1039 lines
48 KiB
Text
1039 lines
48 KiB
Text
Tux Paint
|
||
versión 0.9.27
|
||
|
||
Un sinxelo programa de debuxo para cativos
|
||
|
||
Copyright © 2002-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
|
||
http://www.tuxpaint.org/
|
||
|
||
31 de Agosto de 2021
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
+---------------------------------------+
|
||
|Índice |
|
||
|---------------------------------------|
|
||
| * Sobre Tux Paint |
|
||
| * Uso de Tux Paint |
|
||
| * Inicio de Tux Paint |
|
||
| * Pantalla de título |
|
||
| * Pantalla principal |
|
||
| * Ferramentas dispoñíbeis |
|
||
| * Ferramentas de debuxo |
|
||
| * Outros controis |
|
||
| * Carga doutras imaxes en Tux Paint |
|
||
| * Máis información |
|
||
| * Como obter axuda |
|
||
| * Como participar |
|
||
+---------------------------------------+
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Sobre Tux Paint
|
||
|
||
Que é «Tux Paint»?
|
||
|
||
Tux Paint é un programa de debuxo libre e de balde deseñado para
|
||
cativos (3 ou máis anos). Ten unha interface sinxela e doada de usar,
|
||
divertidos efectos de son e unha mascota de debuxos animados que axuda
|
||
a guiar aos cativos mentres usan o programa. Ofrece un lenzo en branco
|
||
e unha ampla variedade de ferramentas de debuxo para axudar ao seu
|
||
cativo a ser creativo.
|
||
|
||
Licenza:
|
||
|
||
Tux Paint é un proxecto de código aberto, software libre publicado
|
||
baixo a licenza pública xeral GNU (GPL). É de balde e o «código fonte»
|
||
detrás do programa está dispoñíbel. (Isto permite a outras persoas
|
||
engadir funcións, corrixir erros e usar partes do programa no seu
|
||
propio software GPL).
|
||
|
||
Consulte o texto completo da licenza GPL en COPYING.txt.
|
||
|
||
Obxectivos:
|
||
|
||
Doado e divertido
|
||
Tux Paint pretende ser un sinxelo programa de debuxo para
|
||
cativos pequenos. Non está pensado como unha ferramenta de
|
||
debuxo de uso xeral. Preténdese que sexa divertido e doado de
|
||
usar. Os efectos de son e un personaxe de debuxos animados
|
||
permiten que o usuario saiba o que está pasando e o mantén
|
||
entretido. Tamén hai formas de punteiro de rato estilo debuxo
|
||
animado de gran tamaño.
|
||
|
||
Ampliabilidade
|
||
Tux Paint é ampliábel. Os pinceis e as formas do «selo de
|
||
caucho» arrastrarse e soltarse. Por exemplo, un profesor pode
|
||
soltar unha colección de formas de animais e pedirlles aos
|
||
seus alumnos que debuxen un ecosistema. Cada forma pode ter un
|
||
son que se reproduce e datos textuais que se amosan cando o
|
||
cativo selecciona a forma.
|
||
|
||
Portabilidade
|
||
Tux Paint é portátil entre varias plataformas informáticas:
|
||
Windows, Macintosh, Linux, etc. A interface ten o mesmo
|
||
aspecto en todas. Tux Paint funciona adecuadamente en sistemas
|
||
antigos e pódese construír para funcionar mellor en sistemas
|
||
lentos.
|
||
|
||
Simplicidade
|
||
Non hai acceso directo ás complexidades subxacentes do
|
||
computador. A imaxe actual consérvase cando se pecha o
|
||
programa e volve aparecer cando se reinicia. Para gardar
|
||
imaxes non é necesario crear nomes de ficheiro nin usar o
|
||
teclado. A apertura dunha imaxe faise seleccionándoa nunha
|
||
colección de miniaturas. O acceso a outros ficheiros da
|
||
computadora está restrinxido.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Uso de Tux Paint
|
||
|
||
Inicio de Tux Paint
|
||
|
||
Usuarios de Linux/Unix
|
||
|
||
Tux Paint debería ter colocado unha icona iniciadora nos seus menús
|
||
KDE e/ou GNOME, en «Gráficos».
|
||
|
||
Como alternativa, pode executar a seguinte orde nun indicador do
|
||
sistema (e dicir, «$»):
|
||
|
||
$ tuxpaint
|
||
|
||
Se se producen erros, amosaranse no terminal (en STDERR).
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Usuarios de Windows
|
||
|
||
[Icona de Tux Paint]
|
||
Tux Paint
|
||
|
||
Se instalou Tux Paint no seu computador usando o «Instalador de Tux
|
||
Paint», teralle preguntado se quería un atallo no menú «Inicio» e/ou
|
||
un atallo de escritorio. Se aceptou, pode executar Tux Paint dende a
|
||
sección «Tux Paint» do menú «Inicio» (p. ex.: en «Todos os
|
||
programas») ou premendo dúas veces na icona «Tux Paint» do seu
|
||
escritorio. se fixo que o instalador colocara un alí.
|
||
|
||
Se está a usar a versión «portátil» (ficheiro ZIP) de Tux Paint ou
|
||
se usou o «Instalador de Tux Paint», pero escolleu non ter
|
||
instalados atallos, terá que facer dobre clic na icona
|
||
«tuxpaint.exe» no cartafol «Tux Paint» do seu computador.
|
||
|
||
De xeito predeterminado, o «Instalador de Tux Paint» colocará o
|
||
cartafol de Tux Paint en «C:\Program Files\», aínda que é posíbel
|
||
que o teña cambiado vostede cando executou o instalador.
|
||
|
||
Se usou a descarga de «ficheiro ZIP», o cartafol de Tux Paint estará
|
||
onde teña extraído o contido do ficheiro ZIP.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Usuarios de macOS
|
||
|
||
Simplemente fai dobre clic na icona «Tux Paint».
