[1]Tux Paint
versión 0.9.15
Un sinxelo programa de debuxo para nenos
Copyright 2004 by Bill Kendrick
New Breed Software
[2]bill@newbreedsoftware.com
[3]http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/
14 de Xuño de 2002 - 24 de Outubro de 2004
---------------------------------------------------------------------------
Acerca de
Que é "Tux Paint"?
Tux Paint é un programa de debuxo libre deseñado para os nenos pequenos
(rapaces de 3 e máis). Ten unha interface sinxela e fácil de usar,
efectos de son divertidos, e unha mascota animada que guia e axuda ós
nenos a usar o programa. Proporciona un lenzo en branco e unha chea de
ferramentas de debuxo que lle axudan ós nenos a ser creativos.
Licenza:
Tux Paint é un proxecto de Código Aberto, Software Libre que se libera
baixo a GNU General Public License (GPL). É libre, e o "código fonte" do
programa está dispoñible. (Isto permítelle a outras persoas engadir
funcionalidades, arranxar erros, e usar partes do programa no seu propio
software GPL).
Mire o ficheiro [4]COPYING.txt para obter o texto completo da licenza GPL.
Obxectivos:
Sinxelo e Divertido
Tux Paint está pensado para ser un programa de debuxo sinxelo
para nenos pequenos. Non está pensado para ser unha ferramenta de
debuxo de propósito xeral. Está pensado para ser divertido e
fácil de usar. Os efectos de son e un personaxe animado axudan ó
usuario a enterarse de que está ocorrendo, e a mantelo entretido.
Tamén hai punteiros grandes para o rato.
Extensibilidade
Tux Paint é extensible. Os pinceis e as estampas poden poñerse
(droppped in) e sacarse (pulled out). Por exemplo, un profesor
pode poñer unha colección de formas de animais e dicirlle ós seus
estudiantes que debuxen un ecosistema. Cada forma pode ter un son
que se reproduce, e mensaxes de texto que se amosan cando os
nenos seleccionan a forma.
Portabilidade
Tux Paint portouse a varias plataformas de ordenador: Windows,
Macintosh, Linux, etc. A interface é a mesma en todas elas. Tux
Paint execútase ben en sistemas vellos (coma os Pentium 133), e
pode compilarse para que se execute mellor en sistemas lentos.
Simplicidade
Non hai acceso directo a elementos internos do ordenador. A imaxe
actual gárdase cando se sae do programa, e volve aparecer cando
se volve executar. Para gardar imaxes non cómpre crear nomes de
ficheiro ou usar o teclado. As imaxes ábrense seleccionándoas
dunha colección de miniaturas das imaxes. O acceso a outros
ficheiros do ordenador está limitado.
---------------------------------------------------------------------------
Usando Tux Paint
Executar Tux Paint
Usuarios de Linux/Unix
Tux Paint debería ter posto unha icona de lanzamento nos menús de KDE
e/ou GNOME, en 'Gráficos.'
Tamén se pode executar o seguinte comando nunha liña de comandos
(p.ex., "$"):
$ tuxpaint
Se ocorre algún erro, amosarase na terminal (para "stderr").
---------------------------------------------------------------------------
Usuarios de Windows
[5][Icona]
Tux Paint
Se instalou Tux Paint no seu ordenador usando 'Instalador de Tux Paint',
este preguntaríalle se desexaba unha entrada no menú 'Inicio', e/ou un
acceso directo no escritorio. Se aceptou, soamente ten que executar
Tux Paint dende a sección 'Tux Paint' do menú 'Inicio' (p.ex., en
"Tódolos programas" en Windows XP), ou facendo dobre clic na icona de
"Tux Paint" no escritorio.
Se instalou Tux Paint usando a descarga do 'ficheiro ZIP', ou se usou o
'Instalador de Tux Paint', pero escolleu non poñer accesos directos,
necesitará facer dobre clic na icona de "tuxpaint.exe" dentro do
cartafol de 'Tux Paint'.
Por defecto, o 'Instalador de Tux Paint' porá o cartafol de Tux Paint
en "C:\Archivos de programa\", ainda que vostede puido ter trocado isto
cando executou o instalador.
Se usou a descarga do 'ficheiro ZIP', o cartafol de Tux Paint estará
onde o puxo cando descomprimiu o ficheiro ZIP.
---------------------------------------------------------------------------
Usuarios de Mac OS X
Faga dobre clic na icona de "Tux Paint".
---------------------------------------------------------------------------
Pantalla de Título
Cando Tux Paint carga por primeira vez, aparecerá unha pantalla de
título/créditos.
[6][Captura da Pantalla de Título]
Unha vez que se completou a carga, prema unha tecla ou clique co rato
para continuar. (Ou, despois de aproximadamente 30 segundos, a pantalla
de título desaparecerá automáticamente).
