307 lines
16 KiB
Text
307 lines
16 KiB
Text
Tux Paint
|
|
versión 0.9.27 «Como facer» os selos avanzados
|
|
|
|
Copyright © 2006-2021 por Albert Cahalan e outros; vexa AUTHORS (AUTORES).
|
|
http://www.tuxpaint.org/
|
|
|
|
29 de Agosto de 2021
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
+-------------------------------------------+
|
|
|Índice |
|
|
|-------------------------------------------|
|
|
| * Sobre este «Como facelo» |
|
|
| * A elección da imaxe é crucial |
|
|
| * Preparar a máscara |
|
|
| * Substituír a franxa e os píxeles lixo |
|
|
| * Gardar a imaxe para Tux Paint |
|
|
+-------------------------------------------+
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Sobre este «Como facelo»
|
|
|
|
Este «Como facelo» supón que quere facer un excelente selo de Tux Paint,
|
|
en formato PNG con mapa de bits, a partir dunha imaxe JPEG (p. ex.: unha
|
|
fotografía dixital). Hai métodos máis sinxelos e rápidos que producen
|
|
unha calidade inferior.
|
|
|
|
Este «Como facelo» supón que está a tratar con obxectos opacos normais.
|
|
O tratamento de obxectos semitransparentes (lume, ventilador en
|
|
movemento, globo infantil) ou obxectos que dan luz (lume, bombilla, sol)
|
|
faise mellor cun software personalizado. As imaxes con fondos de cor
|
|
sólida perfectos tamén se fan mellor con software personalizado, pero
|
|
non son difíciles de facer do seguinte xeito.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
A elección da imaxe é crucial
|
|
|
|
Licenza
|
|
|
|
Se quere enviar ilustracións aos desenvolvedores de Tux Paint para a
|
|
súa inclusión no proxecto oficial, ou se quere publicar a súa propia
|
|
copia de Tux Paint, xunto cos seus propios gráficos, precisa unha
|
|
imaxe que sexa compatíbel coa Licenza Pública Xeral GNU empregada por
|
|
Tux Paint.
|
|
|
|
As imaxes producidas polo goberno dos Estados Unidos son de dominio
|
|
público, pero teña en conta que o goberno dos Estados Unidos ás veces
|
|
usa outras imaxes na web. As consultas de Google image incluíndo
|
|
site:gov or site:mil proporcionarán moitas imaxes axeitadas. (Nota: os
|
|
sitios *.mil tamén inclúen contido non militar.)
|
|
|
|
As súas propias imaxes pódense poñer no dominio público ou nunha
|
|
licenza axeitada, como o Creative Commons CC0 declarándoas así .
|
|
(Consulte cun avogado se considera a necesidade dun asesoramento
|
|
xurídico.)
|
|
|
|
Para uso persoal, calquera imaxe que lexitimamente poida modificar e
|
|
usar para o seu uso persoal debería estar ben.
|
|
|
|
Tamaño e orientación da imaxe
|
|
|
|
Precisa unha imaxe que teña unha orientación útil. A perspectiva é un
|
|
inimigo. As imaxes que obxecto un obxecto dende un canto son difíciles
|
|
de encaixar nun bo debuxo. Como regra xeral, as vistas laterais con
|
|
teleobxectivo son as mellores. O ideal imposíbel é que, por exemplo,
|
|
dúas rodas dun coche estean perfectamente agochadas tras as outras
|
|
dúas.
|
|
|
|
Rotar unha imaxe pode facela borrosa, especialmente se só rota uns
|
|
graos. As imaxes que non precisan rotación son as mellores, as imaxes
|
|
que precisan moita rotación (30 a 60 graos) son as seguintes mellores
|
|
e as que precisan uns poucos graos as peores. A rotación tamén fará
|
|
que a imaxe sexa máis escura porque a maioría do software de edición
|
|
de imaxes é moi malo na manipulación da gamma. (A rotación só é
|
|
lexítima para imaxes gamma = 1,0.)
|
|
|
|
As imaxes moi grandes son máis indulxentes cos erros e, polo tanto,
|
|
son máis doadas de traballar. Escolla unha imaxe cun obxecto de máis
|
|
de 1000 píxeles se pode. Pode reducilo máis tarde para agochar os seus
|
|
erros.
|
|
|
|
Asegúrese de que a imaxe non está demasiado granulada, tenue ou
|
|
lavada.
