299 lines
16 KiB
Text
299 lines
16 KiB
Text
Tux Paint
|
|
versión 0.9.32 «Como facer» os selos avanzados
|
|
|
|
Copyright © 2006-2022 by Albert Cahalan e outros; see AUTHORS.txt.
|
|
https://tuxpaint.org/
|
|
|
|
4 de Xuño de 2022
|
|
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
+-------------------------------------------+
|
|
| Índice |
|
|
|-------------------------------------------|
|
|
| * Sobre este «Como facelo» |
|
|
| * A elección da imaxe é crucial |
|
|
| * Preparar a máscara |
|
|
| * Substituír a franxa e os píxeles lixo |
|
|
| * Gardar a imaxe para Tux Paint |
|
|
+-------------------------------------------+
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Sobre este «Como facelo»
|
|
|
|
Este «Como facelo» supón que quere facer un excelente selo de Tux Paint, en
|
|
formato PNG con mapa de bits, a partir dunha imaxe JPEG (p. ex.: unha
|
|
fotografía dixital). Hai métodos máis sinxelos e rápidos que producen unha
|
|
calidade inferior.
|
|
|
|
Este «Como facelo» supón que está a tratar con obxectos opacos normais. O
|
|
tratamento de obxectos semitransparentes (lume, ventilador en movemento,
|
|
globo infantil) ou obxectos que dan luz (lume, bombilla, sol) faise mellor
|
|
cun software personalizado. As imaxes con fondos de cor sólida perfectos
|
|
tamén se fan mellor con software personalizado, pero non son difíciles de
|
|
facer do seguinte xeito.
|
|
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
A elección da imaxe é crucial
|
|
|
|
Licenza
|
|
|
|
Se quere enviar ilustracións aos desenvolvedores de Tux Paint para a
|
|
súa inclusión no proxecto oficial, ou se quere publicar a súa propia
|
|
copia de Tux Paint, xunto cos seus propios gráficos, precisa unha imaxe
|
|
que sexa compatíbel coa Licenza Pública Xeral GNU empregada por Tux
|
|
Paint.
|
|
|
|
As imaxes producidas polo goberno dos Estados Unidos son de dominio
|
|
público, pero teña en conta que o goberno dos Estados Unidos ás veces
|
|
usa outras imaxes na web. As consultas de Google image incluíndo
|
|
site:gov or site:mil proporcionarán moitas imaxes axeitadas. (Nota: os
|
|
sitios *.mil tamén inclúen contido non militar.)
|
|
|
|
As súas propias imaxes pódense poñer no dominio público ou nunha
|
|
licenza axeitada, como o Creative Commons CC0 declarándoas así .
|
|
(Consulte cun avogado se considera a necesidade dun asesoramento
|
|
xurídico.)
|
|
|
|
Para uso persoal, calquera imaxe que lexitimamente poida modificar e
|
|
usar para o seu uso persoal debería estar ben.
|
|
|
|
Tamaño e orientación da imaxe
|
|
|
|
Precisa unha imaxe que teña unha orientación útil. A perspectiva é un
|
|
inimigo. As imaxes que obxecto un obxecto dende un canto son difíciles
|
|
de encaixar nun bo debuxo. Como regra xeral, as vistas laterais con
|
|
teleobxectivo son as mellores. O ideal imposíbel é que, por exemplo,
|
|
dúas rodas dun coche estean perfectamente agochadas tras as outras
|
|
dúas.
|
|
|
|
Rotar unha imaxe pode facela borrosa, especialmente se só rota uns
|
|
graos. As imaxes que non precisan rotación son as mellores, as imaxes
|
|
que precisan moita rotación (30 a 60 graos) son as seguintes mellores e
|
|
as que precisan uns poucos graos as peores. A rotación tamén fará que a
|
|
imaxe sexa máis escura porque a maioría do software de edición de
|
|
imaxes é moi malo na manipulación da gamma. (A rotación só é lexítima
|
|
para imaxes gamma = 1,0.)
|
|
|
|
As imaxes moi grandes son máis indulxentes cos erros e, polo tanto, son
|
|
máis doadas de traballar. Escolla unha imaxe cun obxecto de máis de
|
|
1000 píxeles se pode. Pode reducilo máis tarde para agochar os seus
|
|
erros.
|
|
|
|
Asegúrese de que a imaxe non está demasiado granulada, tenue ou lavada.