---------------------------------------------------------------------------
Pantalla Principal
A pantalla principal está dividida nas seguintes seccións:
Lado Esquerdo: Barra de Ferramentas
A barra de ferramentas contén os controis de debuxo e edición.
[7][Ferramentas: Pintar, Estampa, Liñas, Formas, Texto, Máxicos, Desfacer,
Refacer, Borrador, Novo, Abrir, Gardar, Imprimir, Saír]
Centro: Lenzo de Debuxo
A parte máis grande da pantalla, no centro, é o lenzo de debuxo.
Aquí é, obviamente, onde se debuxa!
[8][(Lenzo)]
Lado Dereito: Selector
Dependendo da ferramenta actual, o selector amosa cousas
diferentes. Por exemplo, cando está seleccionada a ferramenta
Pincel, amosa tódolos pinceis dispoñibles. Cando está
seleccionada a ferramenta Estampa, amosa as diferentes formas que
se poden usar.
[9][Selectores - Pinceis, Letras, Formas, Estampas]
Máis abaixo: Cores
Hai unha paleta cas cores dispoñibles preto do fondo da pantalla.
[10][Cores: Negro, Branco, Vermello, Rosa, Laranxa, Amarelo, Verde, Azul Celeste,
Azul, Púrpura, Marrón, Gris]
Inferior: Área de Axuda
Na parte inferior da pantalla, Tux, o Pingüin de Linux, da
consellos e outra información mentres se debuxa.
[11](Por exemplo: 'Escolle unha figura. Clica para marcar o centro, arrastra e
solta cando teña o tamaño que queiras. Move arredor para virala, e clica para
debuxala.)
---------------------------------------------------------------------------
Ferramentas Dispoñibles
Ferramentas de Debuxo
Pintar (Pincel)
A ferramenta Pincel permite debuxar a man alzada, usando
diferentes pinceis (pódense elixir no Selector da dereita) e
cores (pódense elixir na paleta de cores do fondo).
Se mantén premido o botón do rato, e move o rato, debuxará
mentres o move.
Mentres debuxa, reprodúcese un son. Canto máis grande sexa o
pincel, máis grave será o ton.
---------------------------------------------------------------------------
Estampa (Estampas de Goma)
A ferramenta Estampa é coma un estampa de goma, ou unha
pegatina. Permite pegar imaxes fotográficas ou predeseñadas
(coma un debuxo dun cabalo, dunha árbore ou da lúa) no debuxo.
Mentres move o rato, unha liña seguirá ó rato, sinalando onde
se porá a estampa.
As estampas poden ter diferentes efectos de son. Algunhas
estampas poden colorearse ou tinguirse.
As Estampas poden reducirse e expandirse, e moitas das estampas
poden inverterse verticalmente, ou amosarse coma unha imaxe
espellada, usando os controis da dereita no fondo da pantalla.
(NOTA: Se está establecida a opción "nostampcontrols",
Tux Paint non amosará os controis Espellar, Inverter, Reducir e
Aumentar para as estampas. Mire a documentación "[12]Options".)
---------------------------------------------------------------------------
Liñas
Esta ferramenta permite debuxar liñas rectas usando os
diferentes pinceis e cores que se usan normalmente co Pincel.
Clique e manteña o botón premido para elixir o punto de comezo
da liña. Mentres move o rato, amosarase unha liña onde se vai
debuxar a liña.
Solte o botón para completar a liña. Reproducirase un son.
---------------------------------------------------------------------------
Formas
Esta ferramenta permite debuxar algunhas formas recheas ou non.
Seleccione unha forma do selector da dereita (circulo, cadrado,
óvalo, etc.).
No lenxo, clique e manteña o botón premido para estirar a forma
dende onde clicou. Nalgunhas formas pode cambiarse a proporción
(p.ex., o rectángulo e o óvalo), e outras non (p.ex., o cadrado
e o circulo).
Solte o botón cando remate de estirar.
Modo Normal
Agora pode mover o rato polo lenzo para vira-la
forma.
Clique outra vez e debuxarase a forma ca cor
actual.
Modo Formas Simples
Se están activadas as formas simples (p.ex., ca
opción "--simpleshapes"), a forma debuxarase no
lenzo cando solte o botón. (Non hai o paso no que
se pode virar.)
---------------------------------------------------------------------------
Texto
Escolla unha fonte (das 'Letras' dispoñibles na dereita) e unha
cor (da paleta de cores do fondo). Clique na pantalla e
aparecerá un cursor. Escriba o texto e aparecerá na pantalla.
Prema [Intro] ou [Retorno] e debuxarase o texto no debuxo e o
cursor moverase unha liña para abaixo.
Clique na parte do debuxo que queira e a liña de texto que está
escribindo moverase ali, onde pode continuar editándoa.
