Committing re-/new-translation of docs to Galician
Miguel Anxo Bouzada
This commit is contained in:
parent
cb50065919
commit
82ea621acf
19 changed files with 13905 additions and 2313 deletions
658
docs/gl_ES.UTF-8/FAQ.txt
Normal file
658
docs/gl_ES.UTF-8/FAQ.txt
Normal file
|
|
@ -0,0 +1,658 @@
|
|||
Tux Paint
|
||||
versión 0.9.26 Preguntas máis frecuentes
|
||||
|
||||
Copyright © 2002-2021 por varios colaboradores; vexa AUTORES (AUTHORS).
|
||||
http://www.tuxpaint.org/
|
||||
|
||||
23 Xaneiro 2021
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Relacionado co debuxo
|
||||
|
||||
Os tipos de letra que engadín a Tux Paint só amosan cadrados
|
||||
O tipo de letra TrueType que está a usar pode ter unha
|
||||
codificación incorrecta. Se está codificado «personalizado», por
|
||||
exemplo, pode tentar executalo a través de FontForge
|
||||
(http://fontforge.sourceforge.net/) para convertelo a un formato
|
||||
ISO-8859. (Envíanos un correo electrónico se precisas axuda con
|
||||
tipos de letra especiais.)
|
||||
|
||||
A ferramenta «Selo de caucho» está gris.
|
||||
|
||||
Isto significa que Tux Paint non atopou ningunha imaxe de selo ou
|
||||
se lle pediu que non as cargase.
|
||||
|
||||
Se instalou Tux Paint, pero non instalou a colección opcional
|
||||
separada de «Selos», saia de Tux Paint e instálea agora. Debe
|
||||
estar dispoñíbel no mesmo lugar no que obtivo o programa principal
|
||||
de Tux Paint. (Nota: A partir da versión 0.9.14, Tux Paint inclúe
|
||||
unha pequena colección de selos de exemplo.)
|
||||
|
||||
Se non quere instalar a colección predeterminada de selos, pode
|
||||
crear os seu.s Vexa a documentación «Ampliar Tux Paint» para obter
|
||||
máis información sobre como crear ficheiros de imaxe PNG e SVG,
|
||||
ficheiros de descrición de texto TXT, ficheiros de son Ogg Vorbis,
|
||||
MP3 ou WAV e ficheiros de datos de texto DAT que compoñen os
|
||||
selos.
|
||||
|
||||
Finalmente, se instalou selos e pensa que deberían cargarse,
|
||||
comprobe que a opción «nostamps» non está configurada. (Ben sexa
|
||||
mediante a opción «--nostamps» na liña de ordes de Tux Paint ou
|
||||
«nostamps=yes» no ficheiro de configuración.)
|
||||
|
||||
Cambie ou elimine a opción «nostamps» ou pode anulala con
|
||||
«--stamps» na liña de ordes ou con «nostamps=no» ou »stamps=yes»
|
||||
nun ficheiro de configuración.
|
||||
|
||||
A ferramenta de «encher» vese mal
|
||||
|
||||
Tux Paint probabelmente estea a comparar as cores exactas dos
|
||||
píxeles ao encher. Isto é máis rápido, pero ten un aspecto peor.
|
||||
Execute a orde «tuxpaint --verbose-version» dende unha liña de
|
||||
ordes e debe ver, entre outras saídas: «Low Quality Flood Fill
|
||||
enabled».
|
||||
|
||||
Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende as fontes.
|
||||
Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:
|
||||
|
||||
#define LOW_QUALITY_FLOOD_FILL
|
||||
|
||||
no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».
|
||||
|
||||
Os contornos do selo son sempre rectángulos
|
||||
|
||||
Tux Paint foi compilado con contornos de selo de baixa calidade
|
||||
(pero máis rápidos).
|
||||
|
||||
Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende as fontes.