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Pantalla de título
|
||
|
||
Cando se cargue por primeira vez Tux Paint, aparecerá unha pantalla de
|
||
título/recoñecementos.
|
||
|
||
[Pantalla de título]
|
||
|
||
Unha vez completada a carga, prema unha tecla, faga clic ou toque na
|
||
xanela de Tux Paint para continuar. (Ou, após aproximadamente 5
|
||
segundos, a pantalla do título desaparecerá automaticamente.)
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Pantalla principal
|
||
|
||
A pantalla principal divídese nas seguintes seccións:
|
||
|
||
Lado esquerdo: Barra de Ferramentas
|
||
|
||
A barra de ferramentas contén os controis de debuxo e edición.
|
||
|
||
[Ferramentas: Pintar, Selo, Liñas, Formas, Texto, Maxia, Etiqueta, Desfacer,
|
||
Refacer, Borrador, Novo, Abrir, Gardar, Imprimir, Saír]
|
||
|
||
Medio: Lenzo de debuxo
|
||
|
||
A parte máis grande da pantalla, no centro, é o lenzo de
|
||
debuxo. Aquí é, obviamente, onde debuxa.
|
||
|
||
[Lenzo]
|
||
|
||
Nota: O tamaño do lenzo de debuxo depende do tamaño de Tux
|
||
Paint. Pode cambiar o tamaño de Tux Paint empregando a
|
||
ferramenta de configuración Tux Paint Config. ou por outros
|
||
medios. Consulte a documentación das Opcións para obter máis
|
||
detalles.
|
||
|
||
Lado dereito: Selector
|
||
|
||
Dependendo da ferramenta actual, o selector amosa cousas
|
||
diferentes. p. ex.: cando se selecciona a ferramenta Pincel ou
|
||
Liña, amosa os distintos pinceis dispoñíbeis. Cando se
|
||
selecciona a ferramenta Selo de caucho, amosa as diferentes
|
||
formas que pode usar. Cando se selecciona a ferramenta Texto
|
||
ou Etiqueta, amosa varios tipos de letra.
|
||
|
||
[Selectores: pinceis, letras, formas, selos]
|
||
|
||
Máis abaixo: Cores
|
||
|
||
Amosarase unha paleta de cores dispoñíbeis preto da parte
|
||
inferior da pantalla.
|
||
|
||
[Cores: negro, branco, vermello, rosa, laranxa, amarelo, verde, cian, azul,
|
||
roxo, marrón, gris]
|
||
|
||
No extremo dereito hai dúas opcións especiais de cor, o
|
||
«selector de cores», que ten o contorno dun contagotas e que
|
||
permite recoller unha cor que se atopa dentro do debuxo e a
|
||
paleta do arco da vella, que lle permite recoller unha cor
|
||
dede dentro dunha caixa que contén milleiros de cores.
|
||
|
||
(Nota: Pode definir as súas propias cores para Tux Paint.
|
||
Consulte a documentación de «Opcións»).
|
||
|
||
Abaixo de todo: Área de axuda
|
||
|
||
Na parte inferior da pantalla, Tux, o pingüín de Linux, ofrece
|
||
consellos e outra información mentres usa Tux Paint.
|
||
|
||
(Consello de exemplo: «Escolle unha figura. Preme para marcar o centro, arrastra
|
||
e solta cando teña o tamaño que queiras. Move arredor para invertela, e preme
|
||
para debuxala.»)
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramentas dispoñíbeis
|
||
|
||
Ferramentas de debuxo
|
||
|
||
Ferramenta «Pintar» (pinceis)
|
||
|
||
A ferramenta Pincel permítelle debuxar a man alzada usando
|
||
varios pinceis (escollidos no Selector da dereita) e cores
|
||
(escollidos na Paleta de cores cara á parte inferior).
|
||
|
||
Se mantén premido o botón do rato e move o rato, irá
|
||
debuxando a medida que se move.
|
||
|
||
Mentres debuxa, soa un son. Canto maior sexa o pincel, menor
|
||
será o ton.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramenta «Selo» (selos de caucho)
|
||
|
||
A ferramenta Selo é como un conxunto de selos de cacho ou
|
||
adhesivos. Permítelle pegar imaxes fotográficas ou debuxadas
|
||
previamente (como a imaxe dun cabalo, unha árbore ou a lúa)
|
||
na súa imaxe.
|
||
|
||
Ao mover o rato arredor do lenzo, un contorno segue o rato,
|
||
amosando onde se colocará o selo e o grande que será. Prema
|
||
para colocar o selo.
|
||
|
||
Pode haber numerosas categorías de selos (por exemplo,
|
||
animais, plantas, espazo exterior, vehículos, persoas,
|
||
etc.). Use as frechas esquerda e dereita preto da parte
|
||
inferior do selector para percorrer as coleccións.
|
||
|
||
Antes de «estampar» unha imaxe no seu debuxo, ás veces
|
||
pódense aplicar varios efectos (dependendo do selo):
|
||
|
||
* Algúns selos pódense colorea ou matizar. Se a paleta de
|
||
cores baixo o lenzo está activada, pode premer nas
|
||
cores para cambiar o ton ou a cor do selo antes de
|
||
colocalo na imaxe.
|
||
* Os selos poden reducirse e expandirse premendo dentro
|
||
da serie de barras de forma triangular na parte
|
||
inferior dereita; canto maior sexa a barra, máis grande
|
||
aparecerá o selo na súa imaxe.
|
||
* Moitos selos poden inverterse verticalmente ou amosarse
|
||
como unha imaxe reflectida, usando os botóns de control
|
||
na parte inferior dereita.
|
||
|
||
Diferentes selos poden ter diferentes efectos sonoros e/ou
|
||
sons descritivos (falados). Os botóns da área de axuda na
|
||
parte inferior esquerda (preto de Tux, o pingüín de Linux)
|
||
permiten reproducir de novo os efectos de son e os sons
|
||
descritivos para o selo seleccionado nese momento.
|
||
|
||
(Nota: se está estabelecida a opción «nostampcontrols», Tux
|
||
Paint non amosará os controis Reflectir, Virar, Encoller e
|
||
Aumentar para os selos. Consulte a documentación de «Opcións
|
||
).