---------------------------------------------------------------------------
Maxia (Efectos Especiais)
A ferramenta 'Maxia' é actualmente un conxunto de ferramentas
especiais. Seleccione un dos efectos máxicos do selector
da dereita e despois clique no debuxo e arrastre para aplicar o
efecto.
Arco iris
Esta é semellante ó pincel, pero mentres move o
rato, debuxa tódalas cores do arco da vella.
Escintileos
Debuxa escintileos amarelos brillantes no debuxo.
Espellar
Cando se clica no debuxo co efecto máxico
"Espellar" seleccionado, invertirase
horizontalmente toda a imaxe (o da esquerda queda
na dereita e o da dereita pasa á esquerda),
converténdoa nunha imaxe espellada.
Inverter
Similar a "Espellar." Se se clica, invertirase
verticalmente toda a imaxe (o de arriba para
abaixo e o de abaixo para arriba).
Desenfocar
Isto fai que o debuxo se desdebuxe nas zonas polas
que arrastre o rato.
Cuadrícula
Isto fai que o debuxo se cuadricule ("pixelice")
onde queira que arrastre o rato.
Negativo
Isto invirte as cores nas partes do debuxo nas que
arrastre o rato. (p.ex., o branco convírtese en
negro, e viceversa.)
Esvaecer
Isto esvaece as cores nas zonas polas
que arrastre o rato. (Se o fai no mesmo sitio
moitas veces, e ó final quedará en branco.)
Xiz
Isto fai que partes do debuxo (onde mova o rato)
parezan debuxadas con xiz.
Pingar
Isto fai que as cores "pinguen" nas zonas do
debuxo onde mova o rato.
Engrosar
Isto fai que as cores máis escuras do debuxo se
fagan máis grosas nas partes nas que arrastre o
rato.
Afinar
Similar a "Engrosar", excepto que as cores escuras
se volven máis finas (as cores máis claras fanse
máis grosas).
Encher
Isto enche o debuxo cunha cor. Permite encher
rapidamente partes do debuxo, coma se fora un
caderno de debuxo (coloring book).
---------------------------------------------------------------------------
Goma
Esta ferramenta é semellante ó Pincel. Onde queira que clique
(clique ou arrastre), borrarase o debuxo e quedará en branco,
ou ca cor de fondo do debuxo, se comezou o debuxo actual cunha
imaxe "Inicial".
Hai dispoñibles varios tamaños de goma.
Mentres move o rato, un cadrado segue ó punteiro, sinalando que
parte do debuxo se borrará e quedará en branco.
Mentres borra, reproducirase un son de limpado.
---------------------------------------------------------------------------
Outros Controis
Desfacer
Se clica nesta ferramenta desfarase a última acción de debuxo
que fixo. Pode desfacer máis dunha vez!
Nota: Tamén se pode premer [Control]-[Z] no teclado para
desfacer.
---------------------------------------------------------------------------
Refacer
Se clica nesta ferramenta refarase a acción de debuxo que acaba
de "desfacer" ca ferramenta 'Desfacer'.
Mentres non volva debuxar outra vez, pode refacer tantas veces
coma "desfixo"!
Nota: Tamén se pode premer [Control]-[R] no teclado para
refacer.
---------------------------------------------------------------------------
Novo
Se se clica no botón "Novo" comezarase un novo debuxo. Primeiro
preguntaráselle se desexa facer isto.
Nota: Tamén pode premer [Control]-[N] no teclado para comezar
un novo debuxo.
---------------------------------------------------------------------------
Abrir
Isto amosará unha lista de tódalos debuxos que gardou. Se hai
máis debuxos dos que collen na pantalla, pode usar as frechas
"Arriba" e "Abaixo" que están na cima e no fondo da lista para
desprazarse pola lista de debuxos.
Clique nun debuxo para seleccionalo, e despois...
* Clique no botón verde "Abrir" na parte inferior esquerda
da lista para cargar o debuxo seleccionado.
(Tamén pode facer dobre clic na icona dun debuxo para
cargalo.)
* Clique no botón marrón "Borrar" (cubo do lixo) na parte
inferior dereita da lista para borrar o debuxo
seleccionado. (Pediráselle que confirme o borrado).
* Ou clique no botón vermello con frecha "Atrás" na parte
inferior dereita da lista para cancelar e voltar ó
debuxo que estaba debuxando.
Imaxes 'Iniciais'
Xunto cos debuxos que creou vostede, Tux Paint proporciónalle
as imaxes 'Iniciais'. Abrilas é coma crear un novo debuxo,
excepto porque o debuxo non está en branco. As imaxes
'Iniciais' poden ser coma unha páxina dun caderno de debuxo
(coloring book) (cun bosquexo do debuxo en branco e negro,
que despois se pode colorear), ou coma unha fotografía 3D,
na se poden debuxar os bits.
As imaxes 'Iniciais' teñen un fondo verde na pantalla 'Abrir'.
