Tux Paint
version 0.9.14
Un sinxelo programa de debuxo para nenos
Copyright 2004 by Bill Kendrick
New Breed Software
bill@newbreedsoftware.com
http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/
14 de Xuno de 2002 - 24 de Outubro de 2004
----------------------------------------------------------------------
Acerca de
Que e "Tux Paint"?
Tux Paint e un programa de debuxo libre desenado para os nenos
pequenos (rapaces de 3 e mais). Ten unha interface sinxela e facil de
usar, efectos de son divertidos, e unha mascota animada que guia e
axuda os nenos a usar o programa. Proporciona un lenzo en branco e
unha chea de ferramentas de debuxo que lle axudan os nenos a ser
creativos.
Licenza:
Tux Paint e un proxecto de Codigo Aberto, Software Libre que se libera
baixo a GNU General Public License (GPL). e libre, e o "codigo fonte"
do programa esta disponible. (Isto permitelle a outras persoas engadir
funcionalidades, arranxar erros, e usar partes do programa no seu
propio software GPL).
Mire o ficheiro COPYING.txt para obter o texto completo da licenza
GPL.
Obxectivos:
Sinxelo e Divertido
Tux Paint esta pensado para ser un programa de debuxo sinxelo
para nenos pequenos. Non esta pensado para ser unha ferramenta
de debuxo de proposito xeral. Esta pensado para ser divertido
e facil de usar. Os efectos de son e un personaxe animado
axudan o usuario a enterarse de que esta ocorrendo, e a
mantelo entretido. Tamen hai punteiros grandes para o rato.
Extensibilidade
Tux Paint e extensible. Os pinceis e as estampas poden ponerse
(droppped in) e sacarse (pulled out). Por exemplo, un profesor
pode poner unha coleccion de formas de animais e dicirlle os
seus estudiantes que debuxen un ecosistema. Cada forma pode
ter un son que se reproduce, e mensaxes de texto que se amosan
cando os nenos seleccionan a forma.
Portabilidade
Tux Paint portouse a varias plataformas de ordenador: Windows,
Macintosh, Linux, etc. A interface e a mesma en todas elas.
Tux Paint executase ben en sistemas vellos (coma os Pentium
133), e pode compilarse para que se execute mellor en sistemas
lentos.
Simplicidade
Non hai acceso directo a elementos internos do ordenador. A
imaxe actual gardase cando se sae do programa, e volve
aparecer cando se volve executar. Para gardar imaxes non
compre crear nomes de ficheiro ou usar o teclado. As imaxes
abrense seleccionandoas dunha coleccion de miniaturas das
imaxes. O acceso a outros ficheiros do ordenador esta
limitado.
----------------------------------------------------------------------
Usando Tux Paint
Executar Tux Paint
Usuarios de Linux/Unix
Tux Paint deberia ter posto unha icona de lanzamento nos menus de
KDE e/ou GNOME, en 'Graficos.'
Tamen se pode executar o seguinte comando nunha lina de comandos
(p.ex., "$"):
$ tuxpaint
Se ocorre algun erro, amosarase na terminal (para "stderr").
----------------------------------------------------------------------
Usuarios de Windows
[Icona]
Tux Paint
Se instalou Tux Paint no seu ordenador usando 'Instalador de Tux
Paint', este preguntarialle se desexaba unha entrada no menu
'Inicio', e/ou un acceso directo no escritorio. Se aceptou, soamente
ten que executar Tux Paint dende a seccion 'Tux Paint' do menu
'Inicio' (p.ex., en "Todolos programas" en Windows XP), ou facendo
dobre clic na icona de "Tux Paint" no escritorio.
Se instalou Tux Paint usando a descarga do 'ficheiro ZIP', ou se
usou o 'Instalador de Tux Paint', pero escolleu non poner accesos
directos, necesitara facer dobre clic na icona de "tuxpaint.exe"
dentro do cartafol de 'Tux Paint'.
Por defecto, o 'Instalador de Tux Paint' pora o cartafol de Tux
Paint en "C:\Archivos de programa\", ainda que vostede puido ter
trocado isto cando executou o instalador.
Se usou a descarga do 'ficheiro ZIP', o cartafol de Tux Paint estara
onde o puxo cando descomprimiu o ficheiro ZIP.
----------------------------------------------------------------------
Usuarios de Mac OS X
Faga dobre clic na icona de "Tux Paint".
----------------------------------------------------------------------
Pantalla de Titulo
Cando Tux Paint carga por primeira vez, aparecera unha pantalla de
titulo/creditos.
[Captura da Pantalla de Titulo]
Unha vez que se completou a carga, prema unha tecla ou clique co rato
para continuar. (Ou, despois de aproximadamente 30 segundos, a
pantalla de titulo desaparecera automaticamente).