|
|
|
|
Preste atención aos pés e ás rodas. Se están enterrados en algo, terá
|
|
que debuxar outros novos. Se só un está enterrado, pode que poida
|
|
copiar o outro como substituto.
|
|
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Preparar a imaxe
|
|
|
|
Primeiro de todo, asegúrese de evitar gardar de novo a imaxe como JPEG.
|
|
Isto provoca unha perda de calidade. Hai unha ferramenta especial chamada
|
|
jpegtran que permite recortar unha imaxe sen perder a calidade normal.
|
|
|
|
jpegtran -trim -copy none -crop 512x1728+160+128 < src.jpg >
|
|
cropped.jpg
|
|
|
|
Cargue esa imaxe para o seu editor de imaxes. Se aínda non a cortou, pode
|
|
que o seu editor de imaxes sexa moi lento. Rote e recorte a imaxe segundo
|
|
sexa necesario. Garde a imaxe, escolla o formato nativo que admita capas,
|
|
máscaras, alfa, etc. Os usuarios de GIMP deberían escoller «XCF» e os
|
|
usuarios de Adobe Photoshop debería escoller «PSD», por exemplo.
|
|
|
|
Se rotou ou recortou a imaxe no seu editor de imaxes, aplánea agora. Debe
|
|
ter só unha capa RGB sen máscara nin alfa.
|
|
|
|
Abra o cadro de diálogo de capas. Replique a capa varias veces. De arriba
|
|
abaixo necesitará algo así:
|
|
|
|
1. imaxe sen modificar (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
2. unha imaxe que modificar: a capa de «traballo en ptoceso»
|
|
3. verde sólido (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
4. maxenta sólido (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
5. imaxe sen modificar (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
|
|
Delle á capa Traballo en proceso (WIP — «work in progress» ) unha máscara
|
|
inicial aproximada. Pode comezar cunha selección ou empregando o valor de
|
|
escala de grises da capa WIP. Pode inverter a máscara.
|
|
|
|
Advertencia: unha vez que teña a máscara, non pode rotar nin escalar a
|
|
imaxe normalmente. Isto provocaría a perda de datos. Máis adiante se lle
|
|
darán instrucións especiais de escalado.
|
|
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Preparar a máscara
|
|
|
|
Acostúmese a facer [Control]-premer e [Alt]-premer nas imaxes en miniatura
|
|
no diálogo de capas. Necesitará isto para controlar o que está a ver e o
|
|
que está a editar. Ás veces estará editando cousas que non pode ver. Por
|
|
exemplo, pode editar a máscara da capa WIP mentres mira a imaxe sen
|
|
modificar. Preste atención para non meter a pata. Verifica sempre que está
|
|
a editar o correcto.
|
|
|
|
Estabeleza unha imaxe sen modificar como a que vai ver (a superior é a máis
|
|
doada). Estabeleza a máscara WIP como o que vai editar. Nalgún momento,
|
|
quizais non de inmediato, debería aumentar a imaxe ata aproximadamente o
|
|
400% (cada píxel da imaxe vese e edítase como un bloque de píxeles 4x4 na
|
|
súa pantalla).
|
|
|
|
Seleccione partes da imaxe que deben ser 100% opacas ou 0% opacas. Se pode
|
|
seleccionar o obxecto ou o fondo con certa precisión por cor, fágao. Se é
|
|
necesario para evitar seleccionar píxeles que deben ser parcialmente opacos
|
|
(xeralmente no bordo do obxecto), debe aumentar, diminuír e inverter a
|
|
selección.
|
|
|
|
Encha as áreas 100% opacas con branco e as áreas 0% opacas con negro. Isto
|
|
faise máis facilmente arrastrando e soltando dende o indicador de cor de
|
|
primeiro plano/fondo. Non debería ver ocorrer nada porque está a ver a capa
|
|
de imaxe sen modificar mentres edita a máscara da capa WIP. É posíbel que
|
|
se poidan notar grandes cambios na miniatura.
|
|
|
|
Agora debe ampliala.
|
|
|
|
Comprobe o seu traballo. Agoche a capa superior da imaxe sen modificar.
|
|
Amose só a máscara, que debería ser un obxecto branco sobre un fondo negro
|
|
(probabelmente cun gris sen editar no bordo). Agora amose normalmente a
|
|
capa WIP para que a máscara estea activa. Isto debería amosar o seu obxecto
|
|
sobre a seguinte capa máis alta activada, que debería ser verde ou maxenta
|
|
segundo sexa necesario para obter o máximo contraste. Quizais queira
|
|
alternar entre eses fondos premendo varias veces para activar/desactivar a
|
|
capa verde. Corrixa os problemas obvios e sinxelos editando a máscara
|
|
mentres a ve.
