografía en Tux Paint para editar?
|
|
|
|
TPara facer isto, simplemente tes que converter o debuxo nun ficheiro de
|
|
imaxe PNG (Portable Network Graphic), e poñelo no directorio "saved" de
|
|
Tux Paint. ("~/.tuxpaint/saved/" en Linux e Unix, "userdata\saved\" en
|
|
Windows, "Library/Preferences/tuxpaint/saved/" en Mac OS X.)
|
|
|
|
Usando 'tuxpaint-import'
|
|
|
|
Os usuarios de Linux e Unix poden usar o script para shell
|
|
"tuxpaint-import" que se instalou ó instala-lo Tux Paint. Este usa
|
|
algunhas das ferramentas NetPBM para converter a imaxe ("anytopnm"),
|
|
redimensionala de xeito que colla no lenzo de Tux Paint ("pnmscale"),
|
|
e convertela a PNG ("pnmtopng").
|
|
|
|
Tamén usa o comando "date" para obter a data e a hora actual, que é a
|
|
convención de nomenclatura de ficheiros que usa Tux Paint para os
|
|
ficheiros gardados. (Lembra que nunca se che pide un 'nome de
|
|
ficheiro' cando vas gardar ou Abrir debuxos!)
|
|
|
|
Para usar 'tuxpaint-import', simplemente executa o comando dende unha
|
|
liña de comandos e proporciónalle o nome do(s) ficheiro(s) que desexas
|
|
converter.
|
|
|
|
Converterá os debuxos e poñeraos no directorio 'saved' de Tux Paint.
|
|
(Nota: Se estás facendo isto para un usuario diferente - p.ex., o teu
|
|
neno, executa o comando usando a súa conta.)
|
|
|
|
Exemplo:
|
|
|
|
$ tuxpaint-import avoa.jpg
|
|
avoa.jpg -> /home/username/.tuxpaint/saved/20020921123456.png
|
|
jpegtopnm: WRITING A PPM FILE
|
|
|
|
A primeira liña ("tuxpaint-import avoa.jpg") é o comando a executar.
|
|
As dúas liñas seguintes son a saída do programa mentres está
|
|
traballando.
|
|
|
|
Agora podes abrir o Tux Paint, e estará dispoñible unha versión dese
|
|
debuxo orixinal no diálogo 'Abrir'. ¡Simplemente fai dobre clic na súa
|
|
icona!
|
|
|
|
Facéndoo Manualmente
|
|
|
|
Os usuarios de Windows, Mac OS X e BeOS deben facer actualmente a
|
|
conversión manualmente.
|
|
|
|
Executa un programa de gráficos que sexa capaz de cargar o debuxo e
|
|
gardalo coma un ficheiro de formato PNG. (Mira o ficheiro de
|
|
documentación "PNG.txt" para obter unha lista de software suxerido, e
|
|
outras referencias).
|
|
|
|
Reduce o tamaño da imaxe a un ancho máximo de 448 pixels de lado a
|
|
lado e un alto máximo de 376 pixels altura (ou sexa, o tamaño máximo é
|
|
448 x 376 pixels).
|
|
|
|
Garda o debuxo con formato PNG. É moi recomendable que o nomees o
|
|
ficheiro usando a data e a hora actual, xa que é a convención que usa
|
|
Tux Paint:
|
|
|
|
YYYYMMDDhhmmss.png
|
|
|
|
* YYYY = Ano
|
|
* MM = Mes (01-12)
|
|
* DD = Día (01-31)
|
|
* HH = Hora, en formato de 24 horas (00-23)
|
|
* mm = Minuto (00-59)
|
|
* ss = Segundo (00-59)
|
|
|
|
p.ex.:
|
|
|
|
20020921130500 - para o 21 de Setembro de 2002, 1:05:00pm
|
|
|
|
Pon este ficheiro PNG no directorio 'saved' de Tux Paint. (Mira
|
|
enriba.)
|
|
|
|
En Windows, está no cartafol "userdata". En Mac OS X, está en
|
|
"Library/Preferences/tuxpaint/" no teu directorio persoal.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Extendendo Tux Paint
|
|
|
|
Se desexas engadir ou trocar cousas coma os Pinceis e as Estampas de
|
|
Goma que se usan no Tux Paint, podes facelo de maneira sinxela poñendo
|
|
ou eliminando ficheiros no disco duro.
|
|
|
|
Nota: Cómpre reiniciar o Tux Paint para que os trocos teñan efecto.
