tuxpaint-pencil-sharpener/docs/gl_ES.UTF-8/SIGNALS.txt
2022-03-31 22:51:19 -07:00

55 lines
2.7 KiB
Text

Tux Paint
versión 0.9.28
Documentación de sinais
Copyright © 2019-2022 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt.
https://tuxpaint.org/
31 de Marzo de 2022
Tux Paint responde aos seguintes sinais (que poden enviarse ao proceso do
programa a través de «kill» ou «killall», por exemplo).
SIGTERM (tamén, [Ctrl] + [C] dende un terminal executando «tuxpaint»)
Tux Paint responde coma se se premese o botón «Saír» ou se lle
dixera ao contorno de escritorio que peche Tux Paint (por exemplo,
premendo nun botón de peche da xanela ou premendo [Alt] + [F4] na
maioría dos sistemas).
Dende a interface principal, Tux Paint preguntará se quere ou non
saír e (a non ser que sexa anulado pol a opción de gardado
automático, p. ex.: «--autosavex) se quere gardar o debuxo actual
(se non está gardado) , e se é así, e é unha versión modificada
dun debuxo existente (a non ser que sexa anulado polas opcións de
gardar sobre imaxes antigas ou gardar sempre imaxes novas; por
exemplo, «--saveover« e «--saveovernew», respectivamente), se
quere ou non sobreescribir o debuxo existente ou gardalo nun novo
ficheiro.
Exemplo: killall tuxpaint
💡 Note: From other parts of the interface, the signal is currently
interpreted as a request to go back (e.g., from the "New" dialog
back to the main interface), as if a "Back" button in Tux Paint
were clicked, or the [Esc] was key pressed.
SIGUSR1 & SIGUSR2
Tux Paint responde axustando a súa opción de gardar
automaticamente (coma se fora publicada con «--autosave»), así
como a opción de gardar sempre novas imaxes (coma se se publicase
con «--saveovernew») no caso de recibir un sinal de SIGUSR1 ou de
gardar sempre sobre a imaxe existente (coma se se publicase con
«--saveover») no caso de recibir SIGUSR2. Entón Tux Paint envíase
a sí mesmo un sinal de SIGTERM, nun intento de saír. (Ver arriba.)
Así, dende a interface principal, Tux Paint debería saír case de
inmediato, sen facer preguntas.
Exemplo: killall -s SIGUSR1 tuxpaint
💡 Note: From other parts of the interface, unfortunately, Tux
Paint will go back one level in the interface. Therefore, at this
time, it may be necessary to send this signal to Tux Paint a few
times, for it to quit completely.