(As imaxes normais teñen un fondo azul). Cando carga unha
imaxe 'Inicial', debuxa nela, e despois clica en 'Gardar',
créase un novo debuxo (non sobrescribe a imaxe 'Inicial'
orixinal, así que poderá volver usala outra vez).
Se escolleu abrir un debuxo, e o seu debuxo actual non se
gardou, preguntaráselle se desexa gardalo ou non. (Mire
"[13]Gardar," debaixo.)
Nota: Tamén pode premer [Control]-[O] no teclado para obter o
diálogo 'Abrir'.
---------------------------------------------------------------------------
Gardar
Isto garda o debuxo actual.
Se non o gardou antes, crearase unha nova entrada na lista de
imaxes gardadas (ou sexa, crearase un novo ficheiro).
Nota: Non se lle preguntará nada (p.ex., o nome do ficheiro).
Soamente se gardará o debuxo, e reproducirase un efecto de son
de "disparador de cámara".
Se xa GARDOU antes o debuxo, ou se é un debuxo que cargou
usando o comando "Abrir", preguntaráselle primeiro se desexa
sobrescribi-la versión antiga, ou se desexa crear unha nova
entrada (un novo ficheiro).
(NOTA: Se está establecida unha das opcións "saveover" ou
"saveovernew", non se lle preguntará antes sobrescribir a
versión antiga. Mire a documentación "[14]Options".)
Nota: Tamén pode premer [Control]-[S] no teclado para gardar.
---------------------------------------------------------------------------
Imprimir
Clique neste botón e imprimirase o seu debuxo!
Deshabilitar a Impresión
Se está establecida a opción "noprint" (xa sexa
con "noprint=yes" no ficheiro de configuración de
Tux Paint, ou usando "--noprint" na liña de
comandos), deshabilitarase o botón "Imprimir".
Mire a documentación "[15]Options".
Limitar a Impresión
Se se usa a opción "printdelay" (xa sexa con
"printdelay=SEGUNDOS" no ficheiro de configuración
de, ou usando "--printdelay=SEGUNDOS" na liña de
comandos), só poderá imprimir unha vez cada
SEGUNDOS segundos.
Por exemplo, con "printdelay=60", só pode imprimir
unha vez por minuto (1 minuto=60 segundos).
Mire a documentación "[16]Options".
Comando de Impresión
(Só en Linux e Unix)
O comando que se usa para imprimir é actualmente
un conxunto de comandos que convirten un PNG nun
PostScript e o envian á impresora:
pngtopnm | pnmtops | lpr
Este comando pode cambiarse establecendo o valor
de "printcommand" no ficheiro de configuración de
Tux Paint.
Mire a documentación "[17]Options".
Opcións de Impresión
(Só para Windows)
Por defecto, Tux Paint só imprime na impresora
predeterminada cas opcións predeterminadas cando
se preme o botón 'Imprimir'.
Sen embargo, se preme a tecla [ALT] do teclado
mentres preme o botón, e se non está no modo
pantalla completa, aparecerá o diálogo de
impresión de Windows, onde poderá trocar as
opcións.
Pode almacenar os trocos na configuración de
impresora usando a opción "printcfg", xa sexa
usando "--printcfg" na liña de comandos, ou
"printcfg=yes" no propio ficheiro de configuración
de Tux Paint ("tuxpaint.cfg").
Se se usa a opción "printcfg", as opcións de
impresión cargaranse dende o ficheiro
"userdata/print.cfg". Calquera troco gardarase
aquí tamén.
Mire a documentación "[18]Options".
---------------------------------------------------------------------------
Saír
Se clica no botón "Saír", pecha a ventá de Tux Paint, ou preme
a tecla "Escape" sairá de Tux Paint.
(NOTA: O botón "Saír" pode deshabilitarse (p.ex., ca opción de
liña de comandos "--noquit"), pero a tecla [Escape] ainda
funcionará. Mire a documentación "[19]Options").
Primeiro preguntaráselle se desexa saír.
Se escolle saír, e non gardou o debuxo actual, preguntaráselle
primeiro se desexa gardalo. Se non é unha imaxe nova, entón
preguntaráselle se desexa sobrescribir a versión antiga, ou
crear unha nova entrada. (Mire "[20]Gardar" enriba).
NOTA: Se se garda a imaxe, cargarase automáticamente a seguinte
vez que execute Tux Paint!
---------------------------------------------------------------------------
Cargar Outros Debuxos en Tux Paint
Xa que o diálogo 'Abrir' de Tux Paint só mostra os debuxos que ti creaches
con Tux Paint, ¿que ocorre se queres cargar algún outro debuxo ou
fotografía en Tux Paint para editar?
Para facer isto, simplemente tes que converter o debuxo nun ficheiro de
imaxe PNG (Portable Network Graphic), e poñelo no directorio "saved" de Tux
Paint. ("~/.tuxpaint/saved/" en Linux e Unix, "userdata\saved\"
en Windows, "Library/Preferences/tuxpaint/saved/" en Mac OS X.)
