tuxpaint-pencil-sharpener/docs/gl_ES.UTF-8/PNG.txt
2023-07-16 10:49:44 -07:00

93 lines
3.7 KiB
Text
Raw Blame History

This file contains ambiguous Unicode characters

This file contains Unicode characters that might be confused with other characters. If you think that this is intentional, you can safely ignore this warning. Use the Escape button to reveal them.

Tux Paint
versión 0.9.31
Documentación PNG
Copyright © 2007-2022 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt.
https://tuxpaint.org/
4 de Xuño de 2022
Sobre os PNG
PNG é o formato de Gráficos de Rede Portátiles. É un estándar aberto, non
lastrado polas patentes (como os GIF). É un formato moi comprimido (aínda que
non é «con perda» como os JPEG: a perda permite que os ficheiros sexan moito
máis pequenos, mais introduce «erros» na imaxe cando se gardan) e admite cores
de 24 bits (16,7 millóns de cores), así como unha «canle alfa» completo, é
dicir, cada píxel pode ter un grao de transparencia variábel.
Para obter máis información, visite:http://www.libpng.org/
Estas características (apertura, perda, compresión, transparencia/alfa)
convérteno na mellor opción para Tux Paint. (A compatibilidade de Tux Paint co
formato PNG procede da biblioteca de código aberto SDL_Image, que á súa vez a
obtén da biblioteca libPNG.)
A compatibilidade con moitas cores permite utilizar imaxes de «selo de caucho»
de calidade fotográfica en Tux Paint e a transparencia alfa permite pinceis de
alta calidade.
Como facer imaxes PNG
A continuación amosarase unha lista moi breve de xeitos de crear PNG ou
converter as imaxes existentes a PNG.
GIMP & Krita
GIMP e Krita son dúas excelentes ferramentas coas que crear imaxes PNG para
usar en Tux Paint , ambos son programas de debuxo interactivo e edición de
fotos de código aberto de alta calidade.
É probábel que un ou ambos xa estean instalados no seu sistema. Se non,
deberían estar dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución
Linux. Se non é así, ou para obter máis información, visite http://
www.gimp.org/ e http://www.krita.org/ respectivamente.
Ferramentas da liña de ordes
NetPBM
As ferramentas de Mapas de bits Portátil Portable Bitmap (coñecidas
colectivamente como «NetPBM») son unha colección de ferramentas de liña
de ordes de código aberto que converten a e dende varios formatos,
incluíndo GIF, TIFF, BMP, PNG e moitos máis.
É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán
dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se
non é así, ou para saber máis, visite http://netpbm.sourceforge.net/.
cjpeg/djpeg
Os programas de liña de ordes «cjpeg» e «djpeg» converten entre o
formato NetPBM Calquera mapa portátil Portable Any Map (PNM) e os
JPEG. É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán
dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se
non é así, ou para saber máis, visite https://jpegclub.org/.
Proprietary Software for Windows
+ CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
+ Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html
+ Paint Shop Pro (Corel) — https://www.paintshoppro.com/
+ Photoshop (Adobe) — http://www.adobe.com/products/photoshop.html
+ PIXresizer (Bluefive software) — http://bluefive.pair.com/
pixresizer.htm
Usuarios de Macintosh
+ CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
+ GraphicConverter (Lemke Software) — https://www.lemkesoft.de/
mac-fotobearbeitung-mac-diashow-mac-grafikprogramm-mac-bildbetrachter/
+ Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html
+ Photoshop (Adobe) — http://www.adobe.com/products/photoshop.html