|
|
|
|
Onde Están Os Ficheiros
|
|
|
|
Ficheiros Estándar
|
|
|
|
Tux Paint busca os seus múltiples ficheiros de datos no seu
|
|
directorio 'data'.
|
|
|
|
Linux e Unix
|
|
|
|
O sitio onde está este directorio depende de que valor se
|
|
estableceu para "DATA_PREFIX" cando se compilou o Tux Paint. Mira
|
|
INSTALL.txt para obter máis detalles.
|
|
|
|
Por defecto, o directorio é:
|
|
|
|
/usr/local/share/tuxpaint/
|
|
|
|
Se o instalou dende un paquete, é máis probable que sexa:
|
|
|
|
/usr/share/tuxpaint/
|
|
|
|
Windows
|
|
|
|
Tux Paint busca un directorio chamado 'data' no mesmo directorio
|
|
no que está o executable. Este é o directorio que o instalador
|
|
usou cando se instalou o Tux Paint, p.ex.:
|
|
|
|
C:\Archivos de programa\TuxPaint\data
|
|
|
|
Mac OS X
|
|
|
|
Tux Paint almacena os ficheiros no teu cartafol "Libraries" da túa
|
|
conta, en "Preferences", p.ex.:
|
|
|
|
/Users/Joe/Library/Preferences/
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Ficheiros Persoais
|
|
|
|
Tamén podes crear pinceis, estampas, fontes e imaxes 'iniciais' no
|
|
teu propio directorio para que Tux Paint ós atope.
|
|
|
|
Linux e Unix
|
|
|
|
O teu directorio persoal de Tux Paint é "~/.tuxpaint/".
|
|
|
|
Ou sexa, se o teu directorio persoal é "/home/karl", entón o teu
|
|
directorio de Tux Paint é "/home/karl/.tuxpaint/".
|
|
|
|
Non esquezas o punto (".") antes de 'tuxpaint'!
|
|
|
|
Windows
|
|
|
|
O teu directorio persoal de Tux Paint chámase "userdata" e está no
|
|
mesmo directorio có executable, p.ex.:
|
|
|
|
C:\Archivos de programa\TuxPaint\userdata
|
|
|
|
Para engadir pinceis, estampas, fontes, e imaxes 'iniciais', crea
|
|
subdirectorios no teu directorio persoal de Tux Paint que se chamen
|
|
"brushes", "stamps", "fonts" e "starters" respectivamente.
|
|
|
|
(Por exemplo, se creaches un pincel que se chama "flower.png",
|
|
deberías poñelo en "~/.tuxpaint/brushes/" en Linux ou Unix.)
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Pinceis
|
|
|
|
Os pinceis que se usan para debuxar cas ferramentas 'Pintar' e 'Liñas'
|
|
de Tux Paint son simplemente imaxes PNG en escala de grises.
|
|
|
|
A alfa (transparencia) da imaxe PNG úsase para determinar a forma do
|
|
pincel, o que significa que a forma pode ser 'anti-aliased' e incluso
|
|
parcialmente transparente!
|
|
|
|
As imaxes dos pinceis non deben ter máis de 40 pixels ó ancho e non
|
|
deben ter máis de 40 pixels de alto. (ou sexa, o tamaño máximo é 40 x
|
|
40.)
|
|
|
|
Simplemente ponas no directorio "brushes".
|
|
|
|
Nota: Se tódolos teus novos pinceis aparecen coma cadrados ou
|
|
rectángulos sólidos, é porque esqueciches usar a transparencia alfa!
|
|
Mira o ficheiro de documentación "PNG.txt" para obter máis información
|
|
e consellos.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Estampas
|
|
|
|
Tódolos ficheiros relacionados cas estampas están no directorio
|
|
"stamps". É útil crear subdirectorios e sub-subdirectorios para
|
|
organizar as estampas. (Por exemplo, podes ter un cartafol "vacacións"
|
|
cos subcartafoles "halloween" e "nadal").
|
|
|
|
Imaxes
|
|
|
|
As Estampas de Goma en Tux Paint poden estar compostas por varios
|
|
ficheiros independentes. O único ficheiro que é imprescindible é,
|
|
dende logo, o debuxo.
|
|
|
|
As Estampas que usa Tux Paint son imaxes PNG. Poden ser de cores ou
|
|
de escala de grises. A alfa (transparencia) do PNG úsase para
|
|
determinar a forma real do debuxo (doutra maneira, estamparás un
|
|
rectángulo grande nos debuxos).
|
|
|
|
Os PNGs poden ser de calquera tamaño, pero na práctica, unha de 100
|
|
pixels de ancho por 100 pixels de alto (100 x 100) é grande de máis
|
|
para Tux Paint.
