tuxpaint-pencil-sharpener/docs/gl_ES.UTF-8/EXTENDING.txt
2022-01-20 00:36:40 -08:00

958 lines
44 KiB
Text
Raw Blame History

This file contains invisible Unicode characters

This file contains invisible Unicode characters that are indistinguishable to humans but may be processed differently by a computer. If you think that this is intentional, you can safely ignore this warning. Use the Escape button to reveal them.

This file contains Unicode characters that might be confused with other characters. If you think that this is intentional, you can safely ignore this warning. Use the Escape button to reveal them.

Ampliar
Tux Paint
versión 0.9.28
Copyright © 2002-2022 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
https://tuxpaint.org/
20 de Xaneiro de 2022
----------------------------------------------------------------------
+--------------------------------------------------------------+
|Índice |
|--------------------------------------------------------------|
| * Onde van os ficheiros |
| * Ficheiros estándar |
| * Ficheiros persoais |
| * Pinceis |
| * Opcións de pinceis |
| * Selos |
| * Imaxes de selos |
| * Texto descritivo do selo |
| * Efectos de son dos selos |
| * Son descritivo do selo |
| * Opcións de selos |
| * Selos prereflectidos e invertidos |
| * Tipos de letra |
| * «Imaxes de comezo» |
| * Imaxes «de comezo» ao estilo dun libro para colorar |
| * Imaxes «de comezo» ao estilo dunha escena |
| * «Modelos» |
| * Traducións |
| * Métodos de entrada alternativos |
| * Teclado en pantalla |
+--------------------------------------------------------------+
----------------------------------------------------------------------
Se quere engadir ou cambiar cousas como pinceis, imaxes de comezo, selos
de goma e outros contidos empregados por Tux Paint, pode facelo con
bastante facilidade simplemente engadindo, cambiando ou eliminando
ficheiros onde os busque Tux Paint.
Nota: Deberá reiniciar Tux Paint para que os cambios teñan efecto.
----------------------------------------------------------------------
Onde van os ficheiros
Ficheiros estándar
Tux Paint busca os seus diferentes ficheiros de datos no directorio
«data».
Linux e Unix
Onde vai este directorio depende do valor estabelecido para
«DATA_PREFIX» cando se construíu Tux Paint. Vexa a «Documentación de
instalación» para máis detalles.
De xeito predeterminado, o directorio é:
/usr/local/share/tuxpaint/
Se instalou dende un paquete, o máis probábel é que sexa:
/usr/share/tuxpaint/
Windows
Tux Paint busca un directorio chamado «data» no mesmo directorio que
o executábel. Este é o directorio que utilizou o instalador ao
instalar Tux Paint p. ex.:
C:\Program Files\TuxPaint\data
macOS
Tux Paint almacena os seus ficheiros de datos dentro da icona da
aplicación «Tux Paint» (que en realidade é un tipo de cartafol
especial en macOS e Mac OS X antes). Os seguintes pasos explican
como chegar aos cartafoles dentro del:
1. Abra un menú «contextual» mantendo premida a tecla [Control] e
premendo na icona de Tux Paint no Finder (buscador). (Se ten un
rato con máis dun botón, pode simplemente premer co botón
dereito na icona.)
2. Seleccione «Amosar contido» no menú que aparece. Aparecerá unha
nova xanela Finder cun cartafol dentro chamado «Contido».
3. Abra o cartafol «Contido» e abra o cartafol «Recursos» que se
atopa dentro.
4. Alí atoparás varios subcartafoles, como «imaxes de comezo»,
«selos», «pinceis», etc. Engadindo novo contido a estes
cartafoles fará que o contido estea dispoñíbel para calquera
usuario que inicia copia (icona) de Tux Paint .
Nota: Se instala unha versión máis recente de Tux Paint e substitúe
ou desbota a versión antiga, perderá os cambios feitos seguindo as
instrucións anteriores, así que garde as copias de seguridade do seu
novo contido (selos, pinceis, etc.) .
Tux Paint tamén busca ficheiros nun cartafol «TuxPaint» que pode
colocar no seu sistema no cartafol «Application Support» (atópase en
«Library» na raíz do seu sistema de ficheiros):
/Library/Application Support/TuxPaint/
Cando actualice a unha versión máis recente de Tux Paint, o contido
deste cartafol «TuxPaint» seguirá sendo o mesmo e permanecerá
accesíbel por todos os usuarios de Tux Paint.
----------------------------------------------------------------------
Ficheiros persoais
Tamén pode crear pinceis, selos, «imaxes de comezo», modelos e tipos
de letra no directorio da súa propia conta de usuario (cartafol) para
que Tux Paint poida atopalos.
Windows
O seu cartafol persoal de Tux Paint almacénase nos seus «Datos da
aplicación» persoais. Por exemplo, nos Windows máis recentes:
C:\Documentos e axustes\(nome de usuario)\Datos da
aplicación\TuxPaint\
macOS
O seu cartafol persoal de Tux Paint almacénase no cartafol persoal
«Application Support»:
/Users/(nome de usuario)/Library/Application Support/TuxPaint/
Linux e Unix
Os seus ficheiros persoais de Tux Paint van a un «directorio
agochado» que se atopa no directorio persoal da súa conta:
«$(HOME)/.tuxpaint/» (tamén coñecido como «~/.tuxpaint/»).
