tuxpaint-pencil-sharpener/docs/gl_ES.UTF-8/SIGNALS.txt
2024-02-29 22:00:07 -08:00

58 lines
2.5 KiB
Text

Tux Paint
versión 0.9.33
Documentación de sinais
Copyright © 2019-2022 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt.
https://tuxpaint.org/
4 de Xuño de 2022
Tux Paint responde aos seguintes sinais (que poden enviarse ao proceso do
programa a través de «kill» ou «killall», por exemplo).
SIGTERM (tamén, [Control] + [C] dende un terminal executando «tuxpaint»)
Tux Paint responde coma se se premese o botón «Saír» ou se lle dixera ao
contorno de escritorio que peche Tux Paint (por exemplo, premendo nun botón
de peche da xanela ou premendo [Alt] + [F4] na maioría dos sistemas).
Dende a interface principal, Tux Paint preguntará se quere ou non saír e (a
non ser que sexa anulado pol a opción de gardado automático, p. ex.:
«--autosavex) se quere gardar o debuxo actual (se non está gardado) , e se
é así, e é unha versión modificada dun debuxo existente (a non ser que sexa
anulado polas opcións de gardar sobre imaxes antigas ou gardar sempre
imaxes novas; por exemplo, «--saveover« e «--saveovernew»,
respectivamente), se quere ou non sobreescribir o debuxo existente ou
gardalo nun novo ficheiro.
Exemplo: killall tuxpaint
💡 Note: From other parts of the interface, the signal is currently
interpreted as a request to go back (e.g., from the "New" dialog back to
the main interface), as if a "Back" button in Tux Paint were clicked, or
the [Esc] was key pressed.
SIGUSR1 & SIGUSR2
Tux Paint responde axustando a súa opción de gardar automaticamente (coma
se fora publicada con «--autosave»), así como a opción de gardar sempre
novas imaxes (coma se se publicase con «--saveovernew») no caso de recibir
un sinal de SIGUSR1 ou de gardar sempre sobre a imaxe existente (coma se se
publicase con «--saveover») no caso de recibir SIGUSR2. Entón Tux Paint
envíase a sí mesmo un sinal de SIGTERM, nun intento de saír. (Ver arriba.)
Así, dende a interface principal, Tux Paint debería saír case de inmediato,
sen facer preguntas.
Exemplo: killall -s SIGUSR1 tuxpaint
💡 Note: From other parts of the interface, unfortunately, Tux Paint will go
back one level in the interface. Therefore, at this time, it may be
necessary to send this signal to Tux Paint a few times, for it to quit
completely.