|
||||
Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:
|
||||
|
||||
#define LOW_QUALITY_STAMP_OUTLINE
|
||||
|
||||
no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Problemas de interface
|
||||
|
||||
As miniaturas dos selos no selector de selos vense mal
|
||||
|
||||
Probabelmente Tux Paint foi compilado co código de miniaturas máis
|
||||
rápidoase de menor calidade activado. Executa a orde «tuxpaint
|
||||
--verbose-version» dende unha liña de ordes. Se, entre outras
|
||||
saídas, ves o texto: «Low Quality Thumbnails enabled», entón é
|
||||
isto o que está a suceder.
|
||||
|
||||
Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende as fontes.
|
||||
Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:
|
||||
|
||||
#define LOW_QUALITY_THUMBNAILS
|
||||
|
||||
no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».
|
||||
|
||||
As imaxes do diálogo «Abrir» vense mal
|
||||
Probabelmente estea activada a opción «Miniaturas de baixa
|
||||
calidade». Vexa: «As miniaturas dos selos no selector de selos
|
||||
vense mal», arriba.
|
||||
|
||||
Os botóns de selección de cores son cadrados feos, e non botóns bonitos.
|
||||
|
||||
Tux Paint probabelmente compilado desactivando os fermosos botóns
|
||||
de selección de cor. Executa a orde: «tuxpaint --verbose-version»
|
||||
dende unha liña de ordes. Se, entre outras saídas, ves o texto:
|
||||
«Low Quality Color Selector enabled», entón é isto o que está a
|
||||
suceder.
|
||||
|
||||
Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende as fontes.
|
||||
Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:
|
||||
|
||||
#define LOW_QUALITY_COLOR_SELECTOR
|
||||
|
||||
no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».
|
||||
|
||||
Todo o texto está en maiúscula.
|
||||
|
||||
Está activada a opción «maiúsculas».
|
||||
|
||||
Cambie ou elimine a opción «uppercase» ou pode anulala con
|
||||
«--mixedcase» na liña de ordes ou con «uppercase=no» ou
|
||||
»mixedcase=yes» nun ficheiro de configuración.
|
||||
|
||||
Tux Paint está noutro idioma
|
||||
Asegúrese de que a súa configuración rexional sexa correcto. Vexa
|
||||
«Tux Paint non cambia ao meu idioma», máis abaixo.
|
||||
|
||||
Tux Paint non cambia ao meu idioma
|
||||
* Usuarios de Linux e Unix: asegúrese de que o idioma está
|
||||
dispoñíbel
|
||||
|
||||
Asegúrese de que a configuración rexional que desexa está
|
||||
dispoñible. Comprobe o seu ficheiro «/etc/locale.gen». Vexa a
|
||||
«Documentación de opcións» para coñecer as configuracións
|
||||
rexionais que usa Tux Paint (especialmente cando se usa a
|
||||
opción «--lang»).
|
||||
|
||||
Nota: os usuarios de Debian e derivados (p. ex.: Ubuntu)
|
||||
poden simplemente executar «dpkg-reconfigure locales» se se a
|
||||
configuración local é xestionada por «dpkg».
|
||||
|
||||
* Se está a empregar a opción de liña de ordes «--lang»
|
||||
|
||||
Probe a usar a opción de liña de ordes «--locale» ou a
|
||||
configuración rexional do seu sistema operativo (p. ex.: a
|
||||
variábel de contorno «$LANG») e envíenos un correo-e con
|
||||
respecto ao seu problema.
|
||||
|
||||
* Se está a empregar a opción de liña de ordes «--locale»
|
||||
|
||||
Se isto non funciona, envíenos un correo-e con respecto ao
|
||||
seu problema.
|
||||
|
||||
* Se está a empregar a configuración rexional do seu sistema
|
||||
operativo
|
||||
|
||||
Se isto non funciona, envíenos un correo-e con respecto ao
|
||||
seu problema.