----------------------------------------------------------------------
Pantalla Principal
A pantalla principal esta dividida nas seguintes seccions:
Lado Esquerdo: Barra de Ferramentas
A barra de ferramentas conten os controis de debuxo e edicion.
[Ferramentas: Pintar, Estampa, Linas, Formas, Texto, Maxicos, Desfacer, Refacer,
Borrador, Novo, Abrir, Gardar, Imprimir, Sair]
Centro: Lenzo de Debuxo
A parte mais grande da pantalla, no centro, e o lenzo de
debuxo. Aqui e, obviamente, onde se debuxa!
[(Lenzo)]
Lado Dereito: Selector
Dependendo da ferramenta actual, o selector amosa cousas
diferentes. Por exemplo, cando esta seleccionada a ferramenta
Pincel, amosa todolos pinceis disponibles. Cando esta
seleccionada a ferramenta Estampa, amosa as diferentes formas
que se poden usar.
[Selectores - Pinceis, Letras, Formas, Estampas]
Mais abaixo: Cores
Hai unha paleta cas cores disponibles preto do fondo da
pantalla.
[Cores: Negro, Branco, Vermello, Rosa, Laranxa, Amarelo, Verde, Azul Celeste,
Azul, Purpura, Marron, Gris]
Inferior: area de Axuda
Na parte inferior da pantalla, Tux, o Pingu:in de Linux, da
consellos e outra informacion mentres se debuxa.
(Por exemplo: 'Escolle unha figura. Clica para marcar o centro, arrastra e solta
cando tena o tamano que queiras. Move arredor para virala, e clica para
debuxala.)
----------------------------------------------------------------------
Ferramentas Disponibles
Ferramentas de Debuxo
Pintar (Pincel)
A ferramenta Pincel permite debuxar a man alzada, usando
diferentes pinceis (podense elixir no Selector da dereita) e
cores (podense elixir na paleta de cores do fondo).
Se manten premido o boton do rato, e move o rato, debuxara
mentres o move.
Mentres debuxa, reproducese un son. Canto mais grande sexa o
pincel, mais grave sera o ton.
----------------------------------------------------------------------
Estampa (Estampas de Goma)
A ferramenta Estampa e coma un estampa de goma, ou unha
pegatina. Permite pegar imaxes fotograficas ou predesenadas
(coma un debuxo dun cabalo, dunha arbore ou da lua) no
debuxo.
Mentres move o rato, unha lina seguira o rato, sinalando
onde se pora a estampa.
As estampas poden ter diferentes efectos de son. Algunhas
estampas poden colorearse ou tinguirse.
As Estampas poden reducirse e expandirse, e moitas das
estampas poden inverterse verticalmente, ou amosarse coma
unha imaxe espellada, usando os controis da dereita no fondo
da pantalla.
(NOTA: Se esta establecida a opcion "nostampcontrols", Tux
Paint non amosara os controis Espellar, Inverter, Reducir e
Aumentar para as estampas. Mire a documentacion "Options").
----------------------------------------------------------------------
Linas
Esta ferramenta permite debuxar linas rectas usando os
diferentes pinceis e cores que se usan normalmente co
Pincel.
Clique e mantena o boton premido para elixir o punto de
comezo da lina. Mentres move o rato, amosarase unha lina
onde se vai debuxar a lina.
Solte o boton para completar a lina. Reproducirase un son.
----------------------------------------------------------------------
Formas
Esta ferramenta permite debuxar algunhas formas recheas ou
non.
Seleccione unha forma do selector da dereita (circulo,
cadrado, ovalo, etc.).
No lenxo, clique e mantena o boton premido para estirar a
forma dende onde clicou. Nalgunhas formas pode cambiarse a
proporcion (p.ex., o rectangulo e o ovalo), e outras non
(p.ex., o cadrado e o circulo).
Solte o boton cando remate de estirar.
Modo Normal
Agora pode mover o rato polo lenzo para vira-la
forma.
Clique outra vez e debuxarase a forma ca cor
actual.
Modo Formas Simples
Se estan activadas as formas simples (p.ex., ca
opcion "--simpleshapes"), a forma debuxarase no
lenzo cando solte o boton. (Non hai o paso no
que se pode virar.)
----------------------------------------------------------------------
Texto
Escolla unha fonte (das 'Letras' disponibles na dereita) e
unha cor (da paleta de cores do fondo). Clique na pantalla e
aparecera un cursor. Escriba o texto e aparecera na
pantalla.
Prema [Intro] ou [Retorno] e debuxarase o texto no debuxo e
o cursor moverase unha lina para abaixo.
Clique na parte do debuxo que queira e a lina de texto que
esta escribindo moverase ali, onde pode continuar editandoa.