|
|
|
|
Preste atención aos pés e ás rodas. Se están enterrados en algo, terá
|
|
que debuxar outros novos. Se só un está enterrado, pode que poida
|
|
copiar o outro como substituto.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Preparar a imaxe
|
|
|
|
Primeiro de todo, asegúrese de evitar gardar de novo a imaxe como JPEG.
|
|
Isto provoca unha perda de calidade. Hai unha ferramenta especial
|
|
chamada jpegtran que permite recortar unha imaxe sen perder a calidade
|
|
normal.
|
|
|
|
jpegtran -trim -copy none -crop 512x1728+160+128 < src.jpg >
|
|
cropped.jpg
|
|
|
|
Cargue esa imaxe para o seu editor de imaxes. Se aínda non a cortou,
|
|
pode que o seu editor de imaxes sexa moi lento. Rote e recorte a imaxe
|
|
segundo sexa necesario. Garde a imaxe, escolla o formato nativo que
|
|
admita capas, máscaras, alfa, etc. Os usuarios de GIMP deberían escoller
|
|
«XCF» e os usuarios de Adobe Photoshop debería escoller «PSD», por
|
|
exemplo.
|
|
|
|
Se rotou ou recortou a imaxe no seu editor de imaxes, aplánea agora.
|
|
Debe ter só unha capa RGB sen máscara nin alfa.
|
|
|
|
Abra o cadro de diálogo de capas. Replique a capa varias veces. De
|
|
arriba abaixo necesitará algo así:
|
|
|
|
1. imaxe sen modificar (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
2. unha imaxe que modificar: a capa de «traballo en ptoceso»
|
|
3. verde sólido (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
4. maxenta sólido (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
5. imaxe sen modificar (protexa isto contra escritura se pode)
|
|
|
|
Delle á capa Traballo en proceso (WIP — «work in progress» ) unha
|
|
máscara inicial aproximada. Pode comezar cunha selección ou empregando o
|
|
valor de escala de grises da capa WIP. Pode inverter a máscara.
|
|
|
|
Advertencia: unha vez que teña a máscara, non pode rotar nin escalar a
|
|
imaxe normalmente. Isto provocaría a perda de datos. Máis adiante se lle
|
|
darán instrucións especiais de escalado.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Preparar a máscara
|
|
|
|
Acostúmese a facer [Ctrl]-premer e [Alt]-premer nas imaxes en miniatura
|
|
no diálogo de capas. Necesitará isto para controlar o que está a ver e o
|
|
que está a editar. Ás veces estará editando cousas que non pode ver. Por
|
|
exemplo, pode editar a máscara da capa WIP mentres mira a imaxe sen
|
|
modificar. Preste atención para non meter a pata. Verifica sempre que
|
|
está a editar o correcto.
|
|
|
|
Estabeleza unha imaxe sen modificar como a que vai ver (a superior é a
|
|
máis doada). Estabeleza a máscara WIP como o que vai editar. Nalgún
|
|
momento, quizais non de inmediato, debería aumentar a imaxe ata
|
|
aproximadamente o 400% (cada píxel da imaxe vese e edítase como un
|
|
bloque de píxeles 4x4 na súa pantalla).
|
|
|
|
Seleccione partes da imaxe que deben ser 100% opacas ou 0% opacas. Se
|
|
pode seleccionar o obxecto ou o fondo con certa precisión por cor,
|
|
fágao. Se é necesario para evitar seleccionar píxeles que deben ser
|
|
parcialmente opacos (xeralmente no bordo do obxecto), debe aumentar,
|
|
diminuír e inverter a selección.
|
|
|
|
Encha as áreas 100% opacas con branco e as áreas 0% opacas con negro.
|
|
Isto faise máis facilmente arrastrando e soltando dende o indicador de
|
|
cor de primeiro plano/fondo. Non debería ver ocorrer nada porque está a
|
|
ver a capa de imaxe sen modificar mentres edita a máscara da capa WIP. É
|
|
posíbel que se poidan notar grandes cambios na miniatura.
|
|
|
|
Agora debe ampliala.
|
|
|
|
Comprobe o seu traballo. Agoche a capa superior da imaxe sen modificar.
|
|
Amose só a máscara, que debería ser un obxecto branco sobre un fondo
|
|
negro (probabelmente cun gris sen editar no bordo). Agora amose
|
|
normalmente a capa WIP para que a máscara estea activa. Isto debería
|
|
amosar o seu obxecto sobre a seguinte capa máis alta activada, que
|
|
debería ser verde ou maxenta segundo sexa necesario para obter o máximo
|
|
contraste. Quizais queira alternar entre eses fondos premendo varias
|
|
veces para activar/desactivar a capa verde. Corrixa os problemas obvios
|
|
e sinxelos editando a máscara mentres a ve.