|
||||
|
||||
* Asegúrese de ter o tipo de letra necesario
|
||||
|
||||
Algunhas traducións requiren o seu propio tipo de letra. O
|
||||
chinés e o coreano, por exemplo, precisan que os tipos de
|
||||
letra TrueType chinés e coreano estean instalados e colocados
|
||||
no lugar adecuado, respectivamente.
|
||||
|
||||
Os tipos de letra axeitados para estas configuracións
|
||||
rexionais pódense descargar dende o sitio web de Tux Paint:
|
||||
|
||||
http://www.tuxpaint.org/download/fonts/
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Impresión
|
||||
|
||||
Tux Paint non imprime, produce un erro ou imprime lixo (Unix/Linux)
|
||||
|
||||
Tux Paint imprime creando unha representación PostScript da imaxe
|
||||
e enviándoa a unha orde externa. De xeito predeterminado, esta
|
||||
orde é a ferramenta de impresión «lpr».
|
||||
|
||||
Se ese programa non está dispoñible (por exemplo, está a usar
|
||||
CUPS, o Sistema Común de Impresión Unix e non ten instalado
|
||||
«cups-lpr»), terá que especificar unha orde apropiada usando a
|
||||
opción «printcommand» no ficheiro de configuración de Tux Paint.
|
||||
(Vexa a «Documentación de opcións».)
|
||||
|
||||
Nota: As versións de Tux Paint anteriores ao 0.9.15 usaban unha
|
||||
orde predeterminada diferente para imprimir, «pngtopnm | pnmtops |
|
||||
lpr», como formato PNG de saída de Tux PaintNG, no canto de
|
||||
PostScript.
|
||||
|
||||
Se xa cambiara a súa opción «printcommand» antes de Tux Paint
|
||||
0.9.15, terá que volver atras e modificala para que acepte
|
||||
PostScript.
|
||||
|
||||
Recibo a mensaxe «Aínda non pode imprimir» cando vou imprimir
|
||||
|
||||
A opción «atraso de impresión» está activada. Só pode imprimir
|
||||
unha vez cada X segundos.
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese
|
||||
de que non está a pasarlle a opción «--printdelay=...».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona,
|
||||
comprobe as propiedades da icona para ver se «--printdelay=...»
|
||||
aparece como un argumento da liña de ordes.
|
||||
|
||||
Se non se está a enviar a opción «--printdelay=...» na liña de
|
||||
ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver
|
||||
se hai unha liña que diga: «printdelay=...».
|
||||
|
||||
Retire esa liña, configure o valor de atraso en 0 (sen atraso) ou
|
||||
diminúa o atraso a o valor que prefira. (Vexa a «Documentación de
|
||||
opcións».)
|
||||
|
||||
Ou, simplemente pode executar Tux Paint co argumento da liña de
|
||||
ordes: «--printdelay=0», que anulará o axuste do ficheiro de
|
||||
configuración e permitirá a impresión ilimitada. (Non terás aue
|
||||
agardar entre impresións).
|
||||
|
||||
Simplemente non podo imprimir. O botón está gris.
|
||||
|
||||
A opción «non imprimir» está activada.
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese
|
||||
de que non está a pasarlle a opción «--noprint».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona,
|
||||
comprobe as propiedades da icona para ver se «--noprint» aparece
|
||||
como un argumento da liña de ordes.
|
||||
|
||||
Se non se está a enviar a opción «--noprint» na liña de ordes,
|
||||
comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai
|
||||
unha liña que diga: «noprint=yes».
|
||||
|
||||
Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da
|
||||
liña de ordes «--print», que anulará o axuste do ficheiro de
|
||||
configuración.
|
||||
|
||||
Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Permitir a impresión»
|
||||
(baixo «Impresión») está marcado.