----------------------------------------------------------------------
Maxia (Efectos Especiais)
A ferramenta 'Maxia' e actualmente un conxunto de
ferramentas especiais. Seleccione un dos efectos maxicos do
seleccionador da dereita e despois clique no debuxo e
arrastre para aplicar o efecto.
Arco iris
Esta e semellante o pincel, pero mentres move o
rato, debuxa todalas cores do arco da vella.
Escintileos
Debuxa escintileos amarelos brillantes no
debuxo.
Espellar
Cando se clica no debuxo co efecto maxico
"Espellar" seleccionado, invertirase
horizontalmente toda a imaxe (o da esquerda
queda na dereita e o da dereita pasa a
esquerda), convertendoa nunha imaxe espellada.
Inverter
Similar a "Espellar." Se se clica, invertirase
verticalmente toda a imaxe (o de arriba para
abaixo e o de abaixo para arriba).
Desenfocar
Isto fai que o debuxo se desdebuxe nas zonas
polas que arrastre o rato.
Cuadricula
Isto fai que o debuxo se cuadricule
("pixelice") onde queira que arrastre o rato.
Negativo
Isto invirte as cores nas partes do debuxo nas
que arrastre o rato. (p.ex., o branco
convirtese en negro, e viceversa.)
Esvaecer
Isto esvaece as cores nas zonas polas que
arrastre o rato. (Se o fai no mesmo sitio
moitas veces, e o final quedara en branco.)
Xiz
Isto fai que partes do debuxo (onde mova o
rato) parezan debuxadas con xiz.
Pingar
Isto fai que as cores "pinguen" nas zonas do
debuxo onde mova o rato.
Engrosar
Isto fai que as cores mais escuras do debuxo se
fagan mais grosas nas partes nas que arrastre o
rato.
Afinar
Similar a "Engrosar", excepto que as cores
escuras se volven mais finas (as cores mais
claras fanse mais grosas).
Encher
Isto enche o debuxo cunha cor. Permite encher
rapidamente partes do debuxo, coma se fora un
libro de debuxos (coloring book).
----------------------------------------------------------------------
Goma
Esta ferramenta e semellante o Pincel. Onde queira que
clique (clique ou arrastre), borrarase o debuxo e quedara en
branco, ou ca cor de fondo do debuxo, se comezou o debuxo
actual cunha imaxe "Inicial".
Hai disponibles varios tamanos de goma.
Mentres move o rato, un cadrado segue o punteiro, sinalando
que parte do debuxo se borrara e quedara en branco.
Mentres borra, reproducirase un son de limpado.
----------------------------------------------------------------------
Outros Controis
Desfacer
Se clica nesta ferramenta desfarase a ultima accion de
debuxo que fixo. Pode desfacer mais dunha vez!
Nota: Tamen se pode premer [Control]-[Z] no teclado para
desfacer.
----------------------------------------------------------------------
Refacer
Se clica nesta ferramenta refarase a accion de debuxo que
acaba de "desfacer" ca ferramenta 'Desfacer'.
Mentres non volva debuxar outra vez, pode refacer tantas
veces coma "desfixo"!
Nota: Tamen se pode premer [Control]-[R] no teclado para
refacer.
----------------------------------------------------------------------
Novo
Se se clica no boton "Novo" comezarase un novo debuxo.
Primeiro preguntaraselle se desexa facer isto.
Nota: Tamen pode premer [Control]-[N] no teclado para
comezar un novo debuxo.
----------------------------------------------------------------------
Abrir
Isto amosara unha lista de todalos debuxos que gardou. Se
hai mais debuxos dos que collen na pantalla, pode usar as
frechas "Arriba" e "Abaixo" que estan na cima e no fondo da
lista para desprazarse pola lista de debuxos.
Clique nun debuxo para seleccionalo, e despois...
* Clique no boton verde "Abrir" na parte inferior
esquerda da lista para cargar o debuxo seleccionado.
(Tamen pode facer dobre clic na icona dun debuxo para
cargalo.)
* Clique no boton marron "Borrar" (cubo do lixo) na
parte inferior dereita da lista para borrar o debuxo
seleccionado. (Pediraselle que confirme o borrado).
* Ou clique no boton vermello con frecha "Atras" na
parte inferior dereita da lista para cancelar e
voltar o debuxo que estaba debuxando.
Imaxes 'Iniciais'
Xunto cos debuxos que creou vostede, Tux Paint
proporcionalle as imaxes 'Iniciais'. Abrilas e coma crear
un novo debuxo, excepto porque o debuxo non esta en
branco. As imaxes 'Iniciais' poden ser coma unha paxina
dun caderno de debuxo (coloring book) (cun bosquexo do
debuxo en branco e negro, que despois se pode colorear),
ou coma unha fotografia 3D, na se poden debuxar os bits.
