144 lines
4.5 KiB
Text
144 lines
4.5 KiB
Text
PNG.txt de Tux Paint
|
|
|
|
Tux Paint - Un sinxelo programa de debuxo para os nenos.
|
|
|
|
Copyright 2002 by Bill Kendrick
|
|
bill@newbreedsoftware.com
|
|
http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/
|
|
|
|
27 de Xuño de 2002 - 7 de Novembro de 2002
|
|
|
|
|
|
Acerca dos PNGs
|
|
----------
|
|
PNG é o formato Portable Network Graphic. É un estándar aberto, e sen
|
|
patentes (coma os GIFs). É un formato moi comprimido (ainda que non perde
|
|
tanta calidade coma os JPEGs - a perda de calidade permite que os ficheiros
|
|
sexan máis pequenos, pero introduce 'erros' na imaxe ó gardala), e soporta cor
|
|
de 24 bits (16,7 millóns de cores) e tamén unha "canle alfa" - cada pixel
|
|
pode ter un grado de transparencia variable.
|
|
|
|
Para obter máis información, visite: http://www.libpng.org/
|
|
|
|
Estas características (código aberto, pouca perda de calidade, compresión,
|
|
transparencia/alfa) convírteno na mellor elección para Tux Paint. (O soporte
|
|
do formato PNG de Tux Paint ven da librería de Código Aberto SDL_Image, que á
|
|
súa vez o obtén da librería libPNG).
|
|
|
|
O soporte para moitas cores permite crear imaxes con calidade fotográfica para
|
|
as "estampas de goma" que se usan no Tux Paint, e a transparencia alfa
|
|
permite crear "pinceis" para debuxar de alta calidade.
|
|
|
|
|
|
Como Facer PNGs
|
|
----------------
|
|
A seguinte é unha _pequena_ lista de programas para crear PNGs ou converter
|
|
imaxes xa existentes en PNGs.
|
|
|
|
|
|
Usuarios de Linux/Unix
|
|
----------------
|
|
O GIMP
|
|
--------
|
|
A mellor ferramenta ca crear imaxes PNG images para usar en Tux Paint é o
|
|
GNU Image Manipulation Program ("O GIMP"), un programa interactivo de alta
|
|
calidade e de Código Aberto para a editar fotografías e debuxar.
|
|
|
|
É probable que xa estea instalado no seu sistema Linux. Se non o está, é
|
|
case seguro que está no CD de instalación ou no sitio de descarga da súa
|
|
distribución. Senón:
|
|
|
|
http://www.gimp.org/
|
|
|
|
|
|
Krita
|
|
-----
|
|
Krita é unha aplicación de debuxo e edición de imaxe de KOffice.
|
|
|
|
http://koffice.kde.org/krita/
|
|
|
|
|
|
NetPBM
|
|
------
|
|
As ferramentas Portable Bitmap (coñecidas colectivamente coma "NetPBM") é
|
|
unha colección de ferramentas de liña de comandos de Código Aberto que
|
|
converten dende e a, varios formatos, incluindo GIF, TIFF, BMP, PNG,
|
|
e moitos máis.
|
|
|
|
NOTA: Os formatos NetPBM (Portable Bitmap: PBM, Portable Greymap: PGM,
|
|
Portable Pixmap: PPM, e o xenérico Portable Any Map: PNM) non soportan
|
|
alfa, así que calquera información de transparencia (p.ex. dun GIF)
|
|
perderase! Use O GIMP!
|
|
|
|
É probable que xa estea instalado no seu sistema Linux. Se non o está, é
|
|
case seguro que está no CD de instalación ou no sitio de descarga da súa
|
|
distribución. Senón:
|
|
|
|
http://netpbm.sourceforge.net/
|
|
|
|
|
|
cjpeg/djpeg
|
|
-----------
|
|
Os programas de liña de comandos "cjpeg" e "djpeg" converten entre o
|
|
formato NetPBM Portable Any Map (PNM) e JPEG.
|
|
|
|
É probable que xa estea instalado no seu sistema Linux. Se non o está, é
|
|
case seguro que está no CD de instalación ou no sitio de descarga da súa
|
|
distribución. Senón:
|
|
|
|
ftp://ftp.uu.net/graphics/jpeg/
|
|
|
|
|
|
Usuarios de Windows
|
|
-------------
|
|
O Gimp
|
|
http://www.gimp.org/~tml/gimp/win32/
|
|
|
|
Canvas (Deneba)
|
|
http://www.deneba.com/products/canvas8/default2.html
|
|
|
|
CorelDRAW (Corel)
|
|
http://www.corel.com/
|
|
|
|
Fireworks (Macromedia)
|
|
http://macromedia.com/software/fireworks/
|
|
|
|
Illustrator (Adobe)
|
|
http://www.adobe.com/products/illustrator/main.html
|
|
|
|
Paint Shop Pro (Jasc)
|
|
http://www.jasc.com/products/psp/
|
|
|
|
Photoshop (Adobe)
|
|
http://www.adobe.com/products/photoshop/main.html
|
|
|
|
|
|
Usuarios de Macintosh
|
|
---------------
|
|
Canvas (Deneba)
|
|
http://www.deneba.com/products/canvas8/default2.html
|
|
|
|
CorelDRAW (Corel)
|
|
http://www.corel.com/
|
|
|
|
Fireworks (Macromedia)
|
|
http://macromedia.com/software/fireworks/
|
|
|
|
GraphicConverter (Lemke Software)
|
|
http://www.lemkesoft.de/us_gcabout.html
|
|
|
|
Illustrator (Adobe)
|
|
http://www.adobe.com/products/illustrator/main.html
|
|
|
|
Photoshop (Adobe)
|
|
http://www.adobe.com/products/photoshop/main.html
|
|
|
|
|
|
Máis Información.
|
|
----------
|
|
O sitio web de libPNG ten unha lista cos editores de imaxe e convertedores de
|
|
imaxe que soportan o formato PNG:
|
|
|
|
http://www.libpng.org/pub/png/pngaped.html
|
|
http://www.libpng.org/pub/png/pngapcv.html
|
|
|