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Gardar
|
||||
|
||||
Onde garda Tux Paint os meus debuxos?
|
||||
|
||||
A non ser que lle solicite a Tux Paint que garde nun lugar
|
||||
específico (usando a opción «savedir»), Tux Paint garda nun lugar
|
||||
estándar na súa unidade local:
|
||||
|
||||
Windows Vista, Windows 8, Windows 10
|
||||
No cartafol «AppData» do usuario:
|
||||
p. ex.: C:\Users\nome de
|
||||
usuario\AppData\Roaming\TuxPaint\saved
|
||||
|
||||
Windows 95, 98, ME, 2000, XP
|
||||
No cartafol «Datos da aplicación» do usuario:
|
||||
p. ex.: C:\Documents and Settings\nome de
|
||||
usuario\Application Darta\TuxPaint\ saved
|
||||
|
||||
macOS
|
||||
No cartafol «Asistencia de aplicacións» do usuario::
|
||||
e.g., /Users/nome de usuario/Library/Applicaton
|
||||
Support/TuxPaint/saved/
|
||||
|
||||
Linux / Unix
|
||||
No directorio persoal do usuario («$HOME»), baixo un
|
||||
subcartafol «.tuxpaint»:
|
||||
e.g., /home/nome de usuario/.tuxpaint/saved/
|
||||
|
||||
As imaxes almacénanse como mapas de bits PNG, que a maioría dos
|
||||
programas modernos deberían poder cargar (editores de imaxes,
|
||||
procesadores de texto, navegadores web, etc.)
|
||||
|
||||
Tux Paint sempre garda sobre a miña imaxe antiga
|
||||
|
||||
A opción «save over» está activada. (Isto desactiva a pregunta que
|
||||
aparecería ao premer en «Gardar»).
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese
|
||||
de que non está a pasarlle a opción «--saveover».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona,
|
||||
comprobe as propiedades da icona para ver se «--saveover» aparece
|
||||
como un argumento da liña de ordes.
|
||||
|
||||
Se non se está a enviar a opción «--saveover» na liña de ordes,
|
||||
comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai
|
||||
unha liña que diga: «saveover=yes».
|
||||
|
||||
Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da
|
||||
liña de ordes «--saveoverask», que anulará o axuste do ficheiro de
|
||||
configuración.
|
||||
|
||||
Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Preguntar antes de
|
||||
sobrescribir» (baixo «Gardar») está marcado.
|
||||
|
||||
Ademais, vexa «Tux Paint sempre garda unha nova imaxe», a
|
||||
continuación.
|
||||
|
||||
Tux Paint sempre garda unha nova imaxe.
|
||||
|
||||
A opción «never save over» está activada. (Isto desactiva a
|
||||
pregunta que aparecería ao premer en «Gardar»).
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese
|
||||
de que non está a pasarlle a opción «--saveovernew».
|
||||
|
||||
If you're running Tux Paint by double-clicking an icon, check the
|
||||
properties of the icon to see if "--saveovernew" is listed as an
|
||||
argument.
|
||||
|
||||
If "--saveovernew" isn't on the command-line, check Tux Paint's
|
||||
configuration file ("~/.tuxpaintrc" under Linux and Unix,
|
||||
"tuxpaint.cfg" under Windows) for a line reading: "saveover=new".
|
||||
|
||||
Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da
|
||||
liña de ordes «--saveoverask», que anulará o axuste do ficheiro de
|
||||
configuración.
|
||||
|
||||
Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Preguntar antes de
|
||||
sobrescribir» (baixo «Gardar») está marcado.
|
||||
|
||||
Also, see "Tux Paint always saves over my old picture!", above.
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Problemas de son
|
||||
|
||||
Non hai son.
|
||||
* Primeiro, comprobe o obvio:
|
||||
* Están conectados e acendidos os altofalantes?
|
||||
* Subiu o volume dos altofalantes?
|
||||
* Subiu o volume no «mesturador» do seu sistema operativo?
|
||||
* Estás seguro de que está a usar un computador con
|
||||
tarxeta de son?