|
|
|
|
Volva ver a capa superior sen modificar mentres edita a máscara WIP.
|
|
Estabeleza a súa ferramenta de debuxo co pincel. Para o pincel, escolla
|
|
un pequeno círculo difuso. O tamaño 5x5 é bo para a maioría dos usos.
|
|
|
|
Con man firme, faga un trazo arredor da imaxe. Use negro polo exterior e
|
|
branco polo interior. Evite facer máis dun pase sen cambiar de cor (e,
|
|
polo tanto, de lado).
|
|
|
|
Vire un pouco as vistas, comprobando que a máscara funciona ben. Cando a
|
|
capa WIP se compón sobre o verde ou o maxenta, debería ver un pouco do
|
|
fondo orixinal como unha franxa fea ao redor do bordo. Se falta esta
|
|
franxa, fixo a máscara de obxectos demasiado pequena. A franxa consta de
|
|
píxeles que non son nin 100% obxecto nin 0% obxecto. Para eles, a
|
|
máscara non debería ser nin do 100% nin do 0%. A franxa retirase pronto.
|
|
|
|
Ver e editar a máscara. Seleccione por cor, escollendo negro ou branco.
|
|
O máis probábel é que vexa pintas non seleccionadas que non son da cor
|
|
agardada. Inverta a selección e logo pínteas coa ferramenta de lapis.
|
|
Faga esta operación tanto para branco como para negro.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Substituír a franxa e os píxeles lixo
|
|
|
|
Se sigue a ver a máscara, seleccione por cor. Escolla o negro. Reduza a
|
|
selección en varios píxeles, asegurándose de NON reducir os bordos da
|
|
máscara (a contracción axúdalle a evitar e recuperar os erros).
|
|
|
|
Agora desactive a máscara. Vexa e edite a capa WIP sen máscara. Usando a
|
|
ferramenta de selección de cores, escolla unha cor termo medio para o
|
|
obxecto. Arrastre e solte esta cor na selección, eliminando así a
|
|
maioría dos píxeles que non son do obxecto.
|
|
|
|
Esta cor sólida comprimirase ben e axudará a evitar franxas de cor feas
|
|
cando Tux Paint reduza a imaxe. Se o bordo do obxecto ten varias cores
|
|
moi diferentes, debe dividir a selección para que poida colorar o fondo
|
|
próximo para que sexa semellante.
|
|
|
|
Agora pintará a franxa de bordo existente. Asegúrese de que está
|
|
editando e vendo a imaxe WIP. Os cambios frecuentes na visibilidade das
|
|
capas axudaranlle a ver o que fai. É probábel que empregue todos os:
|
|
|
|
* composto sobre verde (máscara activada)
|
|
* composto sobre maxenta (máscara activada)
|
|
* orixinal (a capa superior ou inferior)
|
|
* composto sobre o orixinal (máscara activada)
|
|
* capa WIP en bruto (máscara desactivada)
|
|
|
|
Para reducir os accidentes, pode que queira seleccionar só os píxeles
|
|
que non estean grises na máscara. (Seleccione por cor na máscara,
|
|
escolla negro, engada o modo, escolla o branco, inverter.
|
|
Alternativamente: seleccione todo, seleccione por cor da máscara, modo
|
|
de subtracción, escolla o negro, escolla o branco.) Se fai isto,
|
|
probabelmente queira expandir un pouco a selección e/ou agochar a
|
|
ringleira de «formigas» que marca a selección.
|
|
|
|
Use a ferramenta de clonación e a de pincel. Varíe a opacidade segundo
|
|
sexa necesario. Empregue principalmente pinceis redondos pequenos,
|
|
quizais 3x3 ou 5x5, difusos ou non. (Xeralmente é bo emparellar pinceis
|
|
difusos cun 100% de opacidade e pinceis non difusos cun 70% de
|
|
opacidade.) Os modos de debuxo pouco comúns poden ser útiles con
|
|
obxectos semitransparentes.