|
|
|
|
Nota: Se tódalas túas novas estampas teñen un contorno sólido de
|
|
forma rectangular dunha cor sólida (p.ex. branco ou negro), é porque
|
|
esqueciches usar a transparencia alfa! Mira o ficheiro de
|
|
documentación "PNG.txt" para obter máis detalles e consellos.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Texto de Descrición
|
|
|
|
Ficheiros de texto (".TXT") co mesmo nome có PNG. (p.ex. a
|
|
descrición de "debuxo.png" almacénase en "debuxo.txt" que está no
|
|
mesmo directorio).
|
|
|
|
A primeira liña do ficheiro de texto usarase para a descrición da
|
|
imaxe de estampa en Inglés de Estados Unidos. Debe estar codificado
|
|
en UTF-8.
|
|
|
|
Soporte de Linguas
|
|
|
|
Poden engadirse liñas adicionais o ficheiro de texto para
|
|
proporcionar traduccións da descrición, para amosalas cando Tux
|
|
Paint se está executando nunha lingua diferente (coma o Francés ou
|
|
o Español).
|
|
|
|
O comezo da liña debe corresponder co código da lingua en cuestión
|
|
(p.ex. "fr" para o Francés, e "zh_tw" para o Chinés Tradicional),
|
|
seguido por ".utf8=" e a descrición traducida (codificada en
|
|
UTF-8).
|
|
|
|
Hai scripts no directorio "po" para converti-los ficheiros de
|
|
texto a formato PO (e ó revés) para traducir fácilmente a
|
|
diferentes linguas. Polo tanto nunca debes engadir ou cambiar as
|
|
traduccións dos ficheiros .txt directamente.
|
|
|
|
Se non hai traducción dispoñible para a lingua na que se está
|
|
executando Tux Paint, usarase o texto en Inglés de Estados Unidos.
|
|
|
|
Usuarios de Windows
|
|
|
|
Usa o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para editar/crear estes
|
|
ficheiros. Asegúrate de gardalos coma Texto Plano, e asegúrate de
|
|
que teñen a extensión ".txt" (o nome do ficheiro remata en
|
|
".txt")...
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Efectos de Son
|
|
|
|
Ficheiros WAVE (".WAV") co mesmo nome có PNG. (p.ex. o efecto de son
|
|
de "debuxo.png" é o ficheiro de son "debuxo.wav" que está no mesmo
|
|
directorio).
|
|
|
|
Soporte de Linguas
|
|
|
|
Para ter sons para idiomas diferentes (p.ex., se o son é alguén
|
|
dicindo unha palabra, e queres versións traducidas da palabra),
|
|
tamén podes crear ficheiros WAV co mesmo código de idioma no nome
|
|
do ficheiro, da forma: "ESTAMPA_CODIGO.wav"
|
|
|
|
O efecto de son de "debuxo.png", cando Tux Paint se está
|
|
executando en Español, debería ser "debuxo_es.wav". En Francés,
|
|
"debuxo_fr.wav". Etc...
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Opcións das Estampas
|
|
|
|
Ademais dunha forma gráfica, un descrición, e un efecto de son, as
|
|
estampas tamén poden ter outros atributos. Para facer isto, cómpre
|
|
crear un ficheiro de 'datos' para a estampa.
|
|
|
|
Un ficheiro de datos dunha estampa é soamente un ficheiro de texto
|
|
que contén as opcións.
|
|
|
|
O ficheiro ten o mesmo nome cá imaxe PNG, pero con extensión ".dat".
|
|
(p.ex., o ficheiro de datos de "debuxo.png" é o ficheiro de texto
|
|
"debuxo.dat" que está no mesmo directorio).
|
|
|
|
Estampas de Cor
|
|
|
|
As estampas poden ser feitas para ser "colorables" ou
|
|
"tinguibles".
|
|
|
|
Colorables
|
|
|
|
As estampas "colorables" son coma pinceis - colles a estampa
|
|
para conseguir a forma, e despois colles a cor que queres que
|
|
teña. (As estampas de símbolos, coma os matemáticos e os
|
|
musicais son un exemplo).
|
|
|
|
Non se usa nada da imaxe orixinal agás a transparencia (canle
|
|
"alfa"). A cor da estampa é unha cor sólida.
|
|
|
|
Engade a palabra "colorable" ó ficheiro de datos da estampa.
|
|
|
|
Tinguibles
|
|
|
|
As estampas "tinguibles" son similares ás "colorables", excepto
|
|
por que se conservan os detalles da imaxe orixinal. (Expresándoo
|
|
técnicamente, úsase a imaxe orixinal, pero o seu matiz cámbiase,
|
|
baseándose na cor seleccionada).