|
||||
* Existe algún outro programa que use son? (É posíbel que
|
||||
estea «bloqueando» o acceso de Tux Paint ao seu
|
||||
dispositivo de son)
|
||||
* (Unix/Linux) Está a usar un sistema de son, como aRts,
|
||||
ESD ou GStreamer? Se é así, tente axustar a variábel de
|
||||
contorno «SDL_AUDIODRIVER« antes de executar Tux Paint
|
||||
(p. ex.: «export SDL_AUDIODRIVER=arts»). Ou execute Tux
|
||||
Paint a través do redireccionador do sistema (p. ex.:
|
||||
execute «artsdsp tuxpaint» ou «esddsp tuxpaint», no
|
||||
canto de simplemente «tuxpaint»).
|
||||
* Está desactivado o son en Tux Paint?
|
||||
|
||||
Se o son parece funcionar doutro xeito (e está seguro de que
|
||||
ningún outro programa «bloquea» o dispositivo de son), é
|
||||
posíbel que Tux Paint estea a executarse coa opción «sen
|
||||
son».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes,
|
||||
asegúrese de que non está a pasarlle a opción «--nosound».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona,
|
||||
comprobe as propiedades da icona para ver se «--nosound»
|
||||
aparece como un argumento da liña de ordes.
|
||||
|
||||
Se non se está a enviar a opción «--nosound» na liña de
|
||||
ordes, comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para
|
||||
ver se hai unha liña que diga: «nosound=yes».
|
||||
|
||||
Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento
|
||||
da liña de ordes «--sound», que anulará o axuste do ficheiro
|
||||
de configuración.
|
||||
|
||||
Ou, simplemente pode executar Tux Paint co argumento da liña
|
||||
de ordes: «Activar os efectos de son», que anulará o axuste
|
||||
do ficheiro de configuración e permitirá a impresión
|
||||
ilimitada. (Non terás aue agardar entre impresións).
|
||||
|
||||
* Desactiváronse os sons temporalmente?
|
||||
|
||||
Mesmo se os sons están activados en Tux Paint, é posíbel
|
||||
desactivalos e reactivalos temporalmente usando a secuencia
|
||||
de teclas [Alt] + [S]. Probe a premer esas teclas para ver se
|
||||
os sons comezan a funcionar de novo.
|
||||
|
||||
* Foi compilado Tux Paint sen compatibilidade con son?
|
||||
|
||||
É posible que Tux Paint se compilase coa compatibilidade de
|
||||
son desactivada. Para comprobar se a compatibilidade de son
|
||||
estivo activado cando se compilou Tux Paint, execute Tux
|
||||
Paint dende unha liña de ordes, así:
|
||||
|
||||
tuxpaint --verbose-version
|
||||
|
||||
Se, entre outra información, ve «Son desactivado», entón a
|
||||
versión de Tux Paint que está a executar ten o son
|
||||
desactivado. Recompile Tux Paint e asegúrese de NON construír
|
||||
o obxectivo «nosound». (é dicir, non execute «make nosound»)
|
||||
Asegúrese de que a biblioteca SDL_mixer e as súas cabeceiras
|
||||
de desenvolvemento están dispoñíbeis.
|
||||
|
||||
Tux Paint fai moito ruído. Podo apagalo?
|
||||
|
||||
Si, hai varias formas de desactivar os sons en Tux Paint:
|
||||
|
||||
* Prema [Alt] + [S] mentres está en Tux Paint para desactivar
|
||||
temporalmente os sons. (Prema de novo esa secuencia de teclas
|
||||
para volver activar os sons.)
|
||||
* Execute Tux Paint coa opción «sen son»:
|
||||
* Execute «tuxpaint --nosound» dende a liña de ordes,
|
||||
dende o atallo ou dende a icona do escritorio.
|
||||
* Edite o ficheiro de configuración de Tux Paint (consulte
|
||||
a «Documentación de opcións» para obter máis detalles) e
|
||||
engada unha liña que conteña «nosound=yes».
|
||||
* Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Activar os
|
||||
efectos de son» (baixo «Vídeo e son») non está marcado.
|
||||
* Como alternativa, recompile Tux Paint coa
|
||||
compatibilidade de son desactivada. (Vexa máis arriba e
|
||||
a documentación «Instalar».