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramenta «Liñas»
|
||
|
||
Esta ferramenta permítelle debuxar liñas rectas empregando
|
||
os diversos pinceis e cores que normalmente emprega co
|
||
pincel.
|
||
|
||
Prema co rato e manteña o botón premido para escoller o
|
||
punto de inicio da liña. Ao mover o rato, unha delgada liña
|
||
|elástica» amosará onde se trazará a liña.
|
||
|
||
Solte o rato para completar a liña. Soará un «chimpo».
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramenta «Formas»
|
||
|
||
Esta ferramenta permítelle debuxar algunhas formas sinxelas
|
||
enchidas e sen encher.
|
||
|
||
Seleccione unha forma do selector da dereita (círculo,
|
||
cadrado, óvalo, etc.).
|
||
|
||
Use as opcións da parte inferior dereita para escoller o
|
||
comportamento da ferramenta de forma:
|
||
|
||
Formas dende o centro
|
||
A forma expandirase dende onde fixera clic
|
||
inicialmente e centrarase arredor desa
|
||
posición. (Este foi o único comportamento de
|
||
Tux Paint ata a versión 0.9.24.)
|
||
|
||
Formas dende cantos
|
||
A forma estenderase cun canto a partir de onde
|
||
fixera clic inicialmente. Este é o método
|
||
predeterminado da maioría dos outros programas
|
||
tradicionais de debuxo. (Esta opción engadiuse
|
||
a partir da versión 0.9.25 de Tux Paint.)
|
||
|
||
Nota: Se os controis de forma están desactivados (p. ex.:
|
||
coa opción «noshapecontrols»), non se presentarán os
|
||
controis e empregarase o método «formas dende o centro».
|
||
|
||
No lenzo, fprema co rato e manteña o botón premido para
|
||
estirar a forma dende onde fixo clic. Algunhas formas poden
|
||
cambiar a proporción (por exemplo, o rectángulo e o óvalo
|
||
poden ser máis largos que altos ou máis altos que largos),
|
||
outros non (por exemplo, cadrados e círculos).
|
||
|
||
Solte o rato cando remate de estirar.
|
||
|
||
Modo de formas normais
|
||
|
||
Agora pode mover o rato arredor do lenzo para
|
||
xirar a forma.
|
||
|
||
Prema de novo no botón do rato e a forma
|
||
debuxarase na cor actual.
|
||
|
||
Modo de formas simples
|
||
Se están activadas as formas simples (p. ex.:
|
||
coa opción «simpleshapes»), a forma debuxarase
|
||
no lenzo cando solte o botón do rato. (Non hai
|
||
ningún paso de rotación.)
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramentas «Texto» e «Etiquetas»
|
||
|
||
Escolla un tipo de letra (entre as «Letras» dispoñíbeis á
|
||
dereita) e unha cor (na paleta de cores preto da parte
|
||
inferior). prema na pantalla e aparecerá un cursor. Escriba
|
||
un texto e aparecerá na pantalla.
|
||
|
||
Prema [Intro] ou [Retorno] e o texto será debuxado na imaxe
|
||
e o cursor moverase cara abaixo unha liña.
|
||
|
||
Como alternativa, prema [Tab] e o texto será debuxado na
|
||
imaxe, mais o cursor moverase á dereita do texto, no canto
|
||
de baixar unha liña e á esquerda. (Isto pode ser útil para
|
||
crear unha liña de texto con cores, tipos de letra, estilos
|
||
e tamaños mesturados.)
|
||
|
||
Ao premer noutro lugar da imaxe mentres a entrada de texto
|
||
aínda está activa, a liña de texto actual moverase a esa
|
||
posición (onde pode continuar editándoa).
|
||
|
||
Comparación de «Texto» con «Etiqueta»
|
||
|
||
A ferramenta Texto é a ferramenta de entrada de
|
||
texto orixinal en Tux Paint. O texto
|
||
introducido usando esta ferramenta non se pode
|
||
modificar nin mover máis tarde, xa que pasa a
|
||
formar parte do debuxo. Non obstante, por mor
|
||
de que o texto pasa a formar parte da imaxe,
|
||
pódese debuxar ou modificar empregando os
|
||
efectos da ferramenta Maxia (p. ex.: luxado,
|
||
tinguido, realce, etc.)
|
||
|
||
Ao usar a ferramenta Etiqueta (que foi engadida
|
||
a Tux Paint na versión 0.9.22), o texto «flota»
|
||
sobre a imaxe e os detalles da etiqueta (o
|
||
texto, a posición da etiqueta , a opción de
|
||
letra e a cor) almacénanse por separado. Isto
|
||
permite recolocar ou editar a etiqueta máis
|
||
adiante.
|
||
|
||
A ferramenta Etiqueta pódese desactivar (p.
|
||
ex.: seleccionando «Desactivar a ferramenta
|
||
"Etiqueta"» en Tux Paint Config. ou executando
|
||
Tux Paint coa opción «nolabel»).
|
||
|
||
Introdución de caracteres internacionais
|
||
|
||
Tux Paint permite introducir caracteres en
|
||
diferentes idiomas. A maioría dos caracteres
|
||
latinos (A-Z, ñ, è, etc.) poden introducirse
|
||
directamente. Algúns idiomas requiren que Tux
|
||
Paint pase a un modo de entrada alternativo
|
||
antes de introducilos e algúns caracteres deben
|
||
compoñerse premendo varias teclas.