As imaxes 'Iniciais' tenen un fondo verde na pantalla
'Abrir'. (As imaxes normais tenen un fondo azul). Cando
carga unha imaxe 'Inicial', debuxa nela, e despois clica
en 'Gardar', crease un novo debuxo (non sobrescribe a
imaxe 'Inicial' orixinal, asi que podera volver usala
outra vez).
Se escolleu abrir un debuxo, e o seu debuxo actual non se
gardou, preguntaraselle se desexa gardalo ou non. (Mire
"Gardar," debaixo.)
Nota: Tamen pode premer [Control]-[O] no teclado para obter
o dialogo 'Abrir'.
----------------------------------------------------------------------
Gardar
Isto garda o debuxo actual.
Se non o gardou antes, crearase unha nova entrada na lista
de imaxes gardadas (ou sexa, crearase un novo ficheiro).
Nota: Non se lle preguntara nada (p.ex., o nome do
ficheiro). Soamente se gardara o debuxo, e reproducirase un
efecto de son de "disparador de camara".
Se xa GARDOU antes o debuxo, ou se e un debuxo que cargou
usando o comando "Abrir", preguntaraselle primeiro se desexa
sobrescribi-la version antiga, ou se desexa crear unha nova
entrada (un novo ficheiro).
((NOTA: Se esta establecida unha das opcions "saveover" ou
"saveovernew", non se lle preguntara antes sobrescribir a
version antiga. Mire a documentacion "Options".)
Nota: Tamen pode premer [Control]-[S] no teclado para
gardar.
----------------------------------------------------------------------
Imprimir
Clique neste boton e imprimirase o seu debuxo!
Deshabilitar a Impresion
Se esta establecida a opcion "noprint" (xa sexa
con "noprint=yes" no ficheiro de configuracion
de Tux Paint, ou usando "--noprint" na lina de
comandos), deshabilitarase o boton "Imprimir".
Mire a documentacion "Options".
Limitar a Impresion
Se se usa a opcion "printdelay" (xa sexa con
"printdelay=SEGUNDOS" no ficheiro de
configuracion de, ou usando
"--printdelay=SEGUNDOS" na lina de comandos),
so podera imprimir unha vez cada SEGUNDOS
segundos.
Por exemplo, con "printdelay=60", so pode
imprimir unha vez por minuto (1 minuto=60
segundos).
Mire a documentacion "Options".
Comando de Impresion
(So en Linux e Unix)
O comando que se usa para imprimir e
actualmente un conxunto de comandos que
convirten un PNG nun PostScript e o envian a
impresora:
pngtopnm | pnmtops | lpr
Este comando pode cambiarse establecendo o
valor de "printcommand" no ficheiro de
configuracion de Tux Paint.
Mire a documentacion "Options".
Opcions de Impresion
(So para Windows)
Por defecto, Tux Paint so imprime na impresora
predeterminada cas opcions predeterminadas
cando se preme o boton 'Imprimir'.
Sen embargo, se preme a tecla [ALT] do teclado
mentres preme o boton, e se non esta no modo
pantalla completa, aparecera o dialogo de
impresion de Windows, onde podera trocar as
opcions.
Pode almacenar os trocos na configuracion de
impresora usando a opcion "printcfg", xa sexa
usando "--printcfg" na lina de comandos, ou
"printcfg=yes" no propio ficheiro de
configuracion de Tux Paint ("tuxpaint.cfg").
Se se usa a opcion "printcfg", as opcions de
impresion cargaranse dende o ficheiro
"userdata/print.cfg". Calquera troco gardarase
aqui tamen.
Mire a documentacion "Options".
----------------------------------------------------------------------
Sair
Se clica no boton "Sair", pecha a venta de Tux Paint, ou
preme a tecla "Escape" saira de Tux Paint.
(NOTA: O boton "Sair" pode deshabilitarse (p.ex., ca opcion
de lina de comandos "--noquit"), pero a tecla [Escape] ainda
funcionara. Mire a documentacion "Options".
Primeiro preguntaraselle se desexa sair.
Se escolle sair, e non gardou o debuxo actual,
preguntaraselle primeiro se desexa gardalo. Se non e unha
imaxe nova, enton preguntaraselle se desexa sobrescribir a
version antiga, ou crear unha nova entrada. (Mire "Gardar"
enriba.)
NOTA: Se se garda a imaxe, cargarase automaticamente a
seguinte vez que execute Tux Paint!
----------------------------------------------------------------------
Cargar Outros Debuxos en Tux Paint
Xa que o dialogo 'Abrir' de Tux Paint so mostra os debuxos que ti
creaches con Tux Paint, ?que ocorre se queres cargar algun outro debuxo
ou fotografia en Tux Paint para editar?