|
||||
|
||||
A panorámica estéreo dos efectos de son é molesta; os efectos de son poden
|
||||
ser monofónicos?
|
||||
|
||||
Execute Tux Paint coa opción «sen estéreo»:
|
||||
|
||||
* Execute «tuxpaint --nostereo» dende a liña de ordes, dende o
|
||||
atallo ou dende a icona do escritorio.
|
||||
* Edite o ficheiro de configuración de Tux Paint (consulte a
|
||||
«Documentación de opcións» para obter máis detalles) e engada
|
||||
unha liña que conteña «nostereo=yes».
|
||||
* Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Activar os efectos
|
||||
estéreo» (baixo «Vídeo e son») non está marcado.
|
||||
|
||||
Os efectos de son soan estraños
|
||||
|
||||
Isto podería ter que ver con como se inicializaron SDL e
|
||||
SDL_mixer. (O tamaño do búfer escollido.)
|
||||
|
||||
Envíenos un correo-e con detalles sobre o seu sistema informático.
|
||||
(Sistema operativo e versión, tarxeta de son, que versión de Tux
|
||||
Paint está a executar (execute «tuxpaint --version» para
|
||||
verificar), etc.)
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Problemas no modo de pantalla completa
|
||||
|
||||
Cando executo Tux Paint a pantalla completa e [Alt] + [Tab] está fóra, a
|
||||
xanela vólvese negra.
|
||||
Aparentemente é un erro na biblioteca SDL. Sentímolo.
|
||||
|
||||
Cando executo Tux Paint a pantalla completa, ten grandes bordos ao redor
|
||||
|
||||
Usuarios de Linux: o seu servidor X-Window probablemente non estea
|
||||
configurado coa capacidade de cambiar á resolución desexada:
|
||||
800×600. (ou a resolución que teña configurada para Tux Paint para
|
||||
que funcione.) (Normalmente faise manualmente no servidor X-Window
|
||||
premendo [Ctrl] + [Alt] + [Máis (+) no teclado numérico] e [Ctrl]
|
||||
+ [Alt] + [Menos (-) no teclado numérico].)
|
||||
|
||||
Para que isto funcione, o monitor debe admitir esa resolución e
|
||||
cómpre que apareza na súa configuración do servidor X.
|
||||
|
||||
Comprobe a subsección «Display» da sección «Screen» do seu
|
||||
ficheiro de configuración XFree86 ou X.org (normalmente
|
||||
«/etc/X11/XF86Config-4» ou «/etc/X11/XF86Config», dependendo da
|
||||
versión de XFree86 que estea a usar; 3.x ou 4.x, respectivamente,
|
||||
ou «/etc/X11/xorg.conf» para X.org)
|
||||
|
||||
Engada «800x600» (ou as resolucións que queira) á liña «Modes»
|
||||
apropiada. (por exemplo, na subsección «Display» que contén a
|
||||
profundidade de cor de 24 bits («Depth 24»), que é o que Tux Paint
|
||||
tenta usar.)
|
||||
|
||||
Modes "1280x1024" "1024x768" "800x600" "640x480"
|
||||
|
||||
Teña en conta que algunhas distribucións de Linux teñen
|
||||
ferramentas que poden facer estes cambios. Os usuarios de Debian
|
||||
poden executar a orde «dpkg-reconfigure xserver-xfree86» como
|
||||
superusuario (root), por exemplo.
|
||||
|
||||
Tux Paint segue a funcionar en modo de pantalla completa e quéroo na
|
||||
xanela.
|
||||
|
||||
A opción «pantalla completa» está estabelecida.