Usando 'tuxpaint-import'
Os usuarios de Linux e Unix poden usar o script para shell
"tuxpaint-import" que se instalou ó instala-lo Tux Paint. Este usa
algunhas das ferramentas NetPBM para converter a imaxe ("anytopnm"),
redimensionala de xeito que colla no lenzo de Tux Paint ("pnmscale"), e
convertela a PNG ("pnmtopng").
Tamén usa o comando "date" para obter a data e a hora actual, que é a
convención de nomenclatura de ficheiros que usa Tux Paint para os
ficheiros gardados. (Lembra que nunca se che pide un 'nome de ficheiro'
cando vas gardar ou Abrir debuxos!)
Para usar 'tuxpaint-import', simplemente executa o comando dende unha
liña de comandos e proporciónalle o nome do(s) ficheiro(s) que desexas
converter.
Converterá os debuxos e poñeraos no directorio 'saved' de Tux Paint.
(Nota: Se estás facendo isto para un usuario diferente - p.ex., o teu
neno, executa o comando usando a súa conta.)
Exemplo:
$ tuxpaint-import avoa.jpg
avoa.jpg -> /home/username/.tuxpaint/saved/20020921123456.png
jpegtopnm: WRITING A PPM FILE
A primeira liña ("tuxpaint-import avoa.jpg") é o comando a executar. As
dúas liñas seguintes son a saída do programa mentres está traballando.
Agora podes abrir o Tux Paint, e estará dispoñible unha versión dese
debuxo orixinal no diálogo 'Abrir'. ¡Simplemente fai dobre clic na súa
icona!
Facéndoo Manualmente
Os usuarios de Windows, Mac OS X e BeOS deben facer actualmente a
conversión manualmente.
Executa un programa de gráficos que sexa capaz de cargar o debuxo e
gardalo coma un ficheiro de formato PNG. (Mira o ficheiro de
documentación "PNG.txt" para obter unha lista de software suxerido, e
outras referencias).
Reduce o tamaño da imaxe a un ancho máximo de 448 pixels de lado a lado e
un alto máximo de 376 pixels altura (ou sexa, o tamaño máximo é 448 x 376
pixels).
Garda o debuxo con formato PNG. É moi recomendable que o nomees o
ficheiro usando a data e a hora actual, xa que é a convención que usa
Tux Paint:
YYYYMMDDhhmmss.png
* YYYY = Ano
* MM = Mes (01-12)
* DD = Día (01-31)
* HH = Hora, en formato de 24 horas (00-23)
* mm = Minuto (00-59)
* ss = Segundo (00-59)
p.ex.:
20020921130500 - para o 21 de Setembro de 2002, 1:05:00pm
Pon este ficheiro PNG no directorio 'saved' de Tux Paint. (Mira enriba.)
En Windows, está no cartafol "userdata". En Mac OS X, está en
"Library/Preferences/tuxpaint/" no teu directorio persoal.
---------------------------------------------------------------------------
Extendendo Tux Paint
Se desexas engadir ou trocar cousas coma os Pinceis e as Estampas de Goma
que se usan no Tux Paint, podes facelo de maneira sinxela poñendo ou
eliminando ficheiros no disco duro.
Nota: Cómpre reiniciar o Tux Paint para que os trocos teñan efecto.
Onde Están Os Ficheiros
Ficheiros Estándar
Tux Paint busca os seus múltiples ficheiros de datos no seu directorio
'data'.
Linux e Unix
O sitio onde está este directorio depende de que valor se estableceu
para "DATA_PREFIX" cando se compilou o Tux Paint. Mira INSTALL.txt
para obter máis detalles.
Por defecto, o directorio é:
/usr/local/share/tuxpaint/
Se o instalou dende un paquete, é máis probable que sexa:
/usr/share/tuxpaint/
Windows
Tux Paint busca un directorio chamado 'data' no mesmo directorio no
que está o executable. Este é o directorio que o instalador usou
cando se instalou o Tux Paint, p.ex.:
C:\Archivos de programa\TuxPaint\data
Mac OS X
Tux Paint almacena os ficheiros no teu cartafol "Libraries" da túa
conta, en "Preferences", p.ex.:
/Users/Joe/Library/Preferences/
---------------------------------------------------------------------------
Ficheiros Persoais
Tamén podes crear pinceis, estampas, fontes e imaxes 'iniciais' no teu
propio directorio para que Tux Paint ós atope.
Linux e Unix
O teu directorio persoal de Tux Paint é "~/.tuxpaint/".
Ou sexa, se o teu directorio persoal é "/home/karl", entón o teu
directorio de Tux Paint é "/home/karl/.tuxpaint/".
Non esquezas o punto (".") antes de 'tuxpaint'!