|
|
|
|
O obxectivo é eliminar a franxa do bordo, tanto dentro como fóra do
|
|
obxecto. A franxa interior, visíbel cando o obxecto está composto sobre
|
|
maxenta ou verde, debe eliminarse por razóns obvias. Tamén hai que
|
|
eliminar a franxa exterior porque se fará visíbel cando a imaxe se
|
|
reduza. Como exemplo, considere unha rexión de 2x2 de píxeles no bordo
|
|
dun obxecto de bordos afiados. A metade esquerda é negra e 0% opaca. A
|
|
metade dereita é branca e 100% opaca. É dicir, temos un obxecto branco
|
|
sobre fondo negro. Cando Tux Paint escala este ao 50% (unha área de 1x1
|
|
píxeles), o resultado será un píxel gris opaco do 50%. O resultado
|
|
correcto sería un píxel branco ao 50% opaco. Para obter este resultado,
|
|
pintaríamos os píxeles negros. Estes iImportan, a pesar de ser 0%
|
|
opacos.
|
|
|
|
Tux Paint pode reducir a escala das imaxes nun factor moi grande, polo
|
|
que é importante estender moito o bordo do obxecto cara a fóra. Xusto no
|
|
bordo do obxecto, debe ser moi preciso respecto diso. A medida que se
|
|
afasta do o, pode ser un pouco desleixado. É razoábel pintar cara a fóra
|
|
unha ducia de píxeles ou máis. Canto máis lonxe vaia, máis pode Tux
|
|
Paint reducir sen crear franxas de cor feas. Para as áreas que están a
|
|
máis duns poucos píxeles de distancia do bordo do obxecto, debería
|
|
empregar a ferramenta de lapis (ou seleccionar arrastrar e soltar cor)
|
|
para garantir que o resultado se comprime ben.
|
|
|
|
----------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
Gardar a imaxe para Tux Paint
|
|
|
|
É moi doado esnaquizar un traballo arreo. Os editores de imaxes poden
|
|
esnaquizar silenciosamente píxeles en áreas 0% opacas. As condicións nas
|
|
que isto ocorre poden variar dunha versión a outra. Se confía moito,
|
|
pode tentar gardar a súa imaxe directamente como PNG. Asegúrese de vela
|
|
de novo para verificar que as áreas 0% opacas non se volveron negras ou
|
|
brancas, o que crearía franxas cando Tux Paint reduza a imaxe. Se
|
|
precisa escalar a súa imaxe para aforrar espazo (e agochar os seus
|
|
erros), é case seguro que destruirá todas as áreas 0% opacas. Velaquí
|
|
unha mellor forma...
|
|
|
|
Un xeito máis seguro de gardar
|
|
|
|
Arrastre a máscara desde o diálogo de capas ata a parte non utilizada
|
|
da barra de ferramentas (xusto após a última ferramenta de debuxo).
|
|
Isto creará unha nova imaxe composta por unha capa que contén os datos
|
|
da máscara. Escale isto como queira, lembrando os axustes que utiliza.
|
|
Moitas veces debe comezar cunha imaxe de entre 700 e 1500 píxeles de
|
|
largo e acabar cunha de 300 a 400.
|
|
|
|
Garde a imaxe da máscara como un ficheiro de mapa de grises portátil
|
|
NetPBM («.pgm»). (Se está a usar unha versión antiga de The GIMP, é
|
|
posíbel que deba converter a imaxe en escala de grises antes de
|
|
gardala.) Escolla o formato máis compacto «RAW PGM». (O segundo
|
|
carácter do ficheiro debe ser o díxito ASCII «5», byte hexadecimal
|
|
0x35.)
|
|
|
|
Pode pechar a imaxe da máscara.
|
|
|
|
Volvendo á imaxe multicapa, agora seleccione a capa WIP. Como fixo coa
|
|
máscara, arrastre isto dende o diálogo de capas ata a barra de
|
|
ferramentas. Debería obter unha imaxe dunha soa capa dos seus datos
|
|
WIP. Se tamén apareceu a máscara, desfágase dela. Debería ver o
|
|
obxecto e o contorno pintado sen ningunha miniatura de máscara no
|
|
diálogo de capas. Se escalou a máscara, entón escale esta imaxe
|
|
exactamente do mesmo xeito. Garde esta imaxe como un ficheiro de
|
|
pixmap portátil NetPBM («.ppm»). (Nota: .ppm, non .pgm.) (Se escolle o
|
|
formato RAW PPM, o segundo byte do ficheiro debería ser o díxito ASCII
|
|
«6», o byte hexadecimal 0x36.)
|
|
|
|
Agora cómpre fusionar os dous ficheiros nun só. Fagao coa orde
|
|
pnmtopng, así:
|
|
|
|
pnmtopng -force -compression 9 -alpha mask.pgm fg.ppm >
|
|
final-stamp.png
|