TPara facer isto, simplemente tes que converter o debuxo nun ficheiro de
imaxe PNG (Portable Network Graphic), e ponelo no directorio "saved" de
Tux Paint. ("~/.tuxpaint/saved/" en Linux e Unix, "userdata\saved\" en
Windows, "Library/Preferences/tuxpaint/saved/" en Mac OS X.)
Usando 'tuxpaint-import'
Os usuarios de Linux e Unix poden usar o script para shell
"tuxpaint-import" que se instalou o instala-lo Tux Paint. Este usa
algunhas das ferramentas NetPBM para converter a imaxe ("anytopnm"),
redimensionala de xeito que colla no lenzo de Tux Paint ("pnmscale"),
e convertela a PNG ("pnmtopng").
Tamen usa o comando "date" para obter a data e a hora actual, que e a
convencion de nomenclatura de ficheiros que usa Tux Paint para os
ficheiros gardados. (Lembra que nunca se che pide un 'nome de
ficheiro' cando vas gardar ou Abrir debuxos!)
Para usar 'tuxpaint-import', simplemente executa o comando dende unha
lina de comandos e proporcionalle o nome do(s) ficheiro(s) que desexas
converter.
Convertera os debuxos e poneraos no directorio 'saved' de Tux Paint.
(Nota: Se estas facendo isto para un usuario diferente - p.ex., o teu
neno, executa o comando usando a sua conta.)
Exemplo:
$ tuxpaint-import avoa.jpg
avoa.jpg -> /home/username/.tuxpaint/saved/20020921123456.png
jpegtopnm: WRITING A PPM FILE
A primeira lina ("tuxpaint-import avoa.jpg") e o comando a executar.
As duas linas seguintes son a saida do programa mentres esta
traballando.
Agora podes abrir o Tux Paint, e estara disponible unha version dese
debuxo orixinal no dialogo 'Abrir'. !Simplemente fai dobre clic na sua
icona!
Facendoo Manualmente
Os usuarios de Windows, Mac OS X e BeOS deben facer actualmente a
conversion manualmente.
Executa un programa de graficos que sexa capaz de cargar o debuxo e
gardalo coma un ficheiro de formato PNG. (Mira o ficheiro de
documentacion "PNG.txt" para obter unha lista de software suxerido, e
outras referencias).
Reduce o tamano da imaxe a un ancho maximo de 448 pixels de lado a
lado e un alto maximo de 376 pixels altura (ou sexa, o tamano maximo e
448 x 376 pixels).
Garda o debuxo con formato PNG. E moi recomendable que o nomees o
ficheiro usando a data e a hora actual, xa que e a convencion que usa
Tux Paint:
YYYYMMDDhhmmss.png
* YYYY = Ano
* MM = Mes (01-12)
* DD = Dia (01-31)
* HH = Hora, en formato de 24 horas (00-23)
* mm = Minuto (00-59)
* ss = Segundo (00-59)
p.ex.:
20020921130500 - para o 21 de Setembro de 2002, 1:05:00pm
Pon este ficheiro PNG no directorio 'saved' de Tux Paint. (Mira
enriba.)
En Windows, esta no cartafol "userdata". En Mac OS X, esta en
"Library/Preferences/tuxpaint/" no teu directorio persoal.
----------------------------------------------------------------------
Extendendo Tux Paint
Se desexas engadir ou trocar cousas coma os Pinceis e as Estampas de
Goma que se usan no Tux Paint, podes facelo de maneira sinxela ponendo
ou eliminando ficheiros no disco duro.
Nota: Compre reiniciar o Tux Paint para que os trocos tenan efecto.
Onde Estan Os Ficheiros
Ficheiros Estandar
Tux Paint busca os seus multiples ficheiros de datos no seu
directorio 'data'.
Linux e Unix
O sitio onde esta este directorio depende de que valor se
estableceu para "DATA_PREFIX" cando se compilou o Tux Paint. Mira
INSTALL.txt para obter mais detalles.
Por defecto, o directorio e:
/usr/local/share/tuxpaint/
Se o instalou dende un paquete, e mais probable que sexa:
/usr/share/tuxpaint/
Windows
Tux Paint busca un directorio chamado 'data' no mesmo directorio
no que esta o executable. Este e o directorio que o instalador
usou cando se instalou o Tux Paint, p.ex.:
C:\Archivos de programa\TuxPaint\data
Mac OS X
Tux Paint almacena os ficheiros no teu cartafol "Libraries" da tua
conta, en "Preferences", p.ex.:
/Users/Joe/Library/Preferences/
----------------------------------------------------------------------
Ficheiros Persoais
Tamen podes crear pinceis, estampas, fontes e imaxes 'iniciais' no
teu propio directorio para que Tux Paint os atope.