|
||
|
||
Cando a configuración local de Tux Paint está
|
||
estabelecida nun dos idiomas que fornecen modos
|
||
de entrada alternativos, úsase unha tecla para
|
||
pasar do modo normal (caracteres latinos) ao
|
||
modo ou modos específicos da configuración
|
||
local.
|
||
|
||
A continuación amósanse as configuracións
|
||
locais compatíbeis actualmente, os métodos de
|
||
entrada dispoñíbeis e a tecla para cambiar ou
|
||
alternar su modos. Nota: Moitos tipos de letra
|
||
non inclúen todos os caracteres de todos os
|
||
idiomas, polo que ás veces ters que cambiar os
|
||
tipos de letra para ver os caracteres que tenta
|
||
escribir.
|
||
|
||
* Xaponés — Hiragana romanizado e Katakana
|
||
romanizado — tecla [Alt] da dereita
|
||
* Coreano — Hangul 2-Bul — tecla [Alt] da
|
||
dereita or tecla [Alt] da esquerda
|
||
* Chinés tradicional — tecla [Alt] da
|
||
dereita ou tecla [Alt] da esquerda
|
||
* Tailandés — tecla [Alt] da dereita
|
||
|
||
Teclado en pantalla
|
||
|
||
Está dispoñíbel un teclado opcional en pantalla
|
||
para as ferramentas de texto e etiqueta, que
|
||
pode fornecer unha ampla variedade de deseños e
|
||
composición de caracteres (p. ex.: compoñer «a»
|
||
e «e» en «æ»). Consulte a documentación de
|
||
«Opcións» e a de «Ampliar Tux Paint» para obter
|
||
máis información.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramenta «Encher»
|
||
|
||
A ferramenta «Encher» inunda unha área contigua do seu
|
||
debuxo cunha cor da súa escolla. Ofrécense tres opcións de
|
||
recheo:
|
||
* Sólida: prema unha vez para encher unha área cunha cor
|
||
sólida.
|
||
* Lineal: prema e arrastra para encher a área cunha cor
|
||
que se esvae (un gradiente) cara a onde arrastra o
|
||
rato.
|
||
* Radial: prema unha vez para encher unha área cunha cor
|
||
que se esvae (un gradiente) radialmente, centrado no
|
||
lugar onde premeu.
|
||
|
||
Nota: Antes do Tux Paint 0.9.24, esta era unha ferramenta
|
||
Máxica (ver máis abaixo). Nota: Antes do Tux Paint 0.9.26,
|
||
esta era ferramenta só ofrecia o método de enchido «Sólido».
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramenta «Maxia» (efectos especiais)
|
||
|
||
A ferramenta Maxia é realmente un conxunto de ferramentas
|
||
especiais. Seleccione un dos efectos «máxicos» no selector
|
||
da dereita. Após, dependendo da ferramenta, pode premer e
|
||
arrastrar arredor da imaxe e/ou simplemente premer na imaxe
|
||
unha vez para aplicar o efecto.
|
||
|
||
Se a ferramenta pode usarse premendo e arrastrando, estará
|
||
dispoñíbel un botón de «pintura» á esquerda, baixo a lista
|
||
de ferramentas Maxia na parte dereita da pantalla. Se a
|
||
ferramenta pode afectar toda a imaxe á vez, haberá un botón
|
||
«imaxe completa» á dereita.
|
||
|
||
Consulte as instrucións de cada ferramenta Máxica (no
|
||
cartafol «magic-docs»).
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Ferramenta de «Goma» (de borrar)
|
||
|
||
Esta ferramenta é similar ao pincel. Onde queira que prema
|
||
(ou prema e arrastre), a imaxe borrarase. (Pode ser branco,
|
||
doutra cor ou a unha imaxe de fondo, dependendo da imaxe.)
|
||
|
||
Hai varios tamaños de goma dispoñíbeis, tanto redondos como
|
||
cadrados.
|
||
|
||
Ao mover o rato, un contorno cadrado segue o punteiro,
|
||
amosando que parte da imaxe se borrará a branco.
|
||
|
||
Ao borralo, reprodúcese un son de borrado «rechiante».
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Outros controis
|
||
|
||
Orde «Desfacer»
|
||
|
||
Ao premer nesta ferramenta desfarase a última acción de
|
||
debuxo. Vostede pode incluso desfacer máis dunha vez.
|
||
|
||
Nota: Tamén pode premer [Control] + [Z] no teclado para
|
||
Desfacer.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «refacer»
|
||
|
||
Ao premer nesta ferramenta refarase a acción de debuxo que
|
||
ven de facer co botón «Desfacer».
|
||
|
||
Mentres non volva debuxar, pode refacer tantas veces como
|
||
teña desfeito.
|
||
|
||
Nota: Tamén pode premer [Control] + [R] no teclado para
|
||
Refacer.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «Novo»
|
||
|
||
Ao premer no botón «Novo» iniciarase un novo debuxo.
|
||
Aparecerá un diálogo no que pode escoller comezar unha nova
|
||
imaxe cunha cor de fondo sólida ou usando unha imaxe «de
|
||
Inicio» ou «modelo» (ver máis abaixo). Primeiro
|
||
preguntaráselle se realmente quere facelo.
|
||
|
||
Nota: Tamén pode premer [Control] + [N] no teclado para
|
||
iniciar un novo debuxo.
|
||
|
||
Imaxes «de comezo» e de «modelo»
|
||
|
||
As «imaxes de inicio» poden comportarse como unha páxina
|
||
dun libro para colorar: un contorno en branco e negro
|
||
dunha imaxe, que logo pode colorar e o contorno negro
|
||
permanecerá intacto, ou como unha fotografía en 3D, onde
|
||
debuxa entre primeiro plano e a capa de fondo.
|
||
|
||
Os «modelos» son similares, pero simplemente fornecen un
|
||
debuxo de fondo para poder traballar. A diferenza das
|
||
«imaxes de inicio», non hai ningunha capa que permaneza no
|
||
primeiro plano de nada que debuxe na imaxe.
|
||
|
||
Cando se usa a ferramenta «Borrador», reaparecerá a imaxe
|
||
orixinal da «imaxe de inicio» ou do «modelo». As
|
||
ferramentas máxicas «Inverter» e «Espello» tamén afectan á
|
||
orientación da «imaxe de inicio» ou do «modelo».
|
||
|
||
Cando carga unha «imaxe de inicio» ou un «modelo», debuxa
|
||
nel(a) e logo preme en «Gardar», crea un novo ficheiro de
|
||
imaxe; non sobrescribe o orixinal, polo que pode usalo de
|
||
novo máis adiante (accedendo a el dende o diálogo «Novo»).