|
|
|
|
Engade a palabra "tintable" ó ficheiro de datos da estampa.
|
|
|
|
Algunhas veces non queres tinguir as partes en branco ou gris
|
|
dunha imaxe (mira, por exemplo, a estampa do rotulador
|
|
imborrable no paquete predeterminado de estampas). Podes engadir
|
|
a palabra "notintgray" ó ficheiro de datos da estampa para
|
|
conseguir isto. Deste xeito só se tinguirán as áreas cunha
|
|
saturación superior ó 25%.
|
|
|
|
Estampas Inalterables
|
|
|
|
Por defecto, unha estampa pode ser invertida co de riba para
|
|
abaixo, espellada, ou as dúas cousas a un tempo. Isto faise usando
|
|
os botóns de control debaixo do selector de estampas, na parte
|
|
inferior esquerda da ventá de Tux Paint.
|
|
|
|
Algunhas veces, non ten sentido que unha estampa poida inverterse
|
|
ou espellarse; por exemplo, as estampas de letras ou números. A
|
|
veces as estampas son simétricas, así que deixarlle ó usuario
|
|
invertelas ou espellalas non é útil.
|
|
|
|
Para facer que non se poida inverter unha estampa, engade a opción
|
|
"noflip" ó ficheiro de datos da estampa.
|
|
|
|
Para evitar que unha estampa poida ser espellada, engade a opción
|
|
"nomirror" ó ficheiro de datos da estampa.
|
|
|
|
Usuarios de Windows
|
|
|
|
Podes usar o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para crear estes
|
|
ficheiros. Asegúrate de gardalos coma Texto Plano, e de que o seu
|
|
nome de ficheiro ten ".dat" no remate, e non ".txt"...
|
|
|
|
Imaxes Pre-Espelladas
|
|
|
|
Nalgúns casos, poderías querer proporcionar unha versión
|
|
pre-debuxada dunha imaxes espellada dunha estampa. Por exemplo,
|
|
imaxina un debuxo dun camión de bombeiros cas palabras "Bombeiros"
|
|
escritas nun lado. ¡Probablementes non quererás que o texto apareza
|
|
ó revés cando se espelle a imaxe!
|
|
|
|
Para crear unha versión espellada dunha estampa que queres que use
|
|
Tux Paint, mellor ca espellala, simplemente crea un segundo ficheiro
|
|
".png" co mesmo nome, excepto que levará a cadea "_mirror" antes da
|
|
extensión.
|
|
|
|
Por exemplo, para a estampa "camion.png" poderías crear outro
|
|
ficheiro chamado "camion_mirror.png", que se usará cando se espelle
|
|
a estampa (mellor ca usar unha versión ó revés de 'camion.png').
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Fontes
|
|
|
|
As fontes que usa Tux Paint son as TrueType Fonts (TTF).
|
|
|
|
Simplemente ponas no directorio "fonts". Tux Paint cargará a fonte e
|
|
proporcionará catro tamaños diferentes no selector 'Letras' cando se
|
|
use a ferramenta 'Texto'.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Imaxes 'Iniciais'
|
|
|
|
As imaxes 'Iniciais' aparecen no diálogo 'Abrir', xunto cos debuxos
|
|
que creaches. Teñen un botón verde de fondo, en vez de azul.
|
|
|
|
A diferencia dos teus debuxos gardados, cando seleccionas e abres unha
|
|
imaxe 'inicial', realmente estás creando un novo debuxo. No canto de
|
|
estar en branco, o novo debuxo contén o contido da imaxe 'inicial'.
|
|
Ademais, cando editas o teu novo debuxo, o contido da imaxe 'inicial'
|
|
orixinal aféctalle.
|
|
|
|
Estilo Caderno de Debuxo (Coloring-Book Style)
|
|
|
|
O tipo de imaxe 'inicial' máis básico é semellante a un debuxo dun
|
|
caderno de debuxo (coloring book). É o contorno dunha forma que se
|
|
pode colorear e engadirlle detalles. En Tux Paint, mentres debuxas,
|
|
escribes texto, ou pos estampas, o contorno permanece 'enriba' do
|
|
que debuxas. Podes borrar as partes do debuxo que fixeches, pero non
|
|
podes borrar o contorno.
|
|
|
|
Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente debuxa un
|
|
debuxo sen contornos (outlined) nun programa de debuxo, fai que o
|
|
resto do gráfico sexa transparente (isto aparecerá en branco no Tux
|
|
Paint), e gárdao coma un ficheiro de imaxe con formato PNG.