Linux e Unix
O teu directorio persoal de Tux Paint e "~/.tuxpaint/".
Ou sexa, se o teu directorio persoal e "/home/karl", enton o teu
directorio de Tux Paint e "/home/karl/.tuxpaint/".
Non esquezas o punto (".") antes de 'tuxpaint'!
Windows
O teu directorio persoal de Tux Paint chamase "userdata" e esta no
mesmo directorio co executable, p.ex.:
C:\Archivos de programa\TuxPaint\userdata
Para engadir pinceis, estampas, fontes, e imaxes 'iniciais', crea
subdirectorios no teu directorio persoal de Tux Paint que se chamen
"brushes", "stamps", "fonts" e "starters" respectivamente.
(Por exemplo, se creaches un pincel que se chama "flower.png",
deberias ponelo en "~/.tuxpaint/brushes/" en Linux ou Unix.)
----------------------------------------------------------------------
Pinceis
Os pinceis que se usan para debuxar cas ferramentas 'Pintar' e 'Linas'
de Tux Paint son simplemente imaxes PNG en escala de grises.
A alfa (transparencia) da imaxe PNG usase para determinar a forma do
pincel, o que significa que a forma pode ser 'anti-aliased' e incluso
parcialmente transparente!
As imaxes dos pinceis non deben ter mais de 40 pixels o ancho e non
deben ter mais de 40 pixels de alto. (ou sexa, o tamano maximo e 40 x
40.)
Simplemente ponas no directorio "brushes".
Nota: Se todolos teus novos pinceis aparecen coma cadrados ou
rectangulos solidos, e porque esqueciches usar a transparencia alfa!
Mira o ficheiro de documentacion "PNG.txt" para obter mais informacion
e consellos.
----------------------------------------------------------------------
Estampas
Todolos ficheiros relacionados cas estampas estan no directorio
"stamps". E util crear subdirectorios e sub-subdirectorios para
organizar as estampas. (Por exemplo, podes ter un cartafol "vacacions"
cos subcartafoles "halloween" e "nadal").
Imaxes
As Estampas de Goma en Tux Paint poden estar compostas por varios
ficheiros independentes. O unico ficheiro que e imprescindible e,
dende logo, o debuxo.
As Estampas que usa Tux Paint son imaxes PNG. Poden ser de cores ou
de escala de grises. A alfa (transparencia) do PNG usase para
determinar a forma real do debuxo (doutra maneira, estamparas un
rectangulo grande nos debuxos).
Os PNGs poden ser de calquera tamano, pero na practica, unha de 100
pixels de ancho por 100 pixels de alto (100 x 100) e grande de mais
para Tux Paint.
Nota: Se todalas tuas novas estampas tenen un contorno solido de
forma rectangular dunha cor solida (p.ex. branco ou negro), e porque
esqueciches usar a transparencia alfa! Mira o ficheiro de
documentacion "PNG.txt" para obter mais detalles e consellos.
----------------------------------------------------------------------
Texto de Descricion
Ficheiros de texto (".TXT") co mesmo nome co PNG. (p.ex. a
descricion de "debuxo.png" almacenase en "debuxo.txt" que esta no
mesmo directorio).
A primeira lina do ficheiro de texto usarase para a descricion da
imaxe de estampa en Ingles de Estados Unidos. Debe estar codificado
en UTF-8.
Soporte de Linguas
Poden engadirse linas adicionais o ficheiro de texto para
proporcionar traduccions da descricion, para amosalas cando Tux
Paint se esta executando nunha lingua diferente (coma o Frances ou
o Espanol).
O comezo da lina debe corresponder co codigo da lingua en cuestion
(p.ex. "fr" para o Frances, e "zh_tw" para o Chines Tradicional),
seguido por ".utf8=" e a descricion traducida (codificada en
UTF-8).
Hai scripts no directorio "po" para converti-los ficheiros de
texto a formato PO (e o reves) para traducir facilmente a
diferentes linguas. Polo tanto nunca debes engadir ou cambiar as
traduccions dos ficheiros .txt directamente.
Se non hai traduccion disponible para a lingua na que se esta
executando Tux Paint, usarase o texto en Ingles de Estados Unidos.
Usuarios de Windows
Usa o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para editar/crear estes
ficheiros. Asegurate de gardalos coma Texto Plano, e asegurate de
que tenen a extension ".txt" (o nome do ficheiro remata en
".txt")...
----------------------------------------------------------------------
Efectos de Son
Ficheiros WAVE (".WAV") co mesmo nome co PNG. (p.ex. o efecto de son
de "debuxo.png" e o ficheiro de son "debuxo.wav" que esta no mesmo
directorio).