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «Abrir»
|
||
|
||
Isto amosa unha lista de todas as imaxes que gardou. Se hai
|
||
máis do que pode caber na pantalla, use as frechas arriba e
|
||
abaixo na parte superior e inferior da lista para
|
||
desprazarse pola lista de imaxes.
|
||
|
||
Prema nunha imaxe para seleccionala e logo...
|
||
|
||
* Prema no botón verde «Abrir» na parte inferior
|
||
esquerda da lista para cargar a imaxe seleccionada.
|
||
|
||
(Como alternativa, pode facer dobre clic na icona
|
||
dunha imaxe para cargala.)
|
||
|
||
* Prema no botón marrón «Borrar» (cesta do lixo) na
|
||
parte inferior dereita da lista para borrar a imaxe
|
||
seleccionada. (Pediráselle que o confirme).
|
||
|
||
Nota: A partir da versión 0.9.22, a imaxe colocarase
|
||
no cesto do lixo do seu escritorio, só en Linux.
|
||
|
||
* Prema no botón «Exportar» preto da parte inferior
|
||
dereita para exportar a imaxe ao cartafol de
|
||
exportación. (p. ex.: «~/Pictures/TuxPaint/»)
|
||
|
||
* Prema no botón azul «Diapositivas» (proxector de
|
||
diapositivas) situado na parte inferior esquerda para
|
||
ir ao modo de presentación de diapositivas. Vexa
|
||
«Diapositivas», a continuación, para máis detalles.
|
||
|
||
* Prema no botón de frecha vermello «Atrás» situado na
|
||
parte inferior dereita da lista para cancelar e
|
||
volver á imaxe que debuxaba.
|
||
|
||
Se escolle abrir unha imaxe e o seu debuxo actual non foi
|
||
gardado, preguntaráselle se quere gardala ou non. (Vexa
|
||
«Gardar» a continuación).
|
||
|
||
Nota: Tamén pode premer [Control] + [O] no teclado para
|
||
activar o diálogo «Abrir».
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «Gardar»
|
||
|
||
Isto garda a súa imaxe actual.
|
||
|
||
Se non o gardou antes, creará unha nova entrada na lista de
|
||
imaxes gardadas. (é dicir, creará un novo ficheiro)
|
||
|
||
Nota: Non lle pedirá nada (por exemplo, un nome de
|
||
ficheiro). Simplemente gardará a imaxe e reproducirá un
|
||
efecto de son «obturador de cámara».
|
||
|
||
Se xa gardou a imaxe antes, ou esta é unha imaxe que acaba
|
||
de cargar coa orde «Abrir», primeiro preguntaráselle se
|
||
quere gardar sobre a versión antiga ou crear unha nova
|
||
entrada (un novo ficheiro).
|
||
|
||
Nota: Se foron estabelecidas as opcións «saveover» ou
|
||
«saveovernew», non preguntará antes de gardar. Vexa a
|
||
documentación de «Opcións».
|
||
|
||
Nota: Tamén pode premer [Control] + [S] no teclado para
|
||
gardar.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «Imprimir»
|
||
|
||
Prema neste botón e imprimirase a súa imaxe.
|
||
|
||
Na maioría das plataformas, tamén pode manter premida a
|
||
tecla [Alt] (chamada [Opción] en Mac) ao premer no botón
|
||
«Imprimir» para obter unhja caixa de diálogo coa impresora.
|
||
Teña en conta que isto pode non funcionar se está a executar
|
||
Tux Paint en modo de pantalla completa. Vexa a continuación.
|
||
|
||
Desactivar a impresión
|
||
|
||
Pódese estabelecer a opción «noprint», que
|
||
desactivará o botón «Imprimir» de Tux Paint.
|
||
|
||
Vexa a documentación de «Opcións.
|
||
|
||
Restrición da impresión
|
||
|
||
Pódese estabelecer a opción «printdelay», que
|
||
só permitirá imprimir ocasionalmente, cada
|
||
tantos segundos, segundo o configure vostede.
|
||
|
||
Por exemplo, con «printdelay=60» no ficheiro de
|
||
configuración de Tux Paint, a impresión só pode
|
||
producirse unha vez por minuto (60 segundos).
|
||
|
||
Vexa a documentación de «Opcións.
|
||
|
||
Ordes de impresión
|
||
|
||
(Só Linux e Unix)
|
||
|
||
Tux Paint imprime creando unha representación
|
||
PostScript da imaxe e envíaa a un programa
|
||
externo. De xeito predeterminado, o programa é:
|
||
|
||
lpr
|
||
|
||
Esta orde pódese cambiar axustando unha opción
|
||
«printcommand» no ficheiro de configuración de
|
||
Tux Paint.
|
||
|
||
Pódese invocar unha orde de impresión
|
||
alternativa mantendo premida a tecla «[Alt]» ao
|
||
premer no botón «Imprimir», sempre que non
|
||
estea en modo de pantalla completa, execútase
|
||
un programa alternativo. De xeito
|
||
predeterminado, o programa é o diálogo de
|
||
impresión gráfica de KDE:
|
||
|
||
kprinter
|
||
|
||
Esta orde pódese cambiar axustando unha opción
|
||
«altprintcommand» no ficheiro de configuración
|
||
de Tux Paint.