É dicir, se o seu directorio persoal é «/home/tux», entón os
ficheiros persoais de Tux Paint entrarán en «/home/tux/.tuxpaint/».
Non esqueza o punto («.») antes de «tuxpaint»!
Para engadir os seus propios pinceis, selos, «imaxes de comezo»,
modelos e tipos de letra, cree subdirectorios no seu directorio
persoal de Tux Paint chamados «brushes», «stamps», «starters»,
«templates», «fonts», , respectivamente.
(Por exemplo, se creou un pincel chamado «flor.png», poñeríao en
«~/.tuxpaint/brushes/» en Linux ou Unix.)
----------------------------------------------------------------------
Pinceis
Os pinceis empregados para debuxar coas ferramentas «Pincel» e «Liñas»
en Tux Paint son simplemente ficheiros de imaxe PNG.
A alfa (transparencia) da imaxe PNG úsase para determinar a forma do
pincel, o que significa que a forma pode ser «alisado» e incluso
parcialmente transparente.
Os píxeles de escala de grises no pincel PNG debuxaranse empregando a
cor seleccionada actualmente en Tux Paint. Os píxeles de cor
tinguiranse.
Opcións de pinceis
Ademais de a graphical shape, a brushes tamén se lle poden dar outros
atributos. Para facelo, cómpre crear un «ficheiro de datos» para
brush.
Un ficheiro de datos de brush's é simplemente un ficheiro de texto
ASCII simple que contén as opcións de brush.
O ficheiro ten o mesmo nome que a imaxe PNG, pero unha extensión
«.dat». (p. ex.: o ficheiro de datos de «pincel.png» é o ficheiro de
texto «pincel.dat», que se atopa no mesmo directorio.)
Espazado do pincel
A partir da versión 0.9.16 de Tux Paint, agora pode especificar o
espazado para os pinceis (é dicir, a frecuencia coa que se debuxan).
De xeito predeterminado, o espazado será a altura do pincel,
dividido por 4.
Engada unha liña que conteña a liña «spacing=N» ao ficheiro de datos
do pincel, onde «N» é o espazado que quere para o pincel. (Canto
menor sexa o número, máis veces se debuxa o pincel.)
Pinceis animados
A partir da versión 0.9.16 de Tux Paint, pode crear pinceis
animados. A medida que se usa o pincel, debúxase cada cadro da
animación.
Coloca cada cadro nunha ampla imaxe PNG. Por exemplo, se o pincel
ten 30x30 e ten 5 fotogramas, a imaxe debería ser 150x30.
Engada unha liña que conteña a liña «frames=N» ao ficheiro de datos
do pincel, onde «N» é o número de fotogramas do pincel.
Nota: Se prefire que os fotogramas se pasen ao chou, no canto de
secuencialmente, engada tamén unha liña que conteña «random» ao
ficheiro de datos do pincel.
Pinceis direccionais
A partir da versión 0.9.16 de Tux Paint, pode crear pinceis
direccionais. A medida que se usa o pincel, debúxanse diferentes
formas, dependendo da dirección na que vaia.
As formas direccionais divídense nun cadrado de 3x3 nunha imaxe PNG.
Por exemplo, se o pincel ten 30x30, a imaxe debería ser 90x90 e cada
unha das formas da dirección colocadas nunha grade 3x3. A rexión
central úsase sen movemento. A parte superior dereita úsase para o
movemento cara arriba e á dereita. E así sucesivamente.
Engada unha liña que conteña a palabra «directional» ao ficheiro de
datos debrush's.
Rotating Brushes
As of Tux Paint version 0.9.27, you may now create rotating brushes.
As the brush is used, it is rotated 360 degrees, depending on the
direction the brush is going.
Engada unha liña que conteña a palabra «rotate» ao ficheiro de datos
debrush's.
Animated Directional or Rotating Brushes
You may mix both animated and either directional or rotating
features into one brush. Use both options desired ("frames=N" and
"directional" or "rotate"), in separate lines in the brush's ".dat"
file.
For directional brushes, lay the brush out so that each 3x3 set of
directional shapes are laid out across a wide PNG image. For
example, if the brush is 30x30 and there are 5 frames, it would be
450x90. (The leftmost 150x90 pixels of the image represent the 9
direction shapes for the first frame, for example.)
Coloque os ficheiros PNG de pincel (e calquera ficheiro de texto de
datos) no directorio «brushes».
Nota: Se o seu novo brushes sae como cadrados ou rectángulos sólidos, é
porque esqueceu usar a transparencia alfa. Vexa a «Documentación PNG» en
Tux Paint para obter máis información e consellos.
----------------------------------------------------------------------
Selos
Todos os ficheiros relacionados co selo van no directorio «stamps». É
útil crear alí subdirectorios e subsubdirectorios para organizar os
selos. (Por exemplo, pode ter un cartafol «vacacións» con subcartafoles
«samaín» e «nadal»).
Imaxes de selos
Os selos de caucho en Tux Paint poden estar formados por varios
ficheiros separados. O único ficheiro necesario é, por suposto, a
imaxe en si.
A partir da versión 0.9.17 de Tux Paint, os selos poden ser imaxes de
mapa de bits PNG ou imaxes vectoriais SVG. Poden ser a toda cor ou en
escala de grises. A canle alfa (transparencia) dos PNG utilízase para
determinar a forma real da imaxe (se non, marcará un rectángulo grande
nos seus debuxos).