|
|
|
|
Volva ver a capa superior sen modificar mentres edita a máscara WIP.
|
|
Estabeleza a súa ferramenta de debuxo co pincel. Para o pincel, escolla un
|
|
pequeno círculo difuso. O tamaño 5x5 é bo para a maioría dos usos.
|
|
|
|
Con man firme, faga un trazo arredor da imaxe. Use negro polo exterior e
|
|
branco polo interior. Evite facer máis dun pase sen cambiar de cor (e, polo
|
|
tanto, de lado).
|
|
|
|
Vire un pouco as vistas, comprobando que a máscara funciona ben. Cando a
|
|
capa WIP se compón sobre o verde ou o maxenta, debería ver un pouco do
|
|
fondo orixinal como unha franxa fea ao redor do bordo. Se falta esta
|
|
franxa, fixo a máscara de obxectos demasiado pequena. A franxa consta de
|
|
píxeles que non son nin 100% obxecto nin 0% obxecto. Para eles, a máscara
|
|
non debería ser nin do 100% nin do 0%. A franxa retirase pronto.
|
|
|
|
Ver e editar a máscara. Seleccione por cor, escollendo negro ou branco. O
|
|
máis probábel é que vexa pintas non seleccionadas que non son da cor
|
|
agardada. Inverta a selección e logo pínteas coa ferramenta de lapis. Faga
|
|
esta operación tanto para branco como para negro.
|
|
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Substituír a franxa e os píxeles lixo
|
|
|
|
Se sigue a ver a máscara, seleccione por cor. Escolla o negro. Reduza a
|
|
selección en varios píxeles, asegurándose de NON reducir os bordos da
|
|
máscara (a contracción axúdalle a evitar e recuperar os erros).
|
|
|
|
Agora desactive a máscara. Vexa e edite a capa WIP sen máscara. Usando a
|
|
ferramenta de selección de cores, escolla unha cor termo medio para o
|
|
obxecto. Arrastre e solte esta cor na selección, eliminando así a maioría
|
|
dos píxeles que non son do obxecto.
|
|
|
|
Esta cor sólida comprimirase ben e axudará a evitar franxas de cor feas
|
|
cando Tux Paint reduza a imaxe. Se o bordo do obxecto ten varias cores moi
|
|
diferentes, debe dividir a selección para que poida colorar o fondo próximo
|
|
para que sexa semellante.
|
|
|
|
Agora pintará a franxa de bordo existente. Asegúrese de que está editando e
|
|
vendo a imaxe WIP. Os cambios frecuentes na visibilidade das capas
|
|
axudaranlle a ver o que fai. É probábel que empregue todos os:
|
|
|
|
+ composto sobre verde (máscara activada)
|
|
+ composto sobre maxenta (máscara activada)
|
|
+ orixinal (a capa superior ou inferior)
|
|
+ composto sobre o orixinal (máscara activada)
|
|
+ capa WIP en bruto (máscara desactivada)
|
|
|
|
Para reducir os accidentes, pode que queira seleccionar só os píxeles que
|
|
non estean grises na máscara. (Seleccione por cor na máscara, escolla
|
|
negro, engada o modo, escolla o branco, inverter. Alternativamente:
|
|
seleccione todo, seleccione por cor da máscara, modo de subtracción,
|
|
escolla o negro, escolla o branco.) Se fai isto, probabelmente queira
|
|
expandir un pouco a selección e/ou agochar a ringleira de «formigas» que
|
|
marca a selección.
|
|
|
|
Use a ferramenta de clonación e a de pincel. Varíe a opacidade segundo sexa
|
|
necesario. Empregue principalmente pinceis redondos pequenos, quizais 3x3
|
|
ou 5x5, difusos ou non. (Xeralmente é bo emparellar pinceis difusos cun
|
|
100% de opacidade e pinceis non difusos cun 70% de opacidade.) Os modos de
|
|
debuxo pouco comúns poden ser útiles con obxectos semitransparentes.
|
|
|
|
O obxectivo é eliminar a franxa do bordo, tanto dentro como fóra do
|
|
obxecto. A franxa interior, visíbel cando o obxecto está composto sobre
|
|
maxenta ou verde, debe eliminarse por razóns obvias. Tamén hai que eliminar
|
|
a franxa exterior porque se fará visíbel cando a imaxe se reduza. Como
|
|
exemplo, considere unha rexión de 2x2 de píxeles no bordo dun obxecto de
|
|
bordos afiados. A metade esquerda é negra e 0% opaca. A metade dereita é
|
|
branca e 100% opaca. É dicir, temos un obxecto branco sobre fondo negro.