|
||
|
||
Vexa a documentación de «Opcións.
|
||
|
||
Axustes de impresión
|
||
|
||
(Windows e macOS)
|
||
|
||
De xeito predeterminado, Tux Paint simplemente
|
||
imprime na impresora predeterminada cos axustes
|
||
predeterminados cando se preme o botón
|
||
«Imprimir».
|
||
|
||
Non obstante, se mantén premida a tecla [Alt]
|
||
(ou [Opción]) mentres cando preme no botón
|
||
«Imprimir», sempre que non estea en modo de
|
||
pantalla completa, aparecerá o diálogo da
|
||
impresora do seu sistema operativo no que
|
||
poderá cambiar os axustes.
|
||
|
||
Pode gardar os cambios na configuración da
|
||
impresora entre as sesións de Tux Paint
|
||
axustando a opción «printcfg».
|
||
|
||
Se se usa a opción «printcfg», os axustes da
|
||
impresora cargaranse dende o ficheiro
|
||
«printcfg.cfg» no seu cartafol persoal (ver a
|
||
continuación). Calquera cambio tamén se gardará
|
||
alí.
|
||
|
||
Vexa a documentación de «Opcións.
|
||
|
||
Dialogo de opcións da impresora
|
||
|
||
De xeito predeterminado, Tux Paint só amosa o
|
||
diálogo da impresora (ou, en Linux/Unix,
|
||
executa «altprintcommand»; p. ex.: «kprinter»
|
||
no canto de «lpr») se se mantén premida a tecla
|
||
[Alt] (ou [Opción]) ao premer no botón
|
||
«Imprimir».
|
||
|
||
Non obstante, este comportamento pódese
|
||
cambiar. Pode facer que o diálogo da impresora
|
||
apareza sempre usando «--altprintalways» na
|
||
liña de ordes ou «altprint=always» no ficheiro
|
||
de configuración de Tux Paint. Pola contra,
|
||
pode evitar que a tecla [Alt]/[Opción] teña
|
||
ningún efecto empregando «--altprintnever» ou
|
||
«altprint=never».
|
||
|
||
Vexa a documentación de «Opcións.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «Diapositivas» (en «Abrir»)
|
||
|
||
O botón «Diapositivas» está dispoñíbel no diálogo «Abrir».
|
||
Pode usarse para reproducir unha animación sinxela dentro de
|
||
Tux Paint ou un diaporama. Tamén pode exportar un GIF
|
||
animado baseado nas imaxes escollidas.
|
||
|
||
Escolla de imaxes
|
||
|
||
Cando entra na sección «Diapositivas» de Tux
|
||
Paint, amosase unha lista dos seus ficheiros
|
||
gardados, do mesmo xeito que o diálogo «Abrir».
|
||
|
||
Prema en cada unha das imaxes que quere amosar
|
||
nun diaporama ao modo de presentación de
|
||
diapositivas, unha por unha. Aparecerá un
|
||
díxito sobre cada imaxe, indicándolle en que
|
||
orde se amosarán.
|
||
|
||
Pode premer nunha imaxe seleccionada para
|
||
desmarcala (sacala do diaporama). Prema de novo
|
||
se quere engadila ao final da lista.
|
||
|
||
Estabelecer a velocidade de reprodución
|
||
|
||
Pódese usar unha escala desprazábel na parte
|
||
inferior esquerda da pantalla (xunto ao botón
|
||
«Reproducir») para axustar a velocidade do
|
||
diaporama ou do GIF animado, de máis lenta a
|
||
máis rápida. Escolla o axuste máis á esquerda
|
||
para desactivar o avance automático durante a
|
||
reprodución dentro de Tux Paint; terá que
|
||
premer unha tecla ou facer clic para ir á
|
||
seguinte diapositiva (ver a continuación).
|
||
|
||
Nota: O axuste máis lento non avanza
|
||
automaticamente entre as diapositivas. Úseo
|
||
para cando queira percorrelas manualmente.
|
||
(Isto non se aplica a un GIF animado
|
||
exportado).
|
||
|
||
Reprodución en Tux Paint
|
||
|
||
Para reproducir un diaporama dentro de Tux
|
||
Paint, prema no botón «Reproducir». (Nota: Se
|
||
non seleccionases NINGUNHA imaxe, entón TODAS
|
||
as súas imaxes gardadas reproduciranse no
|
||
diaporama.)
|
||
|
||
Durante a presentación de diapositivas, prema
|
||
[Espazo], [Intro] ou [Retorno] ou o [Frecha
|
||
cara á dereita] —ou prema no botón «Seguinte»—
|
||
na parte inferior esquerda para avanzar
|
||
manualmente á seguinte diapositiva. Prema
|
||
[Frecha cara arriba] para volver á diapositiva
|
||
anterior.
|
||
|
||
Prema [Escape] ou prema no botón «Atrás» na
|
||
parte inferior dereita para saír do diaporama e
|
||
volver á pantalla de selección de imaxes do
|
||
diaporama.
|
||
|
||
Exportar un GIF animado
|
||
|
||
Prema no botón «Exportar GIF» preto da parte
|
||
inferior dereita para que Tux Paint xere un
|
||
ficheiro GIF animado baseado nas imaxes
|
||
seleccionadas.
|
||
|
||
Nota: Hai que seleccionar polo menos dúas
|
||
imaxes. (Para exportar unha única imaxe, use a
|
||
opción «Exportar» no diálogo principal
|
||
«Abrir»). Se non hai ningunha imaxe
|
||
seleccionada, Tux Paint NON intentará xerar un
|
||
GIF baseado en todas as imaxes gardadas.
|
||
|
||
Ao premer [Escape] durante o proceso de
|
||
exportación abortarase e volverá ao diálogo
|
||
«Diaporama».
|
||
|
||
Prema en «Atrás» na pantalla de selección de imaxes de
|
||
diapositivas para volver ao diálogo «Abrir».