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese
|
||||
de que non está a pasarlle a opción «--fullscreen».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona,
|
||||
comprobe as propiedades da icona para ver se «--fullscreen»
|
||||
aparece como un argumento da liña de ordes.
|
||||
|
||||
Se non se está a enviar a opción «--fullscreen» na liña de ordes,
|
||||
comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai
|
||||
unha liña que diga: «fullscreen=yes».
|
||||
|
||||
Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da
|
||||
liña de ordes «--windowed», que anulará o axuste do ficheiro de
|
||||
configuración.
|
||||
|
||||
Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Pantalla completa» (baixo
|
||||
«Vídeo e son») non está marcado.
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Outros problemas
|
||||
|
||||
Tux Paint non funciona
|
||||
|
||||
Se Tux Paint se interrómpe coa mensaxe: «You're already running a
|
||||
copy of Tux Paint!», significa que foi iniciado nos últimos 30
|
||||
segundos. (En Unix/Linux, esta mensaxe aparecería nunha consola de
|
||||
terminal se executase Tux Paint desde unha liña de ordes. En
|
||||
Windows, esta mensaxe aparecería nun ficheiro chamado «stdout.txt»
|
||||
no mesmo cartafol onde resideTuxPaint. exe (p. ex.: en «C:\Program
|
||||
Files\TuxPaint»).
|
||||
|
||||
Un ficheiro de bloqueo («~/.tuxpaint/lockfile.dat» en Linux e
|
||||
Unix, «userdata\lockfile.dat» en Windows) úsase para asegurarse de
|
||||
que Tux Paint non se executa demasiadas veces á vez (por exemplo,
|
||||
porque un neno preme impaciente na súa icona máis dunha vez) .
|
||||
|
||||
Mesmo se o ficheiro de bloqueo existe, contén a «hora» na que se
|
||||
executou Tux Paint por última vez. Se pasaron máis de 30 segundos,
|
||||
Tux Paint debería funcionar ben e simplemente actualiza o ficheiro
|
||||
de bloqueo coa hora actual.
|
||||
|
||||
Se varios usuarios comparten o directorio onde se almacena este
|
||||
ficheiro (por exemplo, nunha unidade de rede compartida), entón
|
||||
terá que desactivar esta función.
|
||||
|
||||
Para desactivar o ficheiro de bloqueo, engada o argumento
|
||||
«--nolockfile» á liña de ordes de Tux Paint ou «nolockfile=yes» ao
|
||||
ficheiro de configuración.
|
||||
|
||||
Non podo saír de Tux Paint
|
||||
|
||||
Está estabelecida a opción «non saír». Isto desactiva o botón
|
||||
«Saír» na barra de ferramentas de Tux Paint (marcándoo) e impide
|
||||
que se poida saír de Tux Paint a través da tecla [Escape].
|
||||
|
||||
Se Tux Paint non está en modo de pantalla completa, só ten que
|
||||
premer no botón de pechar a xanela na barra de título de Tux
|
||||
Paint. (é dicir, o «ⓧ» que adoita estar na parte superior
|
||||
dereita.)
|
||||
|
||||
Se Tux Paint está en modo de pantalla completa, terá que empregar
|
||||
a secuencia [Maiúsculas] + [Control] + [Escape] no teclado para
|
||||
saír de Tux Paint.
|
||||
|
||||
(Nota: con ou sen «non saír» estabelecido, sempre pode usar a
|
||||
combinación [Alt] + [F4] no teclado para saír de Tux Paint.)
|
||||
|
||||
Non quero que se active o modo «non saír».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint dende unha liña de ordes, asegúrese
|
||||
de que non está a pasarlle a opción «--noquit».
|
||||
|
||||
Se está a executar Tux Paint facendo dobre clic nunha icona,
|
||||
comprobe as propiedades da icona para ver se «--noquit» aparece
|
||||
como un argumento da liña de ordes.
|
||||
|
||||
Se non se está a enviar a opción «--noquit» na liña de ordes,
|
||||
comprobe o ficheiro de configuración de Tux Paint para ver se hai
|
||||
unha liña que diga: «noquit=yes».
|
||||
|
||||
Retire esa liña ou simplemente execute Tux Paint co argumento da
|
||||
liña de ordes «--quit», que anulará o axuste do ficheiro de
|
||||
configuración.
