57 lines
2.8 KiB
Text
57 lines
2.8 KiB
Text
Tux Paint
|
|
versión 0.9.26
|
|
Documentación de sinais
|
|
|
|
Copyright © 2019-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
|
|
http://www.tuxpaint.org/
|
|
|
|
9 de Marzo de 2021
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Tux Paint responde aos seguintes sinais (que poden enviarse ao proceso do
|
|
programa a través de «kill» ou «killall», por exemplo).
|
|
|
|
SIGTERM (tamén, [Ctrl] + [C] dende un terminal executando «tuxpaint»)
|
|
|
|
Tux Paint responde coma se se premese o botón «Saír» ou se lle
|
|
dixera ao contorno de escritorio que peche Tux Paint (por exemplo,
|
|
premendo nun botón de peche da xanela ou premendo [Alt] + [F4] na
|
|
maioría dos sistemas).
|
|
|
|
Dende a interface principal, Tux Paint preguntará se quere ou non
|
|
saír e (a non ser que sexa anulado pol a opción de gardado
|
|
automático, p. ex.: «--autosavex) se quere gardar o debuxo actual
|
|
(se non está gardado) , e se é así, e é unha versión modificada
|
|
dun debuxo existente (a non ser que sexa anulado polas opcións de
|
|
gardar sobre imaxes antigas ou gardar sempre imaxes novas; por
|
|
exemplo, «--saveover« e «--saveovernew», respectivamente), se
|
|
quere ou non sobreescribir o debuxo existente ou gardalo nun novo
|
|
ficheiro.
|
|
|
|
Nota: Dende outras partes da interface, o sinal interprétase
|
|
actualmente como unha solicitude de retroceso (por exemplo, dende
|
|
o diálogo «Novo» de volta á interface principal), coma se se
|
|
premera un botón «Atrás» en Tux Paint ou se premera a tecla [Esc].
|
|
|
|
Exemplo: killall tuxpaint
|
|
|
|
SIGUSR1 & SIGUSR2
|
|
|
|
Tux Paint responde axustando a súa opción de gardar
|
|
automaticamente (coma se fora publicada con «--autosave»), así
|
|
como a opción de gardar sempre novas imaxes (coma se se publicase
|
|
con «--saveovernew») no caso de recibir un sinal de SIGUSR1 ou de
|
|
gardar sempre sobre a imaxe existente (coma se se publicase con
|
|
«--saveover») no caso de recibir SIGUSR2. Entón Tux Paint envíase
|
|
a sí mesmo un sinal de SIGTERM, nun intento de saír. (Ver arriba.)
|
|
|
|
Así, dende a interface principal, Tux Paint debería saír case de
|
|
inmediato, sen facer preguntas.
|
|
|
|
Nota: Dende outras partes da interface, por desgraza, Tux Paint
|
|
retrocederá un nivel na interface. Polo tanto, neste momento pode
|
|
que sexa necesario enviar este sinal a Tux Paint unhas cantas
|
|
veces para que saia completamente.
|
|
|
|
Exemplo: killall -s SIGUSR1 tuxpaint
|