|
|
|
|
Estilo Escenario
|
|
|
|
Xunto ca capa (overlay) de estilo 'caderno de debuxo' (coloring-book
|
|
style), tamén podes proporcionar unha imaxe de fondo distinta coma
|
|
parte dunha imaxe 'inicial'. A capa actúa do mesmo xeito: non se
|
|
pode debuxar enriba dela, borrarse, nin lle afectan as ferramentas
|
|
'Máxicas'. ¡Sen embargo, no fondo si que se pode!
|
|
|
|
Cando se usa a ferramenta 'Goma' nun debuxo baseado neste tipo de
|
|
imaxe 'inicial', no canto de poñer o lenzo en branco, volve aparecer
|
|
nesa parte do lenzo o debuxo do fondo orixinal.
|
|
|
|
Creando unha capa e un fondo, podes crear unha imaxe 'inicial' que
|
|
simule profundidade. Imaxina un fondo que amosa o océano, e unha
|
|
capa que é o debuxo dun arrecife. Entón podes debuxar (ou estampar)
|
|
peixes no debuxo. Estes aparecerán no océano, pero nunca 'diante' do
|
|
arrecife.
|
|
|
|
Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente crea unha capa
|
|
(con transparencia alfa) como se describe enriba, e gárdaa coma unha
|
|
imaxe PNG. Despois crea outra imaxe (sen transparencia), e gárdaa co
|
|
mesmo nome de ficheiro, pero con "-back" no final do nome. (p.ex.,
|
|
"arrecife-back.png" sería o debuxo do océano do fondo que lle
|
|
corresponde á capa "arrecife.png", ou primeiro plano).
|
|
|
|
As imaxes 'iniciais' deben ter o mesmo tamaño có lenzo de Tux Paint.
|
|
No modo predeterminado 640x480, sería de 448x376 pixels. Se estás
|
|
usando o modo 800x600 mode, debe ser de 608x496. (Debe ter 192 pixels
|
|
menos ó ancho, e 104 pixels menos ó alto cá resolución).
|
|
|
|
Ponas no directorio "starters". Cando se acceda ó diálogo 'Abrir' en
|
|
Tux Paint, as imaxes 'iniciais' aparecerán cun fondo verde no comezo
|
|
da lista.
|
|
|
|
Nota: Nota: As imaxes 'iniciais' non poden sobrescribirse dende Tux
|
|
Paint, xa que cargar unha imaxe 'inicial' é en realidade crear unha
|
|
imaxe nova. ( Pero non está en branco, xa que hai algo co que
|
|
traballar). O comando 'Gardar' simplemente crea un novo debuxo, coma
|
|
se se usara o comando 'Novo'.
|
|
|
|
Nota: As imaxes 'iniciais' están 'ligadas' ós debuxos gardados, usando
|
|
un pequeno ficheiro de texto que ten o mesmo nome có ficheiro gardado,
|
|
pero con ".dat" coma extensión. Isto permite que a capa superior e
|
|
fondo, se hai algún, continuen afectando ó debuxo incluso despois de
|
|
que pechar o Tux Paint, ou se cargue ou comece outro debuxo. (Noutras
|
|
palabras, se baseas un debuxo nunha imaxe 'inicial', esta sempre lle
|
|
afectará).
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Lecturas Adicionais
|
|
|
|
A outra documentación incluída con (no cartafol/directorio "docs":
|
|
* AUTHORS.txt
|
|
Lista de autores e contribuíntes
|
|
* CHANGES.txt
|
|
Resumo dos trocos entre versións
|
|
* COPYING.txt
|
|
Licenza (A GNU General Public License)
|
|
* INSTALL.txt
|
|
Instruccións para compilar/instalar, cando sexa posible
|
|
* OPTIONS.html
|
|
Instruccións detalladas sobre as opcións da liña de comandos e do
|
|
ficheiro de configuración, para aqueles que non queren usar Tux
|
|
Paint Config.
|
|
* PNG.txt
|
|
Notas para crear imaxes de formato PNG para usar en Tux Paint
|
|
* TODO.txt
|
|
Unha lista das características pendentes ou erros que necesitan
|
|
solución
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Como Conseguir Axuda
|
|
|
|
Se necesitas axuda, síntete libre de contactar con New Breed Software:
|
|
|
|
http://www.newbreedsoftware.com/
|
|
|
|
Tamén podes participar nas múltiples listas de correo de Tux Paint:
|
|
|
|
http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/lists/
|