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Orde «Saír»
|
||
|
||
Ao premer no botón «Saír», pechando a xanela de Tux Paint ou
|
||
premendo a tecla [Escape] sairase de Tux Paint.
|
||
|
||
Primeiro preguntaráselle se realmente quere saír.
|
||
|
||
Se elixe saír e non gardou a imaxe actual, primeiro
|
||
preguntaráselle se quere gardala. Se non é unha nova imaxe,
|
||
preguntaráselle se quere gardar sobre a versión antiga ou
|
||
crear unha nova entrada. (Vexa «Gardar» máis arriba).
|
||
|
||
Nota: Se se garda a imaxe, volverá cargarse automaticamente
|
||
a próxima vez que execute Tux Paint, a non ser que estea
|
||
configurada a opción «startblank».
|
||
|
||
Nota: O botón «Saír» de Tux Paint e saír a través da tecla
|
||
[Escape] pode estar desactivado mediante a opción «noquit».
|
||
|
||
Nese caso, pódese usar o botón «pechar a xanela» na barra de
|
||
título de Tux Paint (se non está en modo pantalla completa)
|
||
ou a secuencia de teclas [Alt] + [F4] para saír.
|
||
|
||
Se ningún das dúas é posíbel, pódese usar a secuencia de
|
||
teclas [Maiúsculas] + [Control] + [Escape] para saír.
|
||
|
||
Vexa a documentación de «Opcións.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Silenciar o son
|
||
|
||
Non hai ningún botón de control na pantalla neste momento,
|
||
pero ao usar a secuencia de teclado [Alt] + [S], os efectos
|
||
de son pódense desactivar e volver activar (silenciado e
|
||
sactivado) mentres o programa está en execución.
|
||
|
||
Teña en conta que se os sons están completamente
|
||
desactivados mediante a opción «nosound», a combinación de
|
||
teclas [Alt] + [S] non ten efecto. (é dicir, non se pode
|
||
usar para activar os sons cando o pai ou o profesor quere
|
||
que estean desactivados).
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Carga doutras imaxes en Tux Paint
|
||
|
||
O diálogo «Abrir» de Tux Paint só amosa as imaxes que creou con Tux
|
||
Paint. Entón, que facer se quere cargar algún outro debuxo ou incluso
|
||
unha fotografía en Tux Paint para poder editala ou debuxar sobre ela?
|
||
|
||
Pode simplemente converter a imaxe ao formato que usa Tux Paint –PNG
|
||
(Portable Network Graphics – Gráficos de Rede Portátiles)– e colocala no
|
||
directorio/cartafol «saved» de Tux Paint. Aquí é onde se atopa (de xeito
|
||
predeterminado:
|
||
|
||
Windows 10, 8, 7, Vista
|
||
Dentro do cartafol «AppData» do usuario, p. : «C:\Users\nome de
|
||
usuario\AppData\Roaming\TuxPaint\saved\».
|
||
|
||
Windows 2000, XP
|
||
Dentro do cartafol «Application Data» do usuario, p. :
|
||
«C:\Documents and Settings\nome de usuario\Application
|
||
Data\TuxPaint\saved\».
|
||
|
||
macOS
|
||
Dentro do cartafol «Library» do usuario, p. : «/Users/nome de
|
||
usuario/Library/Application Support/Tux Paint/saved/».
|
||
|
||
Linux/Unix
|
||
Dentro dun directorio agochado «.tuxpaint», no seu directorio
|
||
persoal («$HOME»), p. ex.: «/home/nome de
|
||
usuario/.tuxpaint/saved/».
|
||
|
||
Nota: É tamén dende este cartafol dende onde pode copiar ou abrir imaxes
|
||
debuxadas en Tux Paint usando outras aplicacións, aínda que pode usar a
|
||
opción «Exportar» do diálogo «Abrir» de Tux Paint para copialas a unha
|
||
localización de acceso máis doado e seguro.
|
||
|
||
Uso do script de importación, «tuxpaint-import»
|
||
|
||
Os usuarios de Linux e Unix poden usar o script «tuxpaint-import» que
|
||
se instala ao instalar Tux Paint. Emprega algunhas ferramentas NetPBM
|
||
para converter a imaxe («anytopnm»), redimensionala de xeito que poida
|
||
caber no lenzo de Tux Paint («pnmscale») e convertela a PNG
|
||
(«pnmtopng»).
|
||
|
||
Tamén usa a orde «date» para obter a hora e a data actual, que é a
|
||
convención de nomes de ficheiros que usa Tux Paint para os ficheiros
|
||
gardados. (Lembre que nunca se lle pide un «nome de ficheiro» cando
|
||
vai gardar ou abrir imaxes.)
|
||
|
||
Para usar este script, abonda con executalo dende unha liña de ordes e
|
||
fornecerlle o nome do ficheiro que quere converter.
|
||
|
||
Converteranse e colocaranse no directorio de Tux Paint «saved». (Nota:
|
||
Se está a facer isto por un usuario diferente (por exemplo, o seu
|
||
fillo ou filla) terá que asegurarse de executar a orde na súa conta).
|
||
|
||
Exemplo:
|
||
|
||
$ tuxpaint-import avoa.jpg
|
||
avoa.jpg -> /home/username/.tuxpaint/saved/20211231012359.png
|
||
jpegtopnm: WRITING A PPM FILE
|
||
|
||
A primeira liña («tuxpaint-import avoa.jpg») é a orde a executar. As
|
||
dúas liñas seguintes son a saída do programa mentres funciona.
|
||
|
||
Agora pode cargar Tux Paint e unha versión desa imaxe orixinal estará
|
||
dispoñíbel no diálogo «Abrir». Só ten que premer dúas veces na súa
|
||
icona.