Os PNG poden ter calquera tamaño e Tux Paint (de xeito predeterminado)
ofrece un conxunto de botóns de tamaño para que o usuario poida
escalar o selo cara arriba (máis grande) e cara abaixo (máis pequeno).
Os SVG están baseados en vectores e escalaranse axeitadamente para o
tamaño do lenzo que se use en Tux Paint.
Nota: Se o seu novo PNG-based stamps sae como cadrados ou rectángulos
sólidos, é porque esqueceu usar a transparencia alfa. Vexa a
«Documentación PNG» en Tux Paint para obter máis información e
consellos.
Nota: Se os seus novos selos SVG parecen ter moito espazo en branco,
asegúrese de que o «documento» SVG non sexa maior que a(s) forma(s)
que contén. Se se están recortando, asegúrese de que o «documento» é
grande de abondo como para conter a(s) forma(s). Vexa a «Documentación
SVG» en Tux Paint para obter máis información e consellos.
Usuarios avanzados: O documento «Como facer os selos avanzados»
describe detalladamente como facer imaxes PNG que se adaptarán
perfectamente cando se usen como selos en Tux Paint.
----------------------------------------------------------------------
Texto descritivo do selo
Tux Paint amosará texto descritivo cando se seleccione un selo. Estes
colócanse en ficheiros de texto sinxelo co mesmo nome que PNG ou SVG,
pero cunha extensión de nome de ficheiro «.txt». (p. ex.: a descrición
de «selo.png» almacénase en «selo.txt» no mesmo directorio.)
A primeira liña do ficheiro de texto usarase como a descrición da
imaxe do selo en inglés dos EUA. Debe estar codificado en UTF-8.
Compatibilidade da localización
Pódense engadir liñas adicionais ao ficheiro de texto para fornecer
traducións da descrición, que se amosarán cando Tux Paint estea a
executarse nun idioma diferente (como o francés ou o español).
O comezo da liña debería corresponder ao código de idioma do idioma
en cuestión (por exemplo, «fr» para o francés e «zh_TW» para o
chinés tradicional), seguido de «.utf8=» e a descrición traducida
(Unicode, codificado en UTF-8).
Para os desenvolvedores de Tux Paint: Hai scripts no directorio «po»
para converter os ficheiros de texto ao formato PO (e posterior)
para facilitar a tradución a diferentes idiomas. Polo tanto, nunca
debería engadir nin cambiar traducións directamente nos ficheiros
«.txt».
Se non hai tradución dispoñíbel para o idioma en que se está a
executar Tux Paint, utilízase o texto en inglés dos EUA.
Usuarios de Windows
Use NotePad ou WordPad para editar/crear estes ficheiros. Asegúrese
de gardalos como texto simple e asegúrese de que teñen unha
extensión «.txt» ao final do nome do ficheiro.
----------------------------------------------------------------------
Efectos de son dos selos
Tux Paint pode reproducir un efecto de son cando se selecciona un
selo. Por exemplo, o son dun pato tremendo cando se selecciona un pato
ou unha breve peza musical cando se escolle un instrumento musical. Os
ficheiros poden estar en formatos «WAVE (".wav")» ou «OGG Vorbis
(".ogg")» e reciben o mesmo nome que a imaxe PNG ou SVG. (p. ex.: o
efecto de son de «selo.svg» é o ficheiro de son «selo.ogg» no mesmo
directorio.)
Compatibilidade da localización
Para sons para distintos idiomas (p. ex.: se o son é alguén que di
unha palabra e quere versións traducidas da palabra dita), cree
tamén ficheiros WAV ou OGG coa etiqueta de idioma no nome do
ficheiro, na forma: «selo_IDIOMA.EXT»
The efecto de son that will be played when the stamp corresponding
to the image file "selo.png" is selected, and when Tux Paint is
using the Spanish locale, would be "selo_es.wav". Under the French
locale, it would be "selo_fr.wav". Under the Brazilian Portuguese
locale, "selo_pt_BR.wav". And so on...
Se non se pode cargar efecto de son localizado, Tux Paint tentará
cargar o ficheiro de son «predeterminado». (por exemplo, «selo.wav»)
Nota: para sons descritivos (non efectos de son, como un estrondo ou o
chío dun paxaro), considere o uso de sons descritivos; vexa «Son
descritivo do selo», a continuación.
----------------------------------------------------------------------
Son descritivo do selo
Tux Paint tamén pode reproducir un son descritivo cando se selecciona
un selo. Por exemplo, o son de alguén que di a palabra «pato» cando
selecciona un pato ou o nome dun instrumento musical cando se elixe
un. Os ficheiros poden estar en formatos «WAVE (".wav")» ou «OGG
Vorbis (".ogg")» e reciben o mesmo nome que a imaxe PNG ou SVG, con
«_desc» ao final. (p. ex.: o son descritivo de «selo.svg» é o ficheiro
de son «selo_desc.ogg» no mesmo directorio.)