|
||||
|
||||
Ou use Tux Paint Config. e asegúrese de «Desactiva o botón de
|
||||
saída e a tecla [Escape]» (baixo «Simplificación») non está
|
||||
marcado.
|
||||
|
||||
Tux Paint segue a escribir mensaxes estrañas na pantalla/nun ficheiro de
|
||||
texto
|
||||
|
||||
Algunhas mensaxes son normais, mais se Tux Paint está a ser
|
||||
extremadamente detallado (como enumerar o nome de cada imaxe de
|
||||
selo de goma que atopa ao cargalas), entón probabelmente foi
|
||||
compilado coa saída de depuración activada.
|
||||
|
||||
Para cambialo, debe volver compilar Tux Paint dende as fontes.
|
||||
Asegúrese de eliminar ou comentar calquera liña que diga:
|
||||
|
||||
#define DEBUG
|
||||
|
||||
no ficheiro «tuxpaint.c» no directorio «src».
|
||||
|
||||
Tux Paint está a usar opcións que non especifiquei.
|
||||
|
||||
De xeito predeterminado, Tux Paint primeiro mira os ficheiros de
|
||||
configuración para ver as opcións.
|
||||
|
||||
* Unix e Linux
|
||||
|
||||
En Unix e Linux, primeiro examine o ficheiro de configuración
|
||||
de todo o sistema, que se atopa aquí:
|
||||
|
||||
/etc/tuxpaint/tuxpaint.conf
|
||||
|
||||
A continuación, examina o ficheiro de configuración persoal
|
||||
do usuario:
|
||||
|
||||
~/.tuxpaintrc
|
||||
|
||||
Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da
|
||||
liña de ordes.
|
||||
|
||||
* Windows
|
||||
|
||||
En Windows, Tux Paint examina primeiro o ficheiro de
|
||||
configuración:
|
||||
|
||||
tuxpaint.cfg
|
||||
|
||||
Finalmente, úsanse as opcións enviadas como argumentos da
|
||||
liña de ordes.
|
||||
|
||||
Isto significa que se estabelece algo nun ficheiro de
|
||||
configuración que non quere estabelecer, terá que cambiar o
|
||||
ficheiro de configuración (se pode) ou anular a opción na liña de
|
||||
ordes.
|
||||
|
||||
Por exemplo, en Linux e Unix, se «/etc/tuxpaint/tuxpaint.conf»
|
||||
inclúe esta opción para desactivar o son...
|
||||
|
||||
nosound=yes
|
||||
|
||||
...entón pode volver activar o son engadindo esta opción ao seu
|
||||
propio ficheiro «.tuxpaintrc»:
|
||||
|
||||
sound=yes
|
||||
|
||||
... ou usando este argumento da liña de ordes:
|
||||
|
||||
--sound
|
||||
|
||||
Os usuarios de Linux e Unix tamén poden desactivar o ficheiro de
|
||||
configuración de todo o sistema incluíndo o seguinte argumento da
|
||||
liña de ordes:
|
||||
|
||||
--nosysconfig
|
||||
|
||||
Tux Paint só ollará «~/.tuxpaintrc» e os argumentos da liña de
|
||||
ordes para determinar que opcións se deben estabelecer.
|
||||
|
||||
----------------------------------------------------------------------
|
||||
|
||||
Axuda / Contacto
|
||||
|
||||
Hai algunha pregunta que non ve respondida? Agradecémoslle que nolo diga.
|
||||
Para elo, pode subscribirse e publicar na nosa lista de correo
|
||||
«tuxpaint-users»:
|
||||
|
||||
http://www.tuxpaint.org/lists/
|
||||
|
||||
Ou ,póñase en contacto directamente co responsábel do desenvolvemento Bill
|
||||
Kendrick:
|
||||
|
||||
bill@newbreedsoftware.com
|
||||
Loading…
Add table
Add a link
Reference in a new issue