|
||
|
||
Importar imaxes manualmente
|
||
|
||
Os usuarios de Windows, macOS e Haiku que queiran importar imaxes
|
||
arbitrarias a Tux Paint deben facelo mediante un proceso manual.
|
||
|
||
Cargue un programa gráfico que sexa quen tanto de cargar a súa imaxe
|
||
como de gardar un ficheiro en formato PNG. (Vexa o ficheiro de
|
||
documentación «PNG.html» para obter unha lista do software suxerido e
|
||
outras referencias.)
|
||
|
||
Cando Tux Paint carga unha imaxe que non ten o mesmo tamaño que o seu
|
||
lenzo de debuxo, escala (e ás veces mancha os bordos) da imaxe para
|
||
que se axuste ao lenzo.
|
||
|
||
Para evitar que a imaxe se estire ou manche, pode redimensionala ao
|
||
tamaño do lenzo de Tux Paint. Este tamaño depende do tamaño da xanela
|
||
de Tux Paint ou da resolución coa que se executa Tux Paint, se está en
|
||
pantalla completa. (Nota: A resolución predeterminada é 800x600.) Vexa
|
||
«Cálculo das dimensións da imaxe», a continuación.
|
||
|
||
Gardar a imaxe en formato PNG. Recoméndase encarecidamente que nomee o
|
||
ficheiro usando a data e hora actuais, xa que esa é a convención que
|
||
usa Tux Paint:
|
||
|
||
AAAAMMDDhhmmss.png
|
||
|
||
* AAAA = Ano
|
||
* MM = Mes (dous díxitos, «01»-«12»)
|
||
* DD = Día do mes (dous díxitos, «01»-«31»)
|
||
* HH = Hora (dous díxitos, en formato 24 horas, «00»-«23»)
|
||
* mm = Minuto (dous díxitos, «00»-«59»)
|
||
* ss = Segundo (dous díxitos, «00»-«59»)
|
||
|
||
Exemplo: «20210731110500.png», para o 31 de xullo de 2021 ás 11:05am.
|
||
|
||
Coloque este ficheiro PNG no seu directorio/cartafol «saved» de Tux
|
||
Paint. (Ver arriba.)
|
||
|
||
Cálculo das dimensións da imaxe
|
||
|
||
É preciso reescribir esta parte da documentación xa que se engadiu a
|
||
nova opción «buttonsize». Polo de agora, tente debuxar e gardar unha
|
||
imaxe dentro de Tux Paint, logo determine o tamaño (largo e alto en
|
||
píxeles) que obtivo e tente igualar iso ao escalar a(s) imaxe(s) que
|
||
está a importar en Tux Paint.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Máis información
|
||
|
||
Outra documentación incluída con Tux Paint (que se atopa no
|
||
cartafol/directorio «docs») inclúe:
|
||
* Documentación da ferramenta «Maxia» («magic-docs»)
|
||
Documentación para cada unha das ferramentas de «Maxia» instaladas
|
||
actualmente.
|
||
* AUTHORS.txt
|
||
Lista de autores e colaboradores.
|
||
* CHANGES.txt
|
||
Resumo do que cambiou entre as versións de Tux Paint.
|
||
* COPYING.txt
|
||
A licenza de software de Tux Paint, aLicenza Pública Xeral de GNU
|
||
(GPL)
|
||
* INSTALL.html
|
||
Instrucións para compilar e instalar Tux Paint, cando proceda.
|
||
* EXTENDING.html
|
||
Instrucións detalladas sobre a ampliación de Tux Paint: creación de
|
||
pinceis, selos, imaxes de inicio e modelos; engadir fontes; e crear
|
||
novos deseños de teclado en pantalla e métodos de entrada.
|
||
* OPTIONS.html
|
||
Instrucións detalladas sobre a liña de ordes e as opcións do
|
||
ficheiro de configuración para aqueles que non queiran usar a
|
||
ferramenta Tux Paint Config. para xestionar a configuración de Tux
|
||
Paint.
|
||
* PNG.html
|
||
Notas sobre a creación de imaxes de mapa de bits (ráster) en formato
|
||
PNG para usar en Tux Paint.
|
||
* SVG.html
|
||
Notas sobre a creación de imaxes vectoriais en formato SVG para usar
|
||
en Tux Paint.
|
||
* SIGNALS.html
|
||
Información sobre os sinais POSIX aos que responde Tux Paint.
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Como obter axuda
|
||
|
||
Se precisa axuda, hai moitas formas de interactuar cos desenvolvedores
|
||
de Tux Paint e outros usuarios.
|
||
|
||
* Informar dos erros ou solicitar novas funcións a través do sistema
|
||
de seguimento de erros do proxecto
|
||
* Participe nas distintas listas de correo do proxecto
|
||
* Converse con desenvolvedores e outros usuarios a través de IRC
|
||
* Ou póñase en contacto directamente cos desenvolvedores
|
||
|
||
Para obter máis información, visite a páxina «Contacto» do sitio web
|
||
oficial de Tux Paint: http://tuxpaint.org/contact/
|
||
|
||
----------------------------------------------------------------------
|
||
|
||
Como participar
|
||
|
||
Tux Paint é un proxecto impulsado por voluntarios e estamos encantados
|
||
de aceptar a súa axuda de diversas maneiras.
|
||
|
||
* Traducir Tux Paint a outro idioma
|
||
* Mellorar as traducións existentes
|
||
* Crear ilustracións (selos, imaxes de inicio, modelos, pinceis)
|
||
* Engadir ou mellorar funcións ou ferramentas máxicas
|
||
* Crear un currículo na aula
|
||
* Promover ou axudar a outras persoas a usar Tux Paint
|
||
|
||
Para obter máis información, visite a páxina «Colabora connosco» do
|
||
sitio web oficial de Tux Paint: http://tuxpaint.org/help/
|