Compatibilidade da localización
Para sons descritivos de diferentes idiomas, cree tamén ficheiros
WAV ou OGG con ambos «_desc» e a etiqueta local no nome do ficheiro,
na forma: «selo_desc_IDIOMA.EXT»
The son descritivo that will be played when the stamp corresponding
to the image file "selo.png" is selected, and when Tux Paint is
using the Spanish locale, would be "selo_desc_es.wav". Under the
French locale, it would be "selo_desc_fr.wav". Under the Brazilian
Portuguese locale, "selo_desc_pt_BR.wav". And so on...
Se non se pode cargar son descritivo localizado, Tux Paint tentará
cargar o ficheiro de son «predeterminado». (por exemplo,
«selo_desc.wav»)
----------------------------------------------------------------------
Opcións de selos
Ademais de a graphical shape, a textual description, a sound effect,
and a descriptive sound, a stamps tamén se lle poden dar outros
atributos. Para facelo, cómpre crear un «ficheiro de datos» para
stamp.
Un ficheiro de datos de stamp's é simplemente un ficheiro de texto
ASCII simple que contén as opcións de stamp.
O ficheiro ten o mesmo nome que a imaxe PNG or SVG, pero unha
extensión «.dat». (p. ex.: o ficheiro de datos de «selo.png» é o
ficheiro de texto «selo.dat», que se atopa no mesmo directorio.)
Selos de cores
Os selos pódense facer «colorábeis» ou «tinguíbeis».
Colorábel
Os selos «colorábeis» funcionan como os pinceis: escolla o selo
para obter a forma e logo escolla a cor que quere que sexa. (Os
selos de símbolos, como os matemáticos e os musicais, son un
exemplo).
Non se usa nada sobre a imaxe orixinal agás a transparencia (da
canle «alfa»). A cor do selo sae sólida.
Engada unha liña que conteña a palabra «colorable» ao ficheiro de
datos destamp's.
Tinguido
Os selos «tinguidos» son semellantes aos «colorábeis», agás que se
conservan os detalles da imaxe orixinal. (Para dicilo
tecnicamente, úsase a imaxe orixinal, pero a súa tonalidade
cambia, en función da cor seleccionada actualmente).
Engada unha liña que conteña a palabra «tintable» ao ficheiro de
datos destamp's.
Opcións de tintura:
Dependendo do contido do seu selo, é posíbel que queira que Tux
Paint use un dos varios métodos para tinguilo. Engada unha das
seguintes liñas ao ficheiro de datos do selo:
Tinguido normal — "tinter=normal" (o predeterminado)
This is the normal tinting mode. First, the primary hue
of the stamp is determined. (For example, a picture of a
flower with a stem will have the petal color seen as the
primary hue of the overall image.) Next, the most highly
saturated part of the picture is found. With "normal
tinter", the range of hue used to do this starts out
within ±18° of the pimary hue found in step 1. (If none
can be found, it widens the range by 50% and tries
again.) Finally, the image is tinted. Anything falling
within 50% of the range (e.g., ±27°) is altered to have
the hue of the color chosen by the user.
Tinguido estreito — "tinter=narrow"
This like the "normal" option described above, but
starts a narrower hue range of ±6°. Anything found
within 50% of the range (e.g. ±9°) is tinted. If too
much of your stamp is being tinted, try this option.
Tinguir de «calquera tonalidade» — "tinter=anyhue"
This remaps all hues in the stamp. It works similarly to
the "anyhue" and "narrow" options described above, but
the hue range is ±180°.
Tinguido vectorial — "tinter=vector"
Isto asigna de «negro a través branco» a «negro a través
do destino».
Selos inalterábeis
De xeito predeterminado, un selo pode inverter (poñer do revés),
amosarse como unha imaxe reflectida ou ámbalas dúas cousas. Isto
faise usando os botóns de control situados baixo o selector de
selos, na parte inferior dereita da pantalla en Tux Paint.
Ás veces, non ten sentido que un selo poida ser invertido ou
reflectido; por exemplo, selos de letras ou números. Ás veces, os
selos son simétricos, polo que non é útil deixar que os usuarios os
invertan ou reflictan.
Para evitar que un selo sexa from being flipped vertically, engada a
opción «noflip» no ficheiro de datos do selo.
Para evitar que un selo sexa from being mirrored horizontally,
engada a opción «nomirror» no ficheiro de datos do selo.
Tamaño inicial do selo
De xeito predeterminado, Tux Paint asume que o seu selo ten o tamaño
axeitado para ser visto sen escala nun lenzo de 608x472. Este era o
tamaño orixinal do lenzo de Tux Paint, fornecido por unha pantalla
de 640x480. Tux Paint axustará o selo segundo o tamaño actual do
lenzo e, se está activado, os controis do tamaño do selo do usuario.
Se o seu selo fose demasiado grande ou moi pequeno, pode especificar
un factor de escala. Se o seu selo fose 2,5 veces máis largo (ou
alto) do que debería ser, engada unha das seguintes opcións, que
representan o mesmo axuste, ao ficheiro de datos do selo. (Pódese
incluír un signo igual, «=» após a palabra «scale».)
* "scale 40%"
* "scale 5/2"
* "scale 2.5"
* "scale 2:5"
Usuarios de Windows
Use NotePad ou WordPad para editar/crear estes ficheiros. Asegúrese
de gardalos como texto simple e asegúrese de que teñen unha
extensión «.txt» ao final do nome do ficheiro.