Soporte de Linguas
Para ter sons para idiomas diferentes (p.ex., se o son e alguen
dicindo unha palabra, e queres versions traducidas da palabra),
tamen podes crear ficheiros WAV co mesmo codigo de idioma no nome
do ficheiro, da forma: "ESTAMPA_CODIGO.wav"
O efecto de son de "debuxo.png", cando Tux Paint se esta
executando en Espanol, deberia ser "debuxo_es.wav". En Frances,
"debuxo_fr.wav". Etc...
----------------------------------------------------------------------
Opcions das Estampas
Ademais dunha forma grafica, un descricion, e un efecto de son, as
estampas tamen poden ter outros atributos. Para facer isto, compre
crear un ficheiro de 'datos' para a estampa.
Un ficheiro de datos dunha estampa e soamente un ficheiro de texto
que conten as opcions.
O ficheiro ten o mesmo nome ca imaxe PNG, pero con extension ".dat".
(p.ex., o ficheiro de datos de "debuxo.png" e o ficheiro de texto
"debuxo.dat" que esta no mesmo directorio).
Estampas de Cor
As estampas poden ser feitas para ser "colorables" ou
"tinguibles".
Colorables
As estampas "colorables" son coma pinceis - colles a estampa
para conseguir a forma, e despois colles a cor que queres que
tena. (As estampas de simbolos, coma os matematicos e os
musicais son un exemplo).
Non se usa nada da imaxe orixinal agas a transparencia (canle
"alfa"). A cor da estampa e unha cor solida.
Engade a palabra "colorable" o ficheiro de datos da estampa.
Tinguibles
As estampas "tinguibles" son similares as "colorables", excepto
por que se conservan os detalles da imaxe orixinal. (Expresandoo
tecnicamente, usase a imaxe orixinal, pero o seu matiz cambiase,
baseandose na cor seleccionada).
Engade a palabra "tintable" o ficheiro de datos da estampa.
Algunhas veces non queres tinguir as partes en branco ou gris
dunha imaxe (mira, por exemplo, a estampa do rotulador
imborrable no paquete predeterminado de estampas). Podes engadir
a palabra "notintgray" o ficheiro de datos da estampa para
conseguir isto. Deste xeito so se tinguiran as areas cunha
saturacion superior o 25%.
Estampas Inalterables
Por defecto, unha estampa pode ser invertida co de riba para
abaixo, espellada, ou as duas cousas a un tempo. Isto faise usando
os botons de control debaixo do selector de estampas, na parte
inferior esquerda da venta de Tux Paint.
Algunhas veces, non ten sentido que unha estampa poida inverterse
ou espellarse; por exemplo, as estampas de letras ou numeros. A
veces as estampas son simetricas, asi que deixarlle o usuario
invertelas ou espellalas non e util.
Para facer que non se poida inverter unha estampa, engade a opcion
"noflip" o ficheiro de datos da estampa.
Para evitar que unha estampa poida ser espellada, engade a opcion
"nomirror" o ficheiro de datos da estampa.
Usuarios de Windows
Podes usar o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para crear estes
ficheiros. Asegurate de gardalos coma Texto Plano, e de que o seu
nome de ficheiro ten ".dat" no remate, e non ".txt"...
Imaxes Pre-Espelladas
Nalguns casos, poderias querer proporcionar unha version
pre-debuxada dunha imaxes espellada dunha estampa. Por exemplo,
imaxina un debuxo dun camion de bombeiros cas palabras "Bombeiros"
escritas nun lado. !Probablementes non quereras que o texto apareza
o reves cando se espelle a imaxe!
Para crear unha version espellada dunha estampa que queres que use
Tux Paint, mellor ca espellala, simplemente crea un segundo ficheiro
".png" co mesmo nome, excepto que levara a cadea "_mirror" antes da
extension.
Por exemplo, para a estampa "camion.png" poderias crear outro
ficheiro chamado "camion_mirror.png", que se usara cando se espelle
a estampa (mellor ca usar unha version o reves de 'camion.png').
----------------------------------------------------------------------
Fontes
As fontes que usa Tux Paint son as TrueType Fonts (TTF).
Simplemente ponas no directorio "fonts". Tux Paint cargara a fonte e
proporcionara catro tamanos diferentes no selector 'Letras' cando se
use a ferramenta 'Texto'.
----------------------------------------------------------------------
Imaxes 'Iniciais'
As imaxes 'Iniciais' aparecen no dialogo 'Abrir', xunto cos debuxos
que creaches. Tenen un boton verde de fondo, en vez de azul.