Windows
O teu directorio persoal de Tux Paint chámase "userdata" e está no
mesmo directorio có executable, p.ex.:
C:\Archivos de programa\TuxPaint\userdata
Para engadir pinceis, estampas, fontes, e imaxes 'iniciais', crea
subdirectorios no teu directorio persoal de Tux Paint que se chamen
"brushes", "stamps", "fonts" e "starters" respectivamente.
(Por exemplo, se creaches un pincel que se chama "flower.png", deberías
poñelo en "~/.tuxpaint/brushes/" en Linux ou Unix.)
---------------------------------------------------------------------------
Pinceis
Os pinceis que se usan para debuxar cas ferramentas 'Pintar' e 'Liñas' de
Tux Paint son simplemente imaxes PNG en escala de grises.
A alfa (transparencia) da imaxe PNG úsase para determinar a forma do
pincel, o que significa que a forma pode ser 'anti-aliased' e incluso
parcialmente transparente!
As imaxes dos pinceis non deben ter máis de 40 pixels ó ancho e non deben
ter máis de 40 pixels de alto. (ou sexa, o tamaño máximo é 40 x 40.)
Simplemente ponas no directorio "brushes".
Nota: Se tódolos teus novos pinceis aparecen coma cadrados ou rectángulos
sólidos, é porque esqueciches usar a transparencia alfa! Mira o ficheiro
de documentación "PNG.txt" para obter máis información e consellos.
---------------------------------------------------------------------------
Estampas
Tódolos ficheiros relacionados cas estampas están no directorio "stamps".
É útil crear subdirectorios e sub-subdirectorios para organizar as
estampas. (Por exemplo, podes ter un cartafol "vacacións" cos
subcartafoles "halloween" e "nadal").
Imaxes
As Estampas de Goma en Tux Paint poden estar compostas por varios
ficheiros independentes. O único ficheiro que é imprescindible é, dende
logo, o debuxo.
As Estampas que usa Tux Paint son imaxes PNG. Poden ser de cores ou de
escala de grises. A alfa (transparencia) do PNG úsase para determinar a
forma real do debuxo (doutra maneira, estamparás un rectángulo grande
nos debuxos).
Os PNGs poden ser de calquera tamaño, pero na práctica, unha de 100
pixels de ancho por 100 pixels de alto (100 x 100) é grande de máis
para Tux Paint.
Nota: Se tódalas túas novas estampas teñen un contorno sólido de forma
rectangular dunha cor sólida (p.ex. branco ou negro), é porque
esqueciches usar a transparencia alfa! Mira o ficheiro de documentación
"PNG.txt" para obter máis detalles e consellos.
---------------------------------------------------------------------------
Texto de Descrición
Ficheiros de texto (".TXT") co mesmo nome có PNG. (p.ex. a descrición
de "debuxo.png" almacénase en "debuxo.txt" que está no mesmo
directorio).
A primeira liña do ficheiro de texto usarase para a descrición da imaxe
de estampa en Inglés de Estados Unidos. Debe estar codificado en UTF-8.
Soporte de Linguas
Poden engadirse liñas adicionais o ficheiro de texto para
proporcionar traduccións da descrición, para amosalas cando Tux Paint
se está executando nunha lingua diferente (coma o Francés ou o
Español).
O comezo da liña debe corresponder co código da lingua en cuestión
(p.ex. "fr" para o Francés, e "zh_tw" para o Chinés Tradicional),
seguido por ".utf8=" e a descrición traducida (codificada en UTF-8).
Hai scripts no directorio "po" para converti-los ficheiros de texto a
formato PO (e ó revés) para traducir fácilmente a diferentes linguas.
Polo tanto nunca debes engadir ou cambiar as traduccións dos
ficheiros .txt directamente.
Se non hai traducción dispoñible para a lingua na que se está
executando Tux Paint, usarase o texto en Inglés de Estados Unidos.
Usuarios de Windows
Usa o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para editar/crear estes
ficheiros. Asegúrate de gardalos coma Texto Plano, e asegúrate de que
teñen a extensión ".txt" (o nome do ficheiro remata en ".txt")...
---------------------------------------------------------------------------
Efectos de Son
Ficheiros WAVE (".WAV") co mesmo nome có PNG. (p.ex. o efecto de son de
"debuxo.png" é o ficheiro de son "debuxo.wav" que está no mesmo
directorio).
Soporte de Linguas
Para ter sons para idiomas diferentes (p.ex., se o son é alguén
dicindo unha palabra, e queres versións traducidas da palabra), tamén
podes crear ficheiros WAV co mesmo código de idioma no nome do
ficheiro, da forma: "ESTAMPA_CODIGO.wav"
O efecto de son de "debuxo.png", cando Tux Paint se está executando
en Español, debería ser "debuxo_es.wav". En Francés, "debuxo_fr.wav".