Selos prereflectidos e invertidos
Nalgúns casos, pode que queira fornecer unha versión deseñada
previamente da imaxe reflectida, da imaxe invertida ou incluso de
ámbalas dúas. Por exemplo, imaxine unha foto dun camión de bombeiros
coa palabra «Bombeiros» escritas á beira. Probabelmente non quererá
que o texto apareza cara atrás cando se reflicte a imaxe.
Para crear unha versión reflectida dun selo que quere que use Tux
Paint, no canto de reflectila vostede mesmo, simplemente cree un
segundo ficheiro gráfico «.png» ou «.svg» co mesmo nome, agás con con
«_mirror» antes da extensión do nome do ficheiro.
Por exemplo, para o selo «selo.png» crearíase outro ficheiro chamado
«selo_mirror.png», que se usará cando o selo se reflicta (no canto de
usar unha versión ao revés de «selo.png».
A partir de Tux Paint 0.9.18, de xeito similar pode fornecer unha
imaxe previamente invertida con «_flip» no nome e/ou unha imaxe que se
reflicta e inverta, denominándoa «_mirror_flip».
Nota: Se o usuario inverte e reflicte unha imaxe e non existe un
«_mirror_flip» deseñado previamente, mais si un «_flip» ou un
«_mirror» , usarase e reflectirase ou inverterase, respectivamente.
----------------------------------------------------------------------
Tipos de letra
Os tipos de letra empregados por Tux Paint son TrueType Fonts (TTF).
Simplemente colóqueas no directorio «fonts». Tux Paint cargará o tipo de
letra e fornecerá catro tamaños diferentes no selector de «Letras» cando
empregue as ferramentas «Texto» e «Etiqueta».
----------------------------------------------------------------------
«Imaxes de comezo»
As imaxes « de inicio» aparecen no diálogo «Novo», xunto con opcións de
fondo de cor sólida.
Cando usa unha imaxe «de inicio», fai modificacións e a garda, a imaxe
«de inicio» orixinal non se sobreescribe. Ademais, ao editar a súa nova
imaxe, o contido da imaxe «de inicio» orixinal pode afectala.
Imaxes «de comezo» ao estilo dun libro para colorar
O tipo máis básico de imaxe «de inicio» é semellante a unha imaxe dun
libro para colorar. É un esquema dunha forma que logo pode colorar e
engadir detalles. En Tux Paint, mentre debuxa, escribe texto ou
estampa selos, o contorno segue «por riba» do que debuxa. Pode borrar
as partes do debuxo que fixo, mais non pode borrar o contorno.
Para crear este tipo de imaxe «de inicio», simplemente cree unha imaxe
en branco e negro nun programa de pintura e gárdea como ficheiro PNG
rasterizado ou SVG vectorial. Se o garda como PNG, opcionalmente pode
renderizar a imaxe en negro e transparente no canto de en branco e
negro, mais (a partir do Tux Paint 0.9.21) isto non é necesario.
Imaxes «de comezo» ao estilo dunha escena
Xunto coa superposición de estilo «libro para colorar», tamén pode
fornecer unha imaxe de fondo separada como parte dunha imaxe «de
inicio». A superposición actúa igual: non pode ser debuxada, borrada
nin afectada polas ferramentas de «Maxia». Porén, o fondo pode si o
pode ser ser.
Cando a ferramenta «Goma» se usa nunha imaxe baseada neste tipo de
imaxe «de comezo», no canto de converter o lenzo a unha cor sólida,
como o branco, devolve esa parte do lenzo á imaxe de fondo orixinal
dende o imaxe «de comezo».
Ao crear unha superposición e un fondo, pode crear unha imaxe «de
inicio» que simule a profundidade. Imaxine un fondo que amosa o océano
e unha capa que representa a imaxe dun arrecife. Após pode debuxar (ou
estampar) peixes na imaxe. Aparecerán no océano, pero nunca «diante»
do arrecife.
Para crear este tipo de imaxe «de inicio», simplemente cree unha
superposición (con transparencia) e gárdea como PNG. A continuación,
cree outra imaxe (sen transparencia) e gárdea co mesmo nome de
ficheiro, pero con «-back» (abreviatura de «fondo») engadido ao nome.
(p. ex.: «imaxe-de-comezo-back.png» sería a imaxe de fondo do océano
que corresponde á superposición ou primeiro plano.)
Para obter os mellores resultados, imaxes «de comezo» debería ter polo
menos o mesmo tamaño que o lenzo de debuxo de Tux Paint. (Vexa a sección
«Cargar outras imaxes en Tux Paint» da documentación principal de Tux
Paint (README LÉAME) para os detalles sobre o tamaño.) Se non o son,
estiraranse ou escalaranse. Isto faise sen afectar a forma («relación de
aspecto»); con todo pódense aplicar algunhas manchas nos bordos.
Colóqueas no directorio de «starters». Cando se accede ao diálogo «Novo»
en Tux Paint, as imaxes «de comezo» veranse na pantalla que aparece,
após as distintas opcións de cor sólida.
Nota: As «Imaxes de comezo» están «anexadas» ás imaxes gardadas, a
través dun pequeno ficheiro de texto que leva o mesmo nome que o
ficheiro gardado, pero con «.dat» como extensión. Isto permítelle seguir
afectando ao debuxo incluso após saír de Tux Paint, ou se cargue outra
imaxe ou se cree unha nova imaxe. (Noutras palabras, se un debuxo se
basea nun imaxe «de comezo», sempre se verá afectado por el.)