A diferencia dos teus debuxos gardados, cando seleccionas e abres unha
imaxe 'inicial', realmente estas creando un novo debuxo. No canto de
estar en branco, o novo debuxo conten o contido da imaxe 'inicial'.
Ademais, cando editas o teu novo debuxo, o contido da imaxe 'inicial'
orixinal afectalle.
Estilo Caderno de Debuxo (Coloring-Book Style)
O tipo de imaxe 'inicial' mais basico e semellante a un debuxo dun
caderno de debuxo (coloring book). E o contorno dunha forma que se
pode colorear e engadirlle detalles. En Tux Paint, mentres debuxas,
escribes texto, ou pos estampas, o contorno permanece 'enriba' do
que debuxas. Podes borrar as partes do debuxo que fixeches, pero non
podes borrar o contorno.
Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente debuxa un
debuxo sen contornos (outlined) nun programa de debuxo, fai que o
resto do grafico sexa transparente (isto aparecera en branco no Tux
Paint), e gardao coma un ficheiro de imaxe con formato PNG.
Estilo Escenario
Xunto ca capa (overlay) de estilo 'caderno de debuxo' (coloring-book
style), tamen podes proporcionar unha imaxe de fondo distinta coma
parte dunha imaxe 'inicial'. A capa actua do mesmo xeito: non se
pode debuxar enriba dela, borrarse, nin lle afectan as ferramentas
'Maxicas'. !Sen embargo, no fondo si que se pode!
Cando se usa a ferramenta 'Goma' nun debuxo baseado neste tipo de
imaxe 'inicial', no canto de poner o lenzo en branco, volve aparecer
nesa parte do lenzo o debuxo do fondo orixinal.
Creando unha capa e un fondo, podes crear unha imaxe 'inicial' que
simule profundidade. Imaxina un fondo que amosa o oceano, e unha
capa que e o debuxo dun arrecife. Enton podes debuxar (ou estampar)
peixes no debuxo. Estes apareceran no oceano, pero nunca 'diante' do
arrecife.
Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente crea unha capa
(con transparencia alfa) como se describe enriba, e gardaa coma unha
imaxe PNG. Despois crea outra imaxe (sen transparencia), e gardaa co
mesmo nome de ficheiro, pero con "-back" no final do nome. (p.ex.,
"arrecife-back.png" seria o debuxo do oceano do fondo que lle
corresponde a capa "arrecife.png", ou primeiro plano).
As imaxes 'iniciais' deben ter o mesmo tamano co lenzo de Tux Paint.
No modo predeterminado 640x480, seria de 448x376 pixels. Se estas
usando o modo 800x600 mode, debe ser de 608x496. (Debe ter 192 pixels
menos o ancho, e 104 pixels menos o alto ca resolucion).
Ponas no directorio "starters". Cando se acceda o dialogo 'Abrir' en
Tux Paint, as imaxes 'iniciais' apareceran cun fondo verde no comezo
da lista.
Nota: Nota: As imaxes 'iniciais' non poden sobrescribirse dende Tux
Paint, xa que cargar unha imaxe 'inicial' e en realidade crear unha
imaxe nova. ( Pero non esta en branco, xa que hai algo co que
traballar). O comando 'Gardar' simplemente crea un novo debuxo, coma
se se usara o comando 'Novo'.
Nota: As imaxes 'iniciais' estan 'ligadas' os debuxos gardados, usando
un pequeno ficheiro de texto que ten o mesmo nome co ficheiro gardado,
pero con ".dat" coma extension. Isto permite que a capa superior e
fondo, se hai algun, continuen afectando o debuxo incluso despois de
que pechar o Tux Paint, ou se cargue ou comece outro debuxo. (Noutras
palabras, se baseas un debuxo nunha imaxe 'inicial', esta sempre lle
afectara).
----------------------------------------------------------------------
Lecturas Adicionais
A outra documentacion incluida con (no cartafol/directorio "docs":
* AUTHORS.txt
Lista de autores e contribuintes
* CHANGES.txt
Resumo dos trocos entre versions
* COPYING.txt
Licenza (A GNU General Public License)
* INSTALL.txt
Instruccions para compilar/instalar, cando sexa posible
* OPTIONS.html
Instruccions detalladas sobre as opcions da lina de comandos e do
ficheiro de configuracion, para aqueles que non queren usar Tux
Paint Config.
* PNG.txt
Notas para crear imaxes de formato PNG para usar en Tux Paint
* TODO.txt
Unha lista das caracteristicas pendentes ou erros que necesitan
solucion
----------------------------------------------------------------------
Como Conseguir Axuda
Se necesitas axuda, sintete libre de contactar con New Breed Software:
http://www.newbreedsoftware.com/
Tamen podes participar nas multiples listas de correo de Tux Paint:
http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/lists/