Etc...
Se non se pode cargar o efecto de son localizado (traducido), Tux
Paint tentará cargar o ficheiro de son 'predeterminado'. (p.ex.
"debuxo.wav")
---------------------------------------------------------------------------
Opcións das Estampas
Ademais dunha forma gráfica, un descrición, e un efecto de son, as
estampas tamén poden ter outros atributos. Para facer isto, cómpre
crear un ficheiro de 'datos' para a estampa.
Un ficheiro de datos dunha estampa é soamente un ficheiro de texto que
contén as opcións.
O ficheiro ten o mesmo nome cá imaxe PNG, pero con extensión ".dat".
(p.ex., o ficheiro de datos de "debuxo.png" é o ficheiro de texto
"debuxo.dat" que está no mesmo directorio).
Estampas de Cor
As estampas poden ser feitas para ser "colorables" ou "tinguibles".
Colorables
As estampas "colorables" son coma pinceis - colles a estampa para
conseguir a forma, e despois colles a cor que queres que teña. (As
estampas de símbolos, coma os matemáticos e os musicais son un
exemplo).
Non se usa nada da imaxe orixinal agás a transparencia (canle
"alfa"). A cor da estampa é unha cor sólida.
Engade a palabra "colorable" ó ficheiro de datos da estampa.
Tinguibles
As estampas "tinguibles" son similares ás "colorables", excepto por
que se conservan os detalles da imaxe orixinal. (Expresándoo
técnicamente, úsase a imaxe orixinal, pero o seu matiz cámbiase,
baseándose na cor seleccionada).
Engade a palabra "tintable" ó ficheiro de datos da estampa.
Algunhas veces non queres tinguir as partes en branco ou gris dunha
imaxe (mira, por exemplo, a estampa do rotulador imborrable no
paquete predeterminado de estampas). Podes engadir a palabra
"notintgray" ó ficheiro de datos da estampa para conseguir isto.
Deste xeito só se tinguirán as áreas cunha saturación superior ó
25%.
Estampas Inalterables
Por defecto, unha estampa pode ser invertida co de riba para abaixo,
espellada, ou as dúas cousas a un tempo.
Isto faise usando os botóns de control debaixo do selector de
estampas, na parte inferior esquerda da ventá de Tux Paint.
Algunhas veces, non ten sentido que unha estampa poida inverterse ou
espellarse; por exemplo, as estampas de letras ou números. A veces as
estampas son simétricas, así que deixarlle ó usuario invertelas ou
espellalas non é útil.
Para facer que non se poida inverter unha estampa, engade a opción
"noflip" ó ficheiro de datos da estampa.
Para evitar que unha estampa poida ser espellada, engade a opción
"nomirror" ó ficheiro de datos da estampa.
Usuarios de Windows
Podes usar o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para crear estes
ficheiros. Asegúrate de gardalos coma Texto Plano, e de que o seu
nome de ficheiro ten ".dat" no remate, e non ".txt"...
Imaxes Pre-Espelladas
Nalgúns casos, poderías querer proporcionar unha versión pre-debuxada
dunha imaxes espellada dunha estampa. Por exemplo, imaxina un debuxo
dun camión de bombeiros cas palabras "Bombeiros" escritas nun lado.
¡Probablementes non quererás que o texto apareza ó revés cando se
espelle a imaxe!
Para crear unha versión espellada dunha estampa que queres que use Tux
Paint, mellor ca espellala, simplemente crea un segundo ficheiro ".png"
co mesmo nome, excepto que levará a cadea "_mirror" antes da extensión.
Por exemplo, para a estampa "camion.png" poderías crear outro ficheiro
chamado "camion_mirror.png", que se usará cando se espelle a estampa
(mellor ca usar unha versión ó revés de 'camion.png').
---------------------------------------------------------------------------
Fontes
As fontes que usa Tux Paint son as TrueType Fonts (TTF).
Simplemente ponas no directorio "fonts". Tux Paint cargará a fonte e
proporcionará catro tamaños diferentes no selector 'Letras' cando se use
a ferramenta 'Texto'.
---------------------------------------------------------------------------
Imaxes 'Iniciais'
As imaxes 'Iniciais' aparecen no diálogo 'Abrir', xunto cos debuxos que
creaches. Teñen un botón verde de fondo, en vez de azul.
A diferencia dos teus debuxos gardados, cando seleccionas e abres unha
imaxe 'inicial', realmente estás creando un novo debuxo. No canto de
estar en branco, o novo debuxo contén o contido da imaxe 'inicial'.
Ademais, cando editas o teu novo debuxo, o contido da imaxe 'inicial'
orixinal aféctalle.
Estilo Caderno de Debuxo (Coloring-Book Style)
O tipo de imaxe 'inicial' máis básico é semellante a un debuxo dun
caderno de debuxo (coloring book). É o contorno dunha forma que se pode
colorear e engadirlle detalles. En Tux Paint, mentres debuxas, escribes
texto, ou pos estampas, o contorno permanece 'enriba' do que debuxas.