----------------------------------------------------------------------
«Modelos»
As imaxes «modelo» tamén aparecen no diálogo «Novo», xunto coas opcións
de fondo de cor sólida e «imaxes de comezo». (Nota: Tux Paint antes da
versión 0.9.22 non tiña a función «Modelo»).
A diferenza das imaxes debuxadas en Tux Paint polos usuarios e abertas
despois, a apertura dun «modelo» crea un novo debuxo. Cando garda, a
imaxe «modelo» non se sobreescribe. A diferenza das «imaxes de comezo»,
non hai unha «capa» inmutábel por riba do lenzo. Pode debuxar sobre
calquera parte del.
Cando a ferramenta «Goma» se usa nunha imaxe baseada neste tipo de imaxe
«modelo», no canto de converter o lenzo a unha cor sólida, como o
branco, devolve esa parte do lenzo á imaxe de fondo orixinal dende o
imaxe «modelo».
Os «modelos» son simplemente ficheiros de imaxe (en formato PNG, JPEG,
SVG ou KPX (KidPix)). Non debe ser necesaria ningunha preparación nin
conversión.
Para obter os mellores resultados, imaxes «modelo» debería ter polo
menos o mesmo tamaño que o lenzo de debuxo de Tux Paint. (Vexa a sección
«Cargar outras imaxes en Tux Paint» da documentación principal de Tux
Paint (README LÉAME) para os detalles sobre o tamaño.) Se non o son,
estiraranse ou escalaranse. Isto faise sen afectar a forma («relación de
aspecto»); con todo pódense aplicar algunhas manchas nos bordos.
Colóqueas no directorio de «templates». Cando se accede ao diálogo
«Novo» en Tux Paint, as imaxes «modelo» veranse na pantalla que aparece,
após as distintas opcións de cor sólida.
Nota: As «Modelos» están «anexadas» ás imaxes gardadas, a través dun
pequeno ficheiro de texto que leva o mesmo nome que o ficheiro gardado,
pero con «.dat» como extensión. Isto permítelle seguir afectando ao
debuxo incluso após saír de Tux Paint, ou se cargue outra imaxe ou se
cree unha nova imaxe. (Noutras palabras, se un debuxo se basea nun imaxe
«modelo», sempre se verá afectado por el.)
----------------------------------------------------------------------
Traducións
Tux Paint admite numerosos idiomas grazas ao uso da biblioteca de
localización «gettext». (Vexa a «Documentación de opcións» para saber
como cambiar a configuración local en Tux Paint.)
Para traducir Tux Paint a un novo idioma, copie o ficheiro de modelo de
tradución, «tuxpaint.pot» (atopado no código fonte de Tux Paint, no
cartafol «src/po/»). Cambie o nome da copia como un ficheiro «.po», cun
nome apropiado para o idioma ao que está a traducir (p. ex.: «es.po»
para o español; ou «pt_BR.po» para o portugués brasileiro fronte a
«pt.po» ou «pt_PT.po» para o portugués falado en Portugal.)
Abra o ficheiro «.po» creado recentemente: pode editar nun editor de
texto simple, como Emacs, Pico ou VI en Linux ou NotePad en Windows. O
texto orixinal en inglés usado en Tux Paint está coutado en liñas que
comezan por «msgid». Introduza as traducións de cada un destes anacos de
texto nas liñas baleiras «msgstr» directamente baixo as liñas
correspondentes «msgid». (Nota: Non elimine as comiñas.)
Exemplo:
msgid "Smudge"
msgstr "Manchar"
msgid "Click and drag to draw large bricks."
msgstr "Haz clic y arrastra para dibujar ladrillos grandes."
Existen varias ferramentas para xestionar os catálogos de tradución de
gettext, polo que non ten que editalos a man nun editor de texto. Aquí
ten algúns:
* Poedit
* Gtranslator (GNOME Translator)
* Virtraal
* Lokalize
Nota: É mellor traballar sempre co último modelo de catálogo de texto
Tux Paint («tuxpaint.pot»), xa que se engade n novos textos e o texto
antigo cambia ocasionalmente. O catálogo de texto para a próxima versión
inédita de Tux Paint pódese atopar no repositorio Git de Tux Paint (ver:
https://tuxpaint.org/download/source/git/) e no sitio web de Tux Paint
en https://tuxpaint.org/help/po/.
Para editar unha tradución existente, descargue o último ficheiro «.po»
para ese idioma e edíteo como se describe anteriormente.
Pode enviar ficheiros de tradución novos ou editados a Bill Kendrick,
responsábel do desenvolvemento de Tux Paint, a:
bill@newbreedsoftware.com, ou publicalos na lista de correo
«tuxpaint-i18n» (vexa: https://tuxpaint.org/lists/).
Como alternativa, se te unha conta con SourceForge.net, pode solicitar
que o engadan ao proxecto «tuxpaint» e recibir acceso de escritura ao
repositorio de código fonte de Git para que poida enviar os seus cambios
directamente.
Nota: A compatibilidade cos novo configuracións locais require facer
adicións ao código fonte de Tux Paint («/src/i18n.h» e «/src/i18n.c»), e
require actualizacións dos Makefile, para asegurarse de que os ficheiros
«.po» están compilados en ficheiros «.mo» e están dispoñíbeis para o seu
uso en tempo de execución.
