tuxpaint-pencil-sharpener/docs/gl_ES.UTF-8/ENVVARS.txt
2021-06-02 23:21:22 -07:00

101 lines
4.4 KiB
Text

Tux Paint
versión 0.9.26
Documentación de variábeis de contorno
Copyright © 2021-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
http://www.tuxpaint.org/
11 de Maio de 2021
----------------------------------------------------------------------
Tux Paint comprende unha serie de variábeis de contorno, ben directamente
ou indirectamente polas bibliotecas que emprega.
Variábeis de contorno relacionadas co almacenamento
HOME
Especifica o «directorio persoal» do usuario, que se usa para
localizar outros ficheiros ou directorios. Nalgúns casos, úsase
como parte dunha situación alternativa, cando non se configuran
outras variábeis de contorno (noutros lugares desta
documentación). Ás veces, a localización a empregar pode ser
anulada polas opcións fornecidas na liña de ordes ou a través do
ficheiro de configuración de Tux Paint. Consulte a documentación
de «OPCIÓNS» (OPTIONS) para máis detalles.
Algúns exemplos de onde se usa «$HOME» inclúen:
* A localización do ficheiro de configuración de Tux Paint
* A base de onde Tux Paint garda e carga os debuxos dos
usuarios
* A localización da colección privada de ficheiros de datos dun
usuario — selos, pinceis, etc. — (fronte aos dispoñíbeis no
sistema)
XDG_CONFIG_HOME
En Linux e noutras plataformas onde se usan os estándares X
Desktop Group, a localización dos ficheiros de configuración do
usuario. Especificamente, onde atopar «user-dirs.dirs», onde se
podería definir o «XDG_PICTURES_DIR». Úsase para exportar debuxos
e GIF animados. Xeralmente estabelecese en algo así como
«$HOME/Pictures/». Se non se especifica, Tux Paint comproba no
directorio «$HOME/.config/». Se non se pode atopar a
configuración, Tux Paint simplemente exporta debuxos e GIF a
«$HOME».
XDG_DATA_HOME
En Linux e noutras plataformas onde se usan os estándares X
Desktop Group, a localización dos directorios de datos do usuario.
En concreto, onde atopar o directorio «Trash». Úsase cando se
eliminan imaxes do diálogo «Abrir» de Tux Paint. Se non se define,
úsase a localización «$HOME/.local/share/Trash/», se está
dispoñíbel. Se non, as imaxes bórranse simplemente no canto de
movelas a calquera outro lugar.
TEMP
Especifica a localización onde se poden crear ficheiros temporais.
Só o usa Tux Paint nos sistemas operativos Microsoft Windows.
Emprega «userdata» se non se define.
Variábeis de contorno relacionadas co idioma
LANG
LANGUAGE
LC_ALL
LC_MESSAGES
Especifica o idioma que debe empregar Tux Paint na súa interface
de usuario. Anulada polas opcións da liña de ordes «--lang» e
«--locale» ou as súas equivalentes do ficheiro de configuración.
Utilízase a variábel de contorno 'LANGUAGE', se está definida. Se
non, «LC_ALL» úsase como alternativa. Após «LC_MESSAGES» e,
finalmente, «LANG».
Variábeisbles de contorno relacionadas co que se amosa
A seguir amósanse algunhas das variábeis de contorno compatíbeis con
Simple DirectMedia Layer (libSD) — que Tux Paint utiliza para amosar
gráficos, reproducir sons e recibir entrada do rato, teclado e joystick —
e que poden ser útiles para os usuarios de Tux Paint.
SDL_VIDEO_ALLOW_SCREENSAVER
Especifica se Tux Paint debería permitir a execución dun protector
de pantalla. Pode ser definido como «1» (verdadeiro) polo propio
Tux Paint emitindo a opción de liña de ordes «--allowscreensaver»
ou o seu equivaente no ficheiro de configuración.
SDL_VIDEO_WINDOW_POS
Solicita onde colocar a xanela de Tux Paint. Normalmente
estabelécese en «center» polo propio Tux Paint, a menos que a
variábel de contorno xa estea estabelecida (por exemplo, en
«nopref», que significa «sen preferencia»).