|
|
Cando Tux Paint escala este ao 50% (unha área de 1x1 píxeles), o resultado
|
|
será un píxel gris opaco do 50%. O resultado correcto sería un píxel branco
|
|
ao 50% opaco. Para obter este resultado, pintaríamos os píxeles negros.
|
|
Estes iImportan, a pesar de ser 0% opacos.
|
|
|
|
Tux Paint pode reducir a escala das imaxes nun factor moi grande, polo que
|
|
é importante estender moito o bordo do obxecto cara a fóra. Xusto no bordo
|
|
do obxecto, debe ser moi preciso respecto diso. A medida que se afasta do
|
|
o, pode ser un pouco desleixado. É razoábel pintar cara a fóra unha ducia
|
|
de píxeles ou máis. Canto máis lonxe vaia, máis pode Tux Paint reducir sen
|
|
crear franxas de cor feas. Para as áreas que están a máis duns poucos
|
|
píxeles de distancia do bordo do obxecto, debería empregar a ferramenta de
|
|
lapis (ou seleccionar arrastrar e soltar cor) para garantir que o resultado
|
|
se comprime ben.
|
|
|
|
-------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Gardar a imaxe para Tux Paint
|
|
|
|
É moi doado esnaquizar un traballo arreo. Os editores de imaxes poden
|
|
esnaquizar silenciosamente píxeles en áreas 0% opacas. As condicións nas
|
|
que isto ocorre poden variar dunha versión a outra. Se confía moito, pode
|
|
tentar gardar a súa imaxe directamente como PNG. Asegúrese de vela de novo
|
|
para verificar que as áreas 0% opacas non se volveron negras ou brancas, o
|
|
que crearía franxas cando Tux Paint reduza a imaxe. Se precisa escalar a
|
|
súa imaxe para aforrar espazo (e agochar os seus erros), é case seguro que
|
|
destruirá todas as áreas 0% opacas. Velaquí unha mellor forma...
|
|
|
|
Un xeito máis seguro de gardar
|
|
|
|
Arrastre a máscara desde o diálogo de capas ata a parte non utilizada
|
|
da barra de ferramentas (xusto após a última ferramenta de debuxo).
|
|
Isto creará unha nova imaxe composta por unha capa que contén os datos
|
|
da máscara. Escale isto como queira, lembrando os axustes que utiliza.
|
|
Moitas veces debe comezar cunha imaxe de entre 700 e 1500 píxeles de
|
|
largo e acabar cunha de 300 a 400.
|
|
|
|
Garde a imaxe da máscara como un ficheiro de mapa de grises portátil
|
|
NetPBM («.pgm»). (Se está a usar unha versión antiga de The GIMP, é
|
|
posíbel que deba converter a imaxe en escala de grises antes de
|
|
gardala.) Escolla o formato máis compacto «RAW PGM». (O segundo
|
|
carácter do ficheiro debe ser o díxito ASCII «5», byte hexadecimal
|
|
0x35.)
|
|
|
|
Pode pechar a imaxe da máscara.
|
|
|
|
Volvendo á imaxe multicapa, agora seleccione a capa WIP. Como fixo coa
|
|
máscara, arrastre isto dende o diálogo de capas ata a barra de
|
|
ferramentas. Debería obter unha imaxe dunha soa capa dos seus datos
|
|
WIP. Se tamén apareceu a máscara, desfágase dela. Debería ver o obxecto
|
|
e o contorno pintado sen ningunha miniatura de máscara no diálogo de
|
|
capas. Se escalou a máscara, entón escale esta imaxe exactamente do
|
|
mesmo xeito. Garde esta imaxe como un ficheiro de pixmap portátil
|
|
NetPBM («.ppm»). (Nota: .ppm, non .pgm.) (Se escolle o formato RAW PPM,
|
|
o segundo byte do ficheiro debería ser o díxito ASCII «6», o byte
|
|
hexadecimal 0x36.)
|
|
|
|
Agora cómpre fusionar os dous ficheiros nun só. Fagao coa orde pnmtopng
|
|
, así:
|
|
|
|
pnmtopng -force -compression 9 -alpha mask.pgm fg.ppm >
|
|
final-stamp.png
|
|
|