----------------------------------------------------------------------
Métodos de entrada alternativos
As ferramentas «Texto» e «Etiqueta» de Tux Paint poden fornecer métodos
alternativos de entrada para algúns idiomas. Por exemplo, cando Tux
Paint está a executarse co idioma xaponés, pódese premer a tecla [Alt]
da dereita para alternar entre os modos latino, hiragana romanizado e
Katakana romanizado. Isto permite introducir palabras e caracteres
nativos nas ferramentas «Texto» e «Etiqueta» escribindo unha ou máis
teclas dun teclado con caracteres latinos (por exemplo, un teclado US
QWERTY).
Para crear un método de entrada para un idioma novo, cree un ficheiro de
texto cun nome baseado no idioma (por exemplo, «ja» para xaponés), con
«.im» como extensión (por exemplo, «ja.im»).
O ficheiro «.im» pode ter varias seccións de asignación de caracteres
para diferentes modos de asignación de caracteres. Por exemplo, nun
sistema de escritura de xaponés, escribir [K] [A] no modo Hiragana xera
un carácter Unicode diferente ("か") que escribir [K] [A] no modo
Katakana ("カ").
Enumere as asignacións de caracteres neste ficheiro, unha por liña. Cada
liña debe conter (separada por espazos en branco):
* o valor Unicode do carácter, en hexadecimal (pode enumerar máis dun
carácter, separados por dous puntos («:»), permitindo que algunhas
secuencias se asignen a palabras)
* a secuencia de código de teclas (os caracteres ASCII que se deben
introducir para xerar o carácter Unicode)
* un sinalador (ou «-» se non hai ningún)
Inicie seccións adicionais de asignación de caracteres cunha liña que
conteña a palabra «section».
Exemplo:
# Hiragana
304B ka -
304C ga -
304D ki -
304E gi -
304D:3083 kya -
3063:305F tta -
# Katakana
section
30AB ka -
30AC ga -
30AD ki -
30AE gi -
Nota: Ignoraranse as liñas en branco dentro do ficheiro «.im», así como
calquera texto que teña un carácter «#» (grella). Isto pódese usar para
denotar comentarios , como se ve no exemplo anterior.
Nota: Os significados dos sinaladores son específicos da configuración
local e son procesados polo código fonte específico do idioma en
«src/im.c». Por exemplo, «b» úsase en coreano para tratar Batchim, que
pode pasar ao seguinte carácter.
Nota: A compatibilidade cos novo input methods require facer adicións ao
código fonte de Tux Paint ("/src/im.c"), e require actualizacións dos
Makefile, para asegurarse de que os ficheiros «.im» están dispoñíbeis
para o seu uso en tempo de execución.
----------------------------------------------------------------------
Teclado en pantalla
A partir da versión 0.9.22, as ferramentas «Texto» e «Etiqueta» de Tux
Paint poden presentar un teclado en pantalla que permite utilizar o
punteiro (mediante un rato, sistemas de seguimento de ollos, etc.) para
introducir caracteres. Os ficheiros que describen o deseño e as claves
dispoñíbeis almacénanse no directorio «osk» de Tux Paint. Cada deseño de
teclado está definido por varios ficheiros (algúns dos cales poden ser
compartidos por diferentes deseños).
Usaremos o teclado QWERTY como exemplo:
Ficheiro de visión xeral da disposición («qwerty.layout»)
Este é un ficheiro de texto que especifica os outros ficheiros
empregados para describir a disposición e as asignacións de teclas.
layout qwerty.h_layout
keymap us-intl-altgr-dead-keys.keymap
composemap en_US.UTF-8_Compose
keysymdefs keysymdef.h
keyboardlist qwerty.layout default.layout
Nota: Ignoraranse as liñas en branco dentro do ficheiro «.layout», así
como calquera texto que teña un carácter «#» (grella). Isto pódese
usar para denotar comentarios , como se ve no exemplo anterior.
A liña «keyboardlist» describe a que esquemas cambiar, cando o usuario
preme nos botóns esquerdo e dereito do teclado. (Ver máis abaixo.)
Ficheiro de disposición do teclado («qwerty.h_layout»)
Isto describe o tamaño do teclado (como unha reixa de «largo × alto»)
e lista cada tecla co seu código numérico (ver o ficheiro «keymap»,
máis abaixo), o largo no que debería debuxarse (normalmente «1.0»,
para ocupar un espazo no teclado, pero no seguinte exemplo, teña en
conta que as teclas «TAB» e «SPACE» son moito máis largas), o carácter
ou o texto que se amosará na tecla, dependendo das teclas
modificadoras premido (unha para cada unha: sen
modificadores,[Maiúsculas],[AltGr] e [Maiúsculas] + [AltGr]) e,
finalmente, se a tecla está afectada ou non pola tecla [BloqMaiús]
(use «1») ou a tecla [AltGr] (gráficos alternativos) ( use «2»), ou
non (use «0»).
WIDTH 15
HEIGHT 5
KEY 49 1.0 ` ~ ` ~ 0
KEY 10 1.0 1 ! ¡ ¹ 0
KEY 11 1.0 2 @ ² ˝ 0
KEY 12 1.0 3 # · ³ 0
KEY 13 1.0 4 $ ¤ £ 0
KEY 14 1.0 5 % € ¸ 0
KEY 15 1.0 6 ^ ¼ ^ 0
...