Podes borrar as partes do debuxo que fixeches, pero non podes borrar o
contorno.
Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente debuxa un debuxo
sen contornos (outlined) nun programa de debuxo, fai que o resto do
gráfico sexa transparente (isto aparecerá en branco no Tux Paint), e
gárdao coma un ficheiro de imaxe con formato PNG.
Estilo Escenario
Xunto ca capa (overlay) de estilo 'caderno de debuxo' (coloring-book
style), tamén podes proporcionar unha imaxe de fondo distinta coma
parte dunha imaxe 'inicial'. A capa actúa do mesmo xeito: non se pode
debuxar enriba dela, borrarse, nin lle afectan as ferramentas 'Máxicas'.
¡Sen embargo, no fondo si que se pode!
Cando se usa a ferramenta 'Goma' nun debuxo baseado neste tipo de imaxe
'inicial', no canto de poñer o lenzo en branco, volve aparecer nesa
parte do lenzo o debuxo do fondo orixinal.
Creando unha capa e un fondo, podes crear unha imaxe 'inicial' que
simule profundidade. Imaxina un fondo que amosa o océano, e unha capa
que é o debuxo dun arrecife. Entón podes debuxar (ou estampar) peixes
no debuxo. Estes aparecerán no océano, pero nunca 'diante' do arrecife.
Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente crea unha capa
(con transparencia alfa) como se describe enriba, e gárdaa coma unha
imaxe PNG. Despois crea outra imaxe (sen transparencia), e gárdaa co
mesmo nome de ficheiro, pero con "-back" no final do nome. (p.ex.,
"arrecife-back.png" sería o debuxo do océano do fondo que lle
corresponde á capa "arrecife.png", ou primeiro plano).
As imaxes 'iniciais' deben ter o mesmo tamaño có lenzo de Tux Paint. No
modo predeterminado 640x480, sería de 448x376 pixels. Se estás usando o
modo 800x600 mode, debe ser de 608x496. (Debe ter 192 pixels menos ó
ancho, e 104 pixels menos ó alto cá resolución).
Ponas no directorio "starters". Cando se acceda ó diálogo 'Abrir' en Tux
Paint, as imaxes 'iniciais' aparecerán cun fondo verde no comezo da lista.
Nota: As imaxes 'iniciais' non poden sobrescribirse dende Tux Paint, xa
que cargar unha imaxe 'inicial' é en realidade crear unha imaxe nova. (
Pero non está en branco, xa que hai algo co que traballar). O comando
'Gardar' simplemente crea un novo debuxo, coma se se usara o comando
'Novo'.
Nota: As imaxes 'iniciais' están 'ligadas' ós debuxos gardados, usando
un pequeno ficheiro de texto que ten o mesmo nome có ficheiro gardado,
pero con ".dat" coma extensión. Isto permite que a capa superior e fondo,
se hai algún, continuen afectando ó debuxo incluso despois de que pechar
o Tux Paint, ou se cargue ou comece outro debuxo. (Noutras palabras, se
baseas un debuxo nunha imaxe 'inicial', esta sempre lle afectará).
---------------------------------------------------------------------------
Lecturas Adicionais
A outra documentación incluída con (no cartafol/directorio "docs"):
* [21]AUTHORS.txt
Lista de autores e contribuíntes
* [22]CHANGES.txt
Resumo dos trocos entre versións
* [23]COPYING.txt
Licenza (A GNU General Public License)
* [24]INSTALL.txt
Instruccións para compilar/instalar, cando sexa posible
* [25]OPTIONS.html
Instruccións detalladas sobre as opcións da liña de comandos e do
ficheiro de configuración, para aqueles que non queren usar Tux Paint
Config.
* [26]PNG.txt
Notas para crear imaxes de formato PNG para usar en Tux Paint
---------------------------------------------------------------------------
Como Conseguir Axuda
Se necesitas axuda, síntete libre de contactar con New Breed Software:
[28]http://www.newbreedsoftware.com/
Tamén podes participar nas múltiples listas de correo de Tux Paint:
[29]http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/lists/
Referencias
Enlaces visibles
2. mailto:bill@newbreedsoftware.com
3. http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/
4. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/COPYING.txt
12. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
13. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/README.html#save
14. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
15. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
16. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
17. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
18. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
19. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
20. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/README.html#save
21. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/AUTHORS.txt
22. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/CHANGES.txt
23. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/COPYING.txt
24. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/INSTALL.txt
25. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/html/OPTIONS.html
26. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/PNG.txt
27. file:///home/kendrick/Development/tux/tp/tuxpaint/docs/TODO.txt
28. http://www.newbreedsoftware.com/
29. http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/lists/