KEY 21 1.0 = + × ÷ 0
KEY 22 2.0 DELETE DELETE DELETE DELETE 0
NEWLINE
KEY 23 1.5 TAB TAB TAB TAB 0
KEY 24 1.0 q Q ä Ä 1
KEY 25 1.0 w W å Å 1
KEY 26 1.0 e E é É 1
KEY 27 1.0 r R ® ® 1
...
NEWLINE
# A frecha cara á esquerda cambiará ao teclado anterior
KEY 2 1.0 <- <- <- <- 0
KEY 133 2.0 Cmp Cmp Cmp Cmp 0
# As teclas ALT ou ALTGR úsanse no método de entrada (im) para
cambiar o modo de entrada
KEY 64 2.0 Alt Alt Alt Alt 0
# Espazo
KEY 65 7.0 SPACE SPACE SPACE SPACE 0
KEY 108 2.0 AltGr AltGr AltGr AltGr 0
# A frecha cara á dereita cambiará ao seguinte teclado
KEY 1 1.0 -> -> -> -> 0
Teña en conta aquí que as teclas alfabéticas ([Q],[W], etc.) serán
afectadas por [BloqMaiús], mentres as teclas numéricas ([1], [2],
etc.), [Espazo], etc., non o farán.
Os códigos de tecla ata «8» están reservados para uso interno. Os que
se usan actualmente descríbense a continuación.
* 0 — botón baleiro
* 1 — seguinte disposición (segundo o axuste «keyboardlist» do
ficheiro de disposición)
* 2 — disposición anterior (segundo o axuste «keyboardlist» do
ficheiro de disposición)
Ficheiro do mapa do teclado («us-intl-altgr-dead-keys.keymap»)
Este ficheiro define que códigos das teclas numéricas (vistos nos
ficheiros de disposición de teclado, como «qwerty.h_layout» descrito
anteriormente) deben asignarse a que caracteres reais que unha
aplicación como Tux Paint agarda recibir cando se premen as teclas
(por exemplo, nun teclado real).
Se está a usar un sistema operativo como Linux, que executa X-Window e
ten dispoñíbel a ferramenta de liña de ordes «xmodmap», pode executala
coa opción «print keymap expressions», «-pke», para xerar un ficheiro
de mapa de teclas.
keycode 9 = Escape NoSymbol Escape Escape
keycode 10 = 1 exclam exclamdown onesuperior 1 exclam 1 exclam
NoSymbol onesuperior
keycode 11 = 2 at twosuperior dead_doubleacute 2 at 2 at onehalf
twosuperior
keycode 12 = 3 numbersign periodcentered threesuperior dead_macron
periodcentered
...
keycode 52 = z Z ae AE Arabic_hamzaonyeh asciitilde guillemotright
NoSymbol Greek_zeta Greek_ZETA U037D U03FF
keycode 53 = x X x X Arabic_hamza Arabic_sukun guillemotleft
NoSymbol Greek_chi Greek_CHI rightarrow leftarrow
keycode 54 = c C copyright cent Arabic_hamzaonwaw braceright
Greek_psi Greek_PSI copyright
keycode 55 = v V v V Arabic_ra braceleft Greek_omega Greek_OMEGA
U03D6
keycode 56 = b B b B UFEFB UFEF5 Greek_beta Greek_BETA U03D0
keycode 57 = n N ntilde Ntilde Arabic_alefmaksura Arabic_maddaonalef
Greek_nu Greek_NU U0374 U0375
keycode 58 = m M mu mu Arabic_tehmarbuta apostrophe Greek_mu
Greek_MU U03FB U03FA
keycode 59 = comma less ccedilla Ccedilla Arabic_waw comma comma
less guillemotleft
keycode 60 = period greater dead_abovedot dead_caron Arabic_zain
period period greater guillemotright periodcentered
keycode 61 = slash question questiondown dead_hook Arabic_zah
Arabic_question_mark slash question
keycode 62 = Shift_R NoSymbol Shift_R Shift_R
...
Ficheiro do mapa de composición («en_US.UTF-8_Compose»)
Este ficheiro describe caracteres individuais que poden ser compostos
por varias entradas. Por exemplo, pódese usar «[Composición]» seguido
de «[A]» e «[E]» para crear o carácter «æ».
O ficheiro que vén con Tux Paint está baseado no mapa de composición
UTF-8 (Unicode) en inglés dos EUA que vén co Sistema X Window de
X.Org. A versión actual da biblioteca Xlib dispón dunha páxina en
https://www.x.org/releases/current/doc/libX11/i18n/compose/en_US.UTF-8.html.
Ficheiro de definición Keysym («keysymdef.h»)
Este ficheiro (que é un ficheiro de cabeceira da linguaxe de
programación C) tamén é do Sistema X Window. Define os valores Unicode
de cada tecla (p. ex.: «XK_equal» corresponde a «U+003D», para o
carácter «=» («EQUALS SIGN»).
Nota: este ficheiro non se compila en Tux Paint, senón que se le e
analiza no tempo de execución.
É pouco probábel que se precise algunha modificación neste ficheiro.